Outra vez máis volvo remitirme a datos sacados de "La voz de Galicia" para publicar esta entrada, pero nesta, a diferenza doutras, é para contarvos algo positivo que ocorreu ou mellor dito parece que vai ocorrer en Agolada e que me fixo pensar, só por un momento, que as cousas van mellorar.
Segundo publicou dito periódico onte, o concello d´Agolada puxo a disposición da Xunta as instalacións do centro da terceira idade co fin de que se constrúa alí un centro de día, petición que foi aceptada polo organismo encargado de tal fin con condicións iso sí que non vou citar, tampouco é cuestión de aburrir. Polo tanto, en canto Agolada cumpla esas condicións, a Xunta enviará técnicos que determinen as reformas precisas para a utilización como centro de día deste espazo que na actualidade permanece infrautilizado.
Ademais do anterior, o Concello vai solicitar a Educación a cesión dun comedor do colexo público que actualmente permanece en desuso para poder instalar alí unha galescola con capacidade para entre quince e vinte nenos.
Ademais o Concello anunciou que pensa poñer en funcionamento un comedor sobre rodas que permitirá achegar comida quente ás persoas que a precisen.
Moita actividade para un concello acostumado a non facer nada, penso eu, pero en fin, agardo que se leven a cabo as iniciativas anteriores especialmente a galescola, xa que é o que máis falla fai en Agolada. Estamos vendo a luz ó final do túnel ou só é un espellismo, sabereino e saberédelo dentro dun tempo.
Por se queredes leer máis sobre o tema déixovos aquí un enlace:
8 comentarios:
Boas:
Eu non sei moito das carencias que tedes no concello pero entendo que se ti estás ledo será porque son boas novas... así que noraboa e a continuar.
Saúdos
Os nosos maiores precisan de todas as atencións que a sociedade poida procurarlles. Alédame que no futuro poidades contar con ese servizo.
Un garimosos saúdo dende este lado do Farelo
Iniciativas muy interesantes, ojalá se lleven a cabo... Un saludo
pois oxalá se cumpran eses proxectos que prometeron para o voso pobo!! Un saúdo ;)
Tómoche a palabra. :)
Xa me enterei do tema da quedada, a ver se combinamos todos e todas ben. :)
Unha aperta!
Hola chulo e que eu vivo en cadiz, fala ca zanfonista, a min encantariame ir a esa quedada e xa teño unha invitación para comer na casa dela. Min encantade de verdade a idea de poder coñecervos a todos pero pola miña residencia a min venme cando mais para o verán millor o meu mes de vacacións seria agosto pero se se queda xullo incloso o poderia amañar. Mantenme informada. Bicos
Los niños autistas entienden todo, su problema es que no pueden expresarse, son personas que están encerradas en su propio cuerpo, unos más y otros menos pero todos luchan por salir, nosotros solo tenemos que ayudar un poco.
Si ves el blog de mi nieto (hablapormidiceiago) o(vidiotecautista) lo entenderás mejor. Desde mi blog puedes entrar. Un saludo A.Cris
Hola Galego,
Estos pequeños proyectos a favor de los mayores son fantásticos si se llevan a efecto.
Lástima que ande por medio esa especie animal conocida como "politicos", que se cargan cualquier iniciativa si no es de ellos o si no consiguen el apreciado protagonismo que es lo único que anhelan, ademas de las "pelas".
Saludos
Publicar un comentario