No día de onte, aquí en Agolada, levámonos unha agradable ou non tan agradable sorpresa( segundo gustos ) ó erguernos: sobre os tellados descansaba unha pequena capa de branca neve que caera durante a noite debido ó temporal que durante estos días está ``a mollar e a branquear´´ a nosa comunidade. O certo é que a nevada non foi gran cousa, simplemente cubriu os tellados das casas e os cristais dos coches pero foi o suficientemente notable para que os que quixemos saísemos a vela e lembrarnos que en Agolada tamén pode nevar.
A vila d´Agolada atópase a 581 metros de altitude polo que as nevadas non adoitan ser frecuentes e cada ano prodúcense menos debido ó efecto do cambio climático, ata o punto de que este ano aínda non viramos a neve e o noso monte máis próximo, o Farelo permaneceu todo o inverno verde, sen neve, algo que non hai tantos anos era case impensable.
Xa pasara tempo dende a última nevada notable que caeu nesta vila, en concreto, uns dous anos. Tamén resulta un pouco irónico que xusto fose nevar agora que comezou a primavera cando durante todo o inverno o tempo mantívose relativamente estable con temperaturas nin moi baixas nin moi elevadas.
As fotos son da nevada de hai dous anos e os seus efectos sobre os Pendellos e as rúas da vila.
11 comentarios:
Moitas grazas pola visita xa coñeciamos a túa blog polos comentarios. As fotos da nevada son preciosas, eu estou esperando que suceda aquí algún ano pero vivimos moi preto do mar e só prodúcense nevadas en contadas ocasións ¡que daría eu por unha camelia nevada!
A. Cris
Qué preciosas fotografías. A nivel estético la nieve es maravillosa. Lo peor cuando toca (como me tocó a mí) la gran nevada y vas con una autocaravana en la operación retorno semana santa, :)
besitos
Guau, aquí en Lalín veuse, pero non callou. Coas ganas que tiña eu. Bicos
Me alegra que te gustara mi blog...
Gracias pro visitarme!
Un beso.
Buuuuuhhh qué pasada....en Lugo non nevou tanto....
Parece que iba frio eh!!!
Boas rapaz:
Estiven pola páxina web do concello e vin algunha cousa que me atraeu para visitar.
O Pazo de Borraxeiros pódese visitar?
Por certo, vaia nevarada!!! xa me gostaría ver unha así por aquí.
Sobre a túa pregunta, coméntoche que o teu blog coñecido a través do blog de veca (no que entro de cando en vez)
Chao
Es una contradicción que nieve como bien dices, justo cuando entra la primavera...
Pero mereció la pena, qué lindas fotos!
Donde yo vivo, desde mi ventana veo toda Sierra Nevada, y como su nombre indica, por ahora sigue nevada.
Bicos:)
Pois por aquí por Amsterdam neva e fai sol ó mesmo tempo... isto do cambio climático empeza a meter medo de verdade!
Qué bonita la nieve!! acá donde vivo, no ha nevado pero ha hecho mucho frío. Quiero que venga la primavera YA!
a neve ao pé da casa fai-nos ter mais calorinha dentro.
saúdos desde madeingaliza.
Publicar un comentario