martes, 18 de marzo de 2008

A feira d´Agolada

Nesta, a vila d´Agolada se hai algo que foi importante, iso é a feira, a feira do doce. A importancia da feira foi tal que este pobo naceu grazas a ela. No lugar no que actualmente se atopa esta vila, no pasado só se celebraba a feira e co paso do tempo, casa a casa, foi constituíndose este pobo arredor dese recinto inicial, primeiro cos Pendellos e máis tarde cas primeiras casas.
Na actualidade a feira ``anda de capa caída´´, cada mes redúcense aínda maís o número de animais que se venden no recinto superior e o número de postos que se instalan polas rúas (estes redúcense en menor medida) ante a pasividade do noso concello.
Déixovos un vídeo que atopei en youtube, no que se ve como é a feira, o certo é que non é ningunha xoia pero para facerse unha idea é suficiente, agardo que vos guste.


6 comentarios:

Sibyla dijo...

Hola Agolada!
Me gustan "moito" mucho las ferias.
Vivo en el Sur, pero toda mi familia es gallega. Recuerdo cuando iba de vacaciones, como me gustaba el pulpo servido en maderas redondas, el queso de tetilla y esa empanada de chorizo que alegraba el alma!

El perrito de la fotografía, lo he ampliado y es idéntico a mi perrilla que se llama TINA.

Saludos:)

asbeirasdoarnego dijo...

A Feira todolos 12 que bonita. co seu "polbo a feira" e os seus xitanos ¿BUENO BONITO Y BARATO!...www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

paideleo dijo...

O millor das feiras son as pulpeiras.
Un saudo.

Anónimo dijo...

Encántanme as feiras e todas as festas patronais e relixiosas da nosa España. Non temos que perder a nosa identidade. Hai que reforzala e abrirse ao mundo, ao mesmo tempo.

Vingo á túa bitácora desde a de Pablo.

Cuspedepita dijo...

Supoño que, por moito que nos pese, as feiras irán desaparecendo na mesma medida que se vai desmantelando a actividade agrícola e gandeira, ou como mínimo pasarán a ser o típico "mercadillo" que se celebra nas cidades e nada máis.

d´Agolada dijo...

Cuspedepita:
Moito me temo que a feira d´Agolada non se convertirá nin se quera nun mercadillo de cidade. Grazas pola visita, volta cando queiras.

Leoeosseus:
En que sentido vai o das pulpeiras?jeje

Sibyla:
Se queres a foto auténtica mandame un comentario co teu mail e mándocha.

asbeirasdoarnego e sinblancaporelmundo:
Grazas pola visita, volvede cando queirades