jueves, 20 de marzo de 2008

Comezou a primavera

Como todos os anos, comezou a primavera, época de plantas en flor, época de aumentos das temperaturas con respecto ó inverno, época de alerxías para os desafortunados que as padecen, época de árbores verdes e cheos de follas tralo paso do inverno, época de...


En Agolada xa se comeza a notar a chegada da primavera, refírome no caso da natureza claro, e as árbores e prantas en flor son cada vez maís frecuentes a pesares das escasas precipitacións que este ano caeron na nosa vila. Tamén nesta época comeza a longa tempada de festas en Agolada, hoxe por exemplo temos festa en Brántega e aínda que non me sei o calendario enteiro, a partires de agora as festas sucederánse unhas ás outras cada vez con maior velocidade.

É curioso o efecto que a primavera provoca en todos nós, e non me refiro só ós aspectos físicos como os que xa mencionei, senón que en xeral fai que nos mellore o humor, que vexamos máis positivamente as cousas, en definitiva, que nos sintamos mellor con nós e co noso entorno ó contrario do que sucede no inverno no que o frío e os ceos nubrados nos fan máis complicado o día, polo menos no meu caso, aínda que supoño que haberá persoas que prefiran todo o contrario. De calquera xeito, eu penso que o mellor da primavera é que xa falta menos para o verán.

Por certo, as fotos son de Quián (Carmoega) no concello d´Agolada.








6 comentarios:

BK dijo...

Eu son unha desas desafortunadas alérxicas.

Cuspedepita dijo...

Imos cara ao tempo da luz :-) Eu tamén son das que teño "mono" dos días de sol, así que, anque non me levo nada ben co polen, síntome de noraboa cando chega a primavera.

Raquel Sabino Pereira dijo...

Feliz Primavera!!

Quanto ao «submarino», eu também preferia que os países não se armassem (estou contra de que os países se armen)!...

Mas, já que todos se armam e não há nada a fazer, ao menos que Portugal tivesse mais navios e submarinos (Espanha tem taaaaantos)!! Um só é pouco! É tão lindo vê-los a sair a barra do Tejo em direcção ao Mar!!! Beijinhos!!

Raparigo dijo...

Ola Rapaz:

Góstoume o teu blog, tes moitas caralladiñas nel... Algún día, cando teña tempo, eiche preguntar como se mete o da radio, o de sinaturas e demáis caralladas.

Ata outra

abueloscrisytoño dijo...

El primer comentario que tienes aquí, bórralo sin abrir puede ser un virus nosotros recibimos uno igual y resulto serlo.

Patricia Gordillo Serrano dijo...

Mi piace molto la tua risposta credo che sia in porteghese, penso che sia cosi perche sto imparando portoghese e mi suona sia quella lengua
Ti aspecto sempre nel mio sito

A te logo
A te mais


Patricia Gordillo


Córdoba - Argentina


www.patriciagordillo.com.ar


elsubeybajadelamarea.blogspot.com