martes, 11 de marzo de 2008

A tod@s vós, mil e subindo...

Aínda non hai nin tres meses que comecei a publicar neste caderno e hoxe, mirando no contador descubrín que xa levaba máis de mil visitas! Esta cifra, que eu considero altísima resultábame impensable hai tan só uns meses, polo tanto, gustaríame dárvos as grazas a todos os que me visitastes, en especial, ós que escribistes un comentario ou asinastes no libro de visitas facéndovos así partícipes deste blog. Polo tanto quero adicarvos esta entrada a todos vós, xa que sen a vosa colaboración e participación probablemente xa me tería cansado deste caderno. Así que só podo dicir: moitas grazas.

8 comentarios:

Suso Lista dijo...

Pois non te canses, e ánimo.

asbeirasdoarnego dijo...

vamos xa logo me pillas

Anónimo dijo...

É a primeira vez que paso por aquí (e non será a última), pero aínda así... que sexan moitos máis!

Graciñas pola visita!

Raposo dijo...

Pois nada, parabens e a seguir que vas por bo camiño.
Apertas.

Unknown dijo...

A por outras mil!!!

BK dijo...

Grazas pola tua visita ao meu blog. Gustoume o teu, así que me seguirei pasando por aqui.

Raquel Sabino Pereira dijo...

Ena!! Parabéns!!!!!

Anónimo dijo...

Xa ves, a rede é algo maxico, impensable, cautivador.Ao principio, no sabes que facer, que que contar, pero despois, pouco a pouco, daste conta que hai moitas e entreñables experiencias, que son o teu vagaxe nesta vida, e que interesan aos demais, e case sen darte conta acabas sintiendote moi proximo a todos esos descoñecidos do outro lado, que cada dia durante un instante conectan cos teus pensamentos, cos teus sentimientos, alegrias e tristuras.
O importante no é o numero, DAvid, o realmente importante é facer un traballo digno, serio, documentado, persoal, e buscando sempre a verdade, mellorar as cousas e non ferir a ninguen....
A rede pode ser maravillosa, pero tamen podo ser un inferno. Non o esquezas...