domingo, 14 de septiembre de 2008

O tempo pasa e pasa


Semella que o tempo pasa moi rápido aquí en Agolada, os días pasan e pasan sen descanso sen que nada novo ocurra, de feito, excepto un par de grúas operando, todo está máis ou menos igual que antes de empezar o verán, e incluso como antes de comezalo, pero o feito é que o tempo pasa e pasa, e a moi bo ritmo ademáis, de feito eu diría que demasiado, xa que está a piques de empezar o outono cando aínda semella que foi onte cando empezou o verán.
O certo é que non quero que acabe o verán, gústame o calor e todas as actividades que este che permite facer, como ir á piscina, instalacións que, por certo, levan xa preto de dúas semanas pechadas, iso sen contar que a maioría dos días estiveron inutilizadas por mor do mal tempo que predominou este verán, que non sei que opinaredes vós, pero foi realmente horroroso.
En fin, é o que temos, o tempo pasa e pasa e seguirá pasando ata o fin dos tempos.
Por certo, perdoade por non ter postas as fotos da cea dos candís, pero aínda non as descaguei.

martes, 9 de septiembre de 2008

A cea dos candís... algo máxico

Bueno, en primeiro lugar tedes que perdoarme polo retraso, posto que da cea xa hai uns cantos días, pero bueno, estes días non sei como me apaño pero casi non teño tempo para nada, de calquera xeito, máis vale tarde ca nunca.
Todo comezou á noitiña, en canto o sol comezou a ocultarse, pouco a pouco os participantes comezamos a achegarnos ó recinto dos Pendellos, ata xuntarnos alí máis de 50 persoas. Inauguraron a cea a Charanga Infantil e o grupo Bico da Balouta cunhas pezas musicais, pero semellaba que había máis ganas de cear que de escoitar música, porque de seguido empezamos a comer. Familias enteiras xuntas arredor dos mostradores dos Pendellos, unidos pola amizade baixo as luces dos candís e velas que lle daban ó ambiente un toque de romanticismo especial.
Tras comer, empezaron as actuacións, volveron tocar a charanga e Bico da Baluota e despois deixáronse os micrófonos abertos a todo aquel que quixo contar un chiste, cantar unha canción ou simplemente decir unhas palabras, ademais, neses últimos intres da velada, animáronse moitos dos rapaces da charanga a cantar, facendo que moitos sorrisos afloraran polos beizos dos máis maiores. Sen dúbida unha noite irrepetible, foi algo especial.
As fotos póñoas despois