miércoles, 19 de marzo de 2008

A escola d´Agolada

A vila d´Agolada ten a honra de contar cun colexo público entre as súas infraestructuras. Nesta escola, estudan na actualidade uns 150 rapaces e rapazas pero non hai moitos anos, menos dos que seguramente pensaredes, había matriculados máis de 600 o que dá idea do forte despoboamento que sofre esta vila.
Na actualidade, no colexo impártense clases ós alumnos dende educación infantil ata o primeiro ciclo da ESO, ambos inclusive, e o colexo atópase nun excelente estado de conservación especialmente despois de que hai dous anos se lle engadise un pequeno tellado a base de materiais plásticos para evitar as goteiras que afectaban a unha pequena parte do edificio. Ademais, o ano pasado reformouse a biblioteca que agora está preciosa, teño que dicilo, e construíuse un pequeno parque infantil.
Esta escola ademais de contar cun profesorado excelente, moitos dos cales déronme clase a mín, ten tamén tres patios dun tamaño considerable, un ximnasio e acceso ó pavillón municipal aínda que este último non se usaba moito.

3 comentarios:

asbeirasdoarnego dijo...

a biblioteca reformámola nos este ano, traballando, nn te atribuias méritos que nn son e o parque tamén foi este ano. e non somos 150 que incluso somos menos, somos 126

Anónimo dijo...

O artigo está ben, a foto podía estar mellor non me gustou moito está desenfocada e con mala luz, un amigo meu de Agolada, ten unha dende o mesmo lao e quedoulle mellor puh!! non serves para nada, e nn deixes tanto spam do teu blog que es unha plaga...

d´Agolada dijo...

Aclaracións do autor:
asbeirasdoarnego:
Se te molestases en leer as entradas enteiras e non a primeira e a última frase como tes por costume verías que no caso da biblioteca non me atribuo ningún tipo de mérito, só menciono que se reformou o ano pasado algo que é certo aínda que como supoño que ti te refires non estivo completamente operativa ata este ano. En canto ó número de alumnos é posible que me confunda cos do ano pasado, francamente, espero non facelo porque 126 son moi, moi poucos.

Estoucabreao.com:
Mira ti que casualidade, xusto onte volvín autorizar os comentarios anónimos e xa que rápido os estrenaches. O certo é que pensei en borrar o comentario pero bueno, estou a favor da liberdade de expresión creo que as críticas son positivas, son o que nos fan mellorar así que deixeíno e deixareinos no futuro. Tes razón a foto é malísima, pero non tiña outra mellor á man así que heche o que hai. En canto ó do spam, e totalmente falso, pódese considerar spam os comentarios que deixaba ó empezar, ata que conseguin logarme pero dende que o fixen simplemente me limito a leer as entradas dun grupiño de blogs que me gustaron e deixar un comentario na maioría deles igual que fan eles comigo, así que non digas estupideces. Ademais, porque te puxeches como anónimo? volve por aquí e pon a dirección coma todo o mundo ou non sabes? Haber se te equivocaches co de non serves para nada.
Saúdos ós dous e grazas pola visita.