Hoxe por fin é nove de marzo. Nunhas horas saberemos quen será o noso presidente nos vindeiros catro anos, repetirá Zapatrero?, gañará Rajoy? a pesares de todos os sondeos ( excepto os do Partido Popular ) dan como gañador ó noso presidente, non coñeceremos ó gañador seguro ata varias horas despois de que se pechen os colexos electorais. A partir de hoxe e con independenza de quen gañe, todo voltará á normalidade, deixaremos de oír propostas cada cal máis desproporcionada, deixaremos de escoitar discursos ensaiados e políticamente correctos pero que non cren nin eles, deixaremos de ver imaxes de mítines nas grandes capitales, deixaremos de ver carteis e de escoitar ós coches promocionais pasando polas rúas... resumindo, todo seguirá como sempre.
Hoxe decidimos o futuro do noso país e tamén o de todos nós. De nós depende que Galiza, que Agolada mellore máis ou menos, e incluso poñéndonos no peor que non empeore.
Facendo valance da lexislatura que oxe remata, eu creo que podemos dicir que todo, ou casi todo mellorou, polo menos dende o meu punto de vista pero tamén é certo que temos moito que mellorar e moito que facer, é máis nunca remataremos esta labor.
Por culpa dunha estúpida lei que considera que os menores de idade somos idiotas eu aínda non podo votar, se ti podes faino, exerce o teu dereito, o dereito á liberdade e procura que todos melloremos. Faino por ti, por Galiza, por Agolada, polo lugar onde vivas, polos teus familiares, polos teus amigos, faino polo que queiras pero faino. VOTA
5 comentarios:
Eu votei.
Ta bonito o artigo, pena que ue non poida votar... por certo tes un erro GORDÍSISIMO!!! oxe é con h, hoxe nove de marzo...
Hehe, eu ía comentar o mesmo que asbeirasdoarnego HOXE é con H!!
E outra cousa, elimina o comentario segundo: disque pode ser un link para un virus!!
Un saúdo
Moitas grazas por correxirme Dany e Mariola. Alédome moito de que sigades con tanto interese as miñas entradas ata o punto de detectar os erros. Sodes uns lectores excelentes. Como poderedes ver xa correxín o erro.
O autor.
A verdade e que non poidamos votar. Coas ganas que teño de chegar alí e votar a papeleta. Bicos, e cando queiras volvemos a falar.
Publicar un comentario