Dende xa hai uns meses, unha das casas que forma parte do conxunto arquitectónico dos Pendellos está en obras, vamos que a están reformando. A casa "afortunada" non está situada dentro do núcleo principal dos Pendellos senón que se atopa a unha altura un pouco superior, situada á dereita do Concello. A mencionada reforma non vai moi adiantada xa que por agora só quitaron as pedras que formaban o antigo chan e tiraron algúns tabiques ( segundo me contaron ) pero bueno por algo se comeza.
Resulta moi esperanzador que por parte de particulares se leven a cabo iniciativas deste tipo que contribúen ó desenvolvemento e á recuperación da vila d´Agolada, sobre todo tendo en conta a actitude pasiva e inútil do Concello e da Deputación que a pesares da presión exercida pola Asociación Amigos dos Pendellos seguen sen facer nada para contribuír á recuperación desta vila.
5 comentarios:
Vai demasiado lenta esta obra. Fíxate na foto o mal que lle quedan os cables colgando.
Grazas pola túa aportación á recuperación de Agolada.
Graciñas pola visita.Eres benvindo!
Enhorabuena polo teu blog.
Bicos
Eso non me parece unha reforma nos pendellos, xa que esa casa é particular dun paisana do pobo, non foi arreglada cos cartos da deputación coma deberia de ser, as verdadeiras reformas aínda non comezaron. www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
Bueno, pois encantada de facer dous novos amigos hoxe. Quedas engadido tamén.Bicos dende Lugo
É un mal endemico do noso pais, construense novas macrourbanizacions e as partes antigas caen a cachos
Publicar un comentario