Dende hai uns días, os agolenses e calquera persoa que pase polo noso pobo pode ver os carteis que o Circo Roma puxo en case todas as farolas e baixos baleiros ( que non son poucos ) ou ben escoitar o coche con altavoces que pasa todos os días á hora da sesta anunciando as funcións que dito circo levará a cabo hoxe, mañá sábado e o domingo no campo da feira d´Agolada.
Non sei que tal estará a función, o que sí podo dicir é que é bastante grande, na súa carpa collen mil cincocentas persoas, e por fora parece relativamente moderno, pero xa xulgaredes por vós mesmos vendo as fotos.
O que si que parece é que non son moi serios en canto ó papeleo xa que segundo publicou ``La voz de Galicia´´, o martes, durante unha inspección, o Seprona detectou irregularidades na identificación de dezaoito animais de todos os tipos, en definitiva, que carecían dela. Pero isto non é tal vez o peor, xa que hoxe revisando os arquivos do mesmo periódico descobrín que estiveran a piques de ser expulsados de Lalín por pretender estacionarse e actuar no aparcamento do Haley sen permiso municipal, a autorización conseguírona media hora antes do comezo da función.
Pero aparte de todo esto, o máis deprimente sobre todo dende o punto de vista dun agolense é que viñeron aquí de ``rebote´´, xa que pensaban actuar en Vila de Cruces pero non atoparon un espazo onde montar a súa carpa e ó final decidiron quedarse en Agolada.
Aínda que a carta de presentación non é precisamente boa, haberá que ver se son bos sobre a pista ou se son tan trapalleiros como na vida real, así que eu anímovos a que veñades a velo.
Velaquí tedes a páxina de `` La voz de galicia´´ da que saquei toda a información por se queredes ampliala:
16 comentarios:
Hola! Pois se che digo a verdade buscando por ahí na Internet....sei que foi nun blog de onde descarguei o código Java....de verdade que non me acordo. Sabes cando buscas, e buscas e o final xa non sabes onde chegaches nin como? Pois iso.
De tódolos xeitos intentarei buscalo de novo. Bicos
Holaa
Mmm...acabo de ver tu comentario en mi blog...El tuyo es mucho mejor que el mio xd, aunque espero que la gente se haya dado cuenta de que paso del blog, o sea que...
Has dicho que eras amigo de Dani, no? Pero tu y yo no nos conocemos ¿verdad? Es que no se quien eres.
Mmmm patoonss
p.d: soy la amiga de Dani, por si no te has dado cuenta xdd
Me he equivocado.
Si que se quien eres. A no ser que me este confundiendo, entonces ya no sabre quien eres. xdd
p.d:sigo siendo la amiga de Dani xdd
Moitas gracias pola tua firma no meu blog. o teu tamén me gustou moito e tamén prometo pasarme por aquí amenudo!! O de que oirco fose de rebote é bastante fastidiado, pero pensa que eventos así dan a coñecer máis un pobo. Un saúdo ;)
Qué bien! como me gusta tu blog y las cosas que cuentas sobre mi tierra :-D
Si, es que el blog no me gusta mucho :S prefiero el fotolog:
www.fotolog.com/myhappyending_7
ahi si que actualizo y todo eso, cada día.
Besoss
Maria.
El circo es un mundo de fantasías para niños y mayores. No debería de desaparecer nunca. Hace unos años iba a menudo, ahora ya no tengo niños que llevar y el circo viene poco por Coruña, pero lo recuerdo con cariño.
un beso
Venho agradecer e retribuir a amável visita ao meu espaço, que espero se repita.
Aqui em Portugal também temos circos ambulantes : há pouco tempo esteve aqui um.
Feliz semana.
ola!,parece que compartimos o da xuntanza e inda non viñera por aquí,así que saudos e gracias pola túa visita,voltareí con máis calma.
Sí que parece moi grande o circo. Tamén Busto comentou o evento. Así que a disfrutar do circo!!!
Siempre me gustó mucho el circo,es una pena que las entradas sean carásimas.Cada vez que pretendo ir,me pongo a hacer cuentas y paso ( somos 4 en casa).
A ver cuando vaya mejor la economía,me gustaría llevar a los niños.
Besitos
Os coches do circo polas calles berrando coma desjraciados!! vaia morriña!!
Saúdos!
Xa nos contarás...
"O maior espectáculo do mundo" sempre é un acontecemento en calquera vila ou cidade, porque non hai moitas ocasións para disfrutar del.
Sunque hayan llegado "de rebote" al menos os visitan. Yo creo que eso es lo importante, el circo seguro que hace feliz a más de un niño.
saúdos
Moitas grazas a tod@s pola visita, só quería comentar unha cousa que se repite en dous dos comentarios, o que o circo veu de rebote: Eu tamén penso que o importante é que viñese non porque, só o comentei porque penso que tamén e xusto dicilo. Outra cousa que quería dicirvos é que a actuación do domingo non se chegou a celebrar, non quero arriscar cunha teoria sobre o porque disto, se me entero da verdade xa o comentarei máis adiante. Saúdos e grazas a todos pola visita.
O autor.
La llegada del circo a cualquier zona
del mapa geográfico, es todo una contecimiento, para los más pequeños.
Siempre pensé que la vida de los que trabajan en el circo, es una vida dura en el sentido de que no pueden tener ningún tipo de estabilidad en sentido emocional...
Hoy aquí mañana allí, monta la carpa y levanta, una vida de nómadas...
Pero hay que aprovechar su estancia en cualquier pueblo, es todo un acontecimiento!!!!
Besos:)
Publicar un comentario