viernes, 4 de abril de 2008

d´Agolada únese á movida

Supoño que se tedes un blog ou vos gusta movervos por este fascinante mundo dos blogueiros estaredes informados da quedada ou xuntanza de blogueiros que se vai celebrar proximamente.
Esta iniciativa xurdiu por parte de Veca e da Markesa de Mertetuil, blogues que vos recomendo a todos. Elas pensaban en organizar unha cea onde se reunisen un grupiño de amantes dos blogs, pero cando un par de blogueiros de aquí, do meu pobo, se enteraron da iniciativa ofreceron o seu apoio tanto en temas de organización como de infraestructuras ,xa que se algo destaca na nosa vila é niso, en espazo para celebrar actos deste tipo, e a iniciativa prosperou ata o punto de que Agolada é o lugar escollido para a celebración deste acto debido á sua privilexiada situación xeógrafica e ó elevado número de blogs que teñen como orixe estas terras.
Aínda non se coñece a fecha da xuntanza, que depende da dipoñibilidade do grupo musical ´´Fuxan os Ventos´´ e do propio restaurante no que se xante o día da quedada e que tamén permanece sen ser escollido.
Como podedes ver, o tema da organización da quedada está "algo verde" pero xa temos en marcha un blogue no que podedes expresar as vosas opinións sobre que vos parece este evento, anotarvos para participar nel ou simplemente escribir sobre o que vos apeteza. Se queredes anotarvos a este evento ou pedir a autorización para escribir no mencionado blogue do que vos deixo abaixo o enlace escribide un comentario pedíndomo ou remitídevos á dirección de correo electrónico que vos deixo a continuación: dautrera49@gmail.com
A dirección do blogue da xuntanza é :

10 comentarios:

Sibyla dijo...

Hola!
Qué buena iniciativa!
Seguro que os lo váis a pasar muy bien en ese evento, y podréis disfrutar hasta de música en vivo.

Yo no podré asistir, por varias razones, pero deseo que sea una ocasión donde disfrutéis y seáis felices!

Un abrazo:)

Fada Branca dijo...

O de chulo é unha expresión sen segundas. Fagoche unha petición mntenme informada do da quedada a ver se por casualidade podo

anamorgana dijo...

Seguro que será estupenda.
gracias por comentar en mi blog, aunque en eel post anterior y no lo vi.
Saludos
anamorgana

nestor dijo...

Muchas gracias por la invitación será un honor poder participar aunque sea desde la distancia.
mi e-mail es: ssio.nestor@yahoo.com.ar

un abrazo

chimeneaverde dijo...

Lástima que no no pueda asistir pero pasadlo bien.

Sailor Girl dijo...

Olá!! Obrigada pela informação sobre o blogomillo!!!! NORABOA TAMBÉM A TI, POIS DESTE UMA GRANDE PROVA DE VERDADEIRA AMIZADE LUSO-GALEGA!!!!!!

Unha aperta atlántica!

São dijo...

FUXAN OS VENTOS é um dos meus grupos favoritos desde que os conheci na viagem que fiz até Santiago de Compostela na década de 70 do século passado!!
Unha aperta.

eNmEiGaDa dijo...

O da uqedada dos blogs penso que é unha moi boa iniciativa, a pena que eu non poida ir. Un saúdo!!

Dumuro dijo...

See Please Here

paideleo dijo...

Eu conto con ir, supoño que xa o saberás.
Con respecto ao libro para baixar de Alberto Vázquez Figueroa só tés que clicar no meu posteo onde pon
" gratis a súa última novela ".
Un saúdo.