sábado, 31 de mayo de 2008

Qué movida!!

Pois amigos blogueiros, por fin chegou o día da tan agardada Xuntanza, dunha vez por todas puidemos "poñernos cara" uns ós outros, coñecernos e charlar sen un monitor diante. Como estaba previsto, seguiuse o programa e a xornada foi todo un éxito.
As condicións climáticas acompañaron e creo que podo dicir que todos desfrutamos e nos divertimos mentres nos coñecíamos.
Resulta incrible coñecer en persoa a aquela xente coa que día tras día te comunicas, compartes opinións, sentimentos... a través da rede, non son describilo con palabras, é unha sensación única que recomendo vivir, penso que todos os blogueiros, deberían participar algunha vez nun acto destas características, estou seguro de que repetirían. Comprobar se o escritor de tal blog era tal como o imaxinabas, se non se parece en nada, falar con el e coñecer a outra xente que nin sequera sabías que tiña o seu espazo cibernético é realmente marabilloso.
A xornada comezou na praza do concello coa Charanga Chirinjota, logo trasladámonos ós Pendellos, onde todos os blogueiros expoñemos os nosos pensamentos e opinións relacionados co mundo dos blogs (nunca tanta vergoña pasei). Logo, fumos xantar ó restaurante e emprendemos a rota de sendeirismo polo sobreiral do arnego. Isto último, foi, para min, o máis agradable, xa que ademais da beleza do entorno, todos os blogueiros aprobeitamos para charlar animadamente e coñecernos mellor, persoalmente, creo que hai blogueiros e blogueiras do máis simpático, divertido e extrovertido que desterran o tópico de que os amantes dos blogs somos xente tímida e introvertida aínda que no meu caso si que se cumpra. Incluso se animaron a facer esta ruta dous pais co seu fillo pequeno, o Leíño, e un blogueiro con muletas, Prometeo, que tivo moitas dificultades para superar os obstáculos que ten unha ruta destas características pero que ó final, con forza de vontade e botándolle collóns foi quen de superar.

Despois desta rota, volvemos ó recinto de Os Pendellos, onde volveron a actuar a Zanfonista e o fixeron por primeira vez no día Maruxa de Fuxan os Ventos e o dúo de corda protagonizado por Almudena Vidal e Blanca Bello. Pechou a xornada o meu amigo Dany de asbeirasdoarnego cun só de clarinete.

Na primeira foto, aparece Blanca Bello nun momento da súa interpretación, na segunda, podedes ver a Dany de asbeirasdoarnego e a última é unha vista xeral de todos os participantes da Xuntanza no Sobreiral do Arnego.



23 comentarios:

CriS dijo...

ojalá en otra ocasión pueda acompañaros. Me alegro de que fuera muy buen día. besos.

Chousa da Alcandra dijo...

Pregúntome que raio farías ti con tanta foto...

Unha aperta

Mar e Lúa dijo...

Que envexa me dades todos posteando coas vosas impresións da xuntanza!

Cando isto se volva facer, non haberá kilómetros que me impidan achegarme... A ver se é axiña.

Alégrome de que o pasasedes tan ben :)

Bicos!

paideleo dijo...

Tamén eu pasei vergonza co micrófono que o meu non é falar para un público e comparto o que dixeches de que te sentes máis cómodo escribindo que falando.
Outra cousa que non vos dixen a ti e a Dani é que ao principio de escrirdes os vosos blogos eu pensaba que erades un só porque apareciades nos comentarios xuntos e así.
Bueno, alédome de coñecervos e ver que vos levades ben a pesares do "pique" virtual.

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Estas iniciativas son siempre buenas. ¡Enhorabuena y a repetirla!

JESUS y ENCARNA dijo...

Una gran y enriquecedora experiencia, poner rostros a esos amigos, que a través de este medio que es relativamente nuevo para mi, se han convertido en algo muy importante en tu vida
Me alegra mucho la iniciativa, y, ahora, a seguir
Besicos
Encarna

Raposo dijo...

Parece que o pasastes ben, que era do que se trataba. Alégrome.

insomniorizar dijo...

jeje!
si pique piquehai!
pois eu xa empecei tamén nesto dos piques edo rañar que eche moi divertido!
si, si, agolada, o que me riñe e me di que sou un pouco vagueta neto do bloguear, pois palabriña das ranas do viñao, que a partir de agora, vouno tentar facer mellor, e ter aos agoladenses ben informadiños das miñas andainas1
jjeje

bueno dägolada, impresionachesme, e claro agora ando a ver o teu blo detenidamente e doume conta que moito teño que aprender, e moitas cousiñas vou copiar para o meu blogue!
jiji

o dito, quedades convidados si queredes vir coñecer a miña terra!

asbeirasdoarnego dijo...

A min pásame como a chousa que coño fas ti con tanta foto, porque non tiñas onde elexir... e fuche poñer a miña, manda narices... Pero bueno é igual pasámolo moi ben, sinceramente. Un Saúdo David

Cuspedepita dijo...

Moito me fixeche rir, David, porque eu tamén o pasei abondo mal con iso de falar de min e do meu blog diante de todos. ¿Viche que levaba unha chuleta? Pois ao final tamén me deu vergoña lela e dixen o que me pareceu, pero non lembro de que falei :-))
Eu pensaba que ti e Dani tiñades pique porque un lle roubara a noiva ao outro ;-)) pero xa vin que non, que son as pelexas de "irmáns adoptivos" como dixo o teu pai :-)
Coñecervos a vos demostroume que na amizade, como diría Prometeo, non hai fronteiras, nen sequera entre os de + de 40 e os de - de 20.
Tamén que saibas que Palmira vaiche copiar cousiñas do blog, pero que eu xa me adiantei, e senón mira o meu contador de visitas, por exemplo :-)
Unha aperta

Anónimo dijo...

Xa temos cousas en común, ser blogueiros e blogueiras, e compartir as sensacións e imaxes que nos deixou a xornada dese domingo 31 de maio, inesquecible, en Agolada. Apertas, saúdos, saúde e felicidade. Ata a próxima.

http://www.blogoteca.com/vicentemontoto/index.php

Vicente Montoto, autobiografía.

Ana dijo...

Aisshhhh...cada vez que veo un post sobre a xuntanza sinto unha envexa,mais alegrome co pasastéis ben,e co tempo acompañaravos.

Un bico moi grande.

interpreta-sones dijo...

ahora va mejor, es verdad (sería un problema mío). en fin, que me alegra el éxito de la convocatoria, y que lo pasárais bien.

Pedro Ojeda Escudero dijo...

¡Gracias por la crónica!

Thiago dijo...

David, encantado de verte por mi blog...

Gustaríame falarte en galego, pero despois de catro anos en Madrid xa non podo escribilo como antes, o sinto!!

Pero aunque vaya perdiendo mi idioma maternos, sigo llevando a Galicia en mi corazon y al mar más adentro aún, jaajaj

Me gusta ver que los blogueros gallegos tb. se reunen en quedadas, que yo pensé, tontamente la verdad, que solo se hacían en Madrid... supongo que por algo de concincia centralista ya, ¡qué mal! jajaja


Pero bueno, veo que lo pasasteis bien y eso e lo importante... aunque al conocerse se pierde una buena parte del misterio, no?

Bezos.

Lúa dijo...

que sorte!!!!pena que este tan lonxe....bicos

insomniorizar dijo...

ola david!
eu xa puxen o teu regaliño no meu blo!
e luce moito, moito, xa aljen me prejuntou quen me regalaba flores tan fermosas!

ademáis o bo deta e que non se murcha!
un bico!

Thiago dijo...

Bueno, David, he estado dando una vuelta por los distintos blogs da xuntanza, jajaaj Veo que lo pasastéis muy bien y formais un grupo muy majo...

Os deseo mucha suerte, con un poco de envidia, desde Madrid.

Bezos.

A Conxurada dijo...

Pero que envexa...a ver se para a próxima me coincide mellor.

Buen hombre dijo...

No entendí nada, pero vi los monitos

Anónimo dijo...

Epa. Encantados de tervos a esa nova xeración.

Curioso que realmente houbera máis xente "non xoven", cando se supón que as novas tenocloxías son de moz+s.

Toda unha lección. Na internet Tod+s somos iguais por definición. Por so igual falou MArcus, Calidonia, Manolo, Vicente, DAvid e Daniel. Non hai xerarquías, non hai Xefes.

Pois sí. En todos os medios de comunicación hai presentador+s, actores, pallasos, que son esencialmente tímid+s


Lembra que tés que facer a crónica para a Kacharela, así temos un novo redactor. E de calidade.

Téñoche un enlace interesante para o da Axenda 21, pero non sei a onde mandarcho.

Paz Zeltia dijo...

gracias por contar cousiñas da xuntanza, e por as fotos que as vou ver agora mismiño!!

Dita Ciccone dijo...

ayyyyyyyyyyyyyyyy, eu cando vexo estas cousas quero volver á Galicia, son fotos tan cercanas, que parece que son da miña casa... pffffff, qué morriña, e que evento tan chulo, á vez tradicional polo entorno e a música e moderno por ser de blogueiros...
eu quero...