Este venres, é a terceira edición da Festa da Xuventude de Val, unha das máis importantes, ou iso semella, do plano festeiro desta zona. Dende hai uns días, en Agolada, a mencionada festa ocupa gran parte das conversacións da xente desta vila, fixádevos se está a crear espectación, que hai fretada toda unha flota de autobuses para trasladar á xente dende as súas localidades ata Val, o escenario da celebración.
A festa estará amenizada polas orquestras París de Noia e Olympus, e haberá polbo, churrasco e empanada.
Persoalmente, non me gustan demasiodo os actos deste estilo, de feito, considéros , carísimos e icluso innecesarios, pero o que é indiscutible, é que á maioría da xente lle apasionan, agardemos que non chova e que non teñamos que saír nos xornais por incidentes coma os do ano pasado. Se vos interesa divertirvos o venres, xa tedes plan.
A imaxe é de google imaxes.
9 comentarios:
Festa!!! :P nunca escoitara falar da festa da xuventude!! algún ano irei ;)
OHH Ti non sabes que peniña me da a min non poder ir a xuntanza, lembrademe canto esteades todos xunto
Quedouche ben chulo o blog!!
Que o pases ben con tanta festa!!
Pois a disfrutar da festa de Val.
(Disme que me enviaches algo ao meu buzón, pero moito me temo que te trabucaches, posto que non recibín nadiña. Se mo enviaches ao que teño no blog fíxate ben no enderezo: remata en .ES )
Unha aperta
Mañá eu tamén terei festa: O San Benito de Neiro (máis milagreiro aínda ca o de Lérez ;-))
Pues aquí anda de tormenta, esperemos que el tiempo allí sea mejor.
Hola, espero que el nuevo PC no te de disgustos. Espero que la fiesta saliera bien, aquí ayer nos dió un respiro el agua pero hoy vuelve a llover con mucha fuerza y el aire sopla con ganas de llevarse mucho por delante...
BESOS
Hola, son membro da Comisión da Festa da Xuventude de Val, e asidua visitante dos vosos blogs, desde que os atopei un dia por casualidad no blog do meu amigo "Naufrago".
Entendo que vos poidan gustar ou non as macro-festas, pero a xente lle encantan e facer que a xente se achege a nosa aldea e o que intentamos un grupo de amigos que non vivimos en Val, pero que intentamos que ese recunchiño o que queremos non morra.
Non celebramos sometes a festa da Xuventude, tamen intentamos dinamizar a Asociación Cultural Lucerna, celebramos o Fogueira do San Xoan (con sardiñada), Unha cena de Confraternidade dos veciños, a comida campestre dos Remedios. E diversas actividades culturais o longo do ano. Non he moito pero intentamos ir a mais.
Susi, xa publiquei un post onde che explico o por que da miña entrada. Grazas por visitarme.
Publicar un comentario