sábado, 24 de mayo de 2008

Estrada a ningunha parte

Estos días, que empeza a facer bo tempo, estou saíndo a percorrer as pequenas estradas e pistas que atravesan dun lado a outro este concello na bicicleta, encántame perderme entre o verdadeiro laberinto de camiños asfaltados e sen asfaltar que nos arrodean. A verdade, é que non estou indo especialmente lonxe, pero para ir poñéndome en forma cara o verán, está bastante ben, de calquera xeito, non quería falarvos sobre isto, senon sobre os perigos que os ciclistas ou simplente, a xente á que lle gusta pasear se pode atopar percorrendo o rural. Aparte dos coches, é moi común que, cando menos o agardas e máis tranquilo te atopas pedaleando ou camiñando, che saían unha morea de cans soltos, e comecen a perseguirte como se dun criminal te tratases, ou as vacas, que en moitas ocasións, viaxan totalmente soas e aínda que normalmente non adoiten "ir a por ti", impoñer si que impoñen. Hoxe mesmo, saíume un rabaño de vacas cos seus respectivos cans, (vamos, todo un dous por un) mentres eu ía tranquilamente pola estrada, iso si, do dono, nin rastro, ademais, era por unha estrada asfaltada, non por calquera lugar.
Con todo isto, quero dicir, que deberían existir leis que regulen a tenencia de animais ceibes en zonas de paso, ou se as hai, deberían ser aplicadas con maior dureza polo ben de todos, isto podería axudar a diminuír as "estradas a ningunha parte", a fin de contas, tamén é seguridade vial.

9 comentarios:

Ana dijo...

Ademais do perigo para nosotros mismo,está tamén o perigo para o tráfico.Cantos acidentes hai por culpa dun animal abandonado...

Me da a risa,porque eu se encontro una vaca durante un paseo coa bici, salgo por patas,jejeje...sou una miedicas pra estas cousas.

Bicos

Sibyla dijo...

Preciosa fotografía, con ese cielo lleno de nubes y el campo verde, verde.
Es cierto que a veces el desplazarse en bicicleta encierra muchos peligros.
Y los perros, junto con ese ganado sin pastor, son una sorpresa peligrosa.
Deberían concienciarse los dueños de esos animales, de lo importante que sería que estuvieran controlados.

Un abrazo:)

Mararía dijo...

¡Non imaxino a miña cadela atada! Xa sei que se debería, pero ¡gústame tanto vela correr! (sin que me arrastre a min, claro, cousa que pasaría si a levase prendida).

CriS dijo...

Hola, hoy empiezo a practicar gallego en tu blog a ver si me va saliendo con ayuda del diccionario... si no me entiendes dime.. je je

Se que é un perigo. Igual que polas cañadas reais e outros sitios, non poden circular coches, os animais deberían non estar soltos por outros sitios que hai circulacion porque hai moitos sustos e accidentes. Felices paseos de primavera!!!

isobel dijo...

jejeje, se lo que es eso de que te mire a los ojos una baca y tener que salir corriendo, besos

JESUS y ENCARNA dijo...

Buenas tardes D`Agolada, tienes que "falar", con los vecinos de la zona, para saber como minimo, a que hora sueltan las vacas y los perros. De lo contrario te vas a topar con ellos casi siempre.
Recuerdo que al año de estar por alli, me pille una bici, de esas de piñon fijo, tuve la suerte de transitar mas libremente, pero de vez en cuando los perros me tocaban lo que no suena.....
En fin, como que, con esas cosas no podia hacer gran cosa, me limitaba a cocear a los perros y eso si a las vacas, dejarlas pasar.
Estupenda fotico, que me trae recuerdos.
Saludos.
Jesus

Markesa Merteuil dijo...

Pásate polo meu blog... Tes un encarguito... :)

CriS dijo...

Hola
me han pasado un meme de fotografia y te he nombrado, invitado a seguirlo, sólo si te apetece (en el estante de mis palabras no en el de fotos)o te animas... pero tenías que estar citado..
besos

Marian dijo...

Que bonito poder pasear por el campo en bicicleta o andando, yo acostumbro a andar mucho por senderos, alguna vez me he encontrado con vacas, pero te puedo decir que da más miedo si te encuentras con un jabalí, a mi me ocurrió en Extremadura, de pronto se cruzó uno en el camino y no sabíamos sus intenciones, afortunadamente el salió huyendo y no pasó nada, pero tiene su peligro.