Vou comezar pois pola noticia, lembrades que na entrada "estrada a ningunha parte", queixábame de que había animais ceibes, especialmente cans e vacas. Pois ben, este domingo publicouse en La Voz de Galicia que a asociación ecoloxista d´Agolada, Naturviva, denunciou o abandonono intensivo de cans na zona de Brantega. Estes animais, terían como orixe un coto de caza próximo e serían rexeitados polos seus donos por non cumplir o nivel esixido durante a caza. Como vedes, aínda segue habendo xente tan desprezable que é capaz de abandonar un can só porque non lle serve para practicar a caza, con todo o que isto supón para o propio animal e para as persoas do lugar como ben me queixei eu no post anteriormente mencionado.
Vou agora co agasallo. Resulta que o outro día, Sao, unha excelente blogueira portuguesa, agasollume a mín, e a outros blogueiros con esta marabillosa foto:
Para que esta imaxe viaxe pola blogoesfera e que moitas máis persoas poidan gozar con ela, regálovola a todos, non tedes máis que collela e se vos gusta poñédea no voso blog.
Moitas grazas Sao.
E xa por último, quería comentar un comentario que me deixou unha das organizadoras da Festa da Xuventude de Val, di o seguinte:
Susi dijo...
Hola, son membro da Comisión da Festa da Xuventude de Val, e asidua visitante dos vosos blogs, desde que os atopei un dia por casualidad no blog do meu amigo "Naufrago". Entendo que vos poidan gustar ou non as macro-festas, pero a xente lle encantan e facer que a xente se achege a nosa aldea e o que intentamos un grupo de amigos que non vivimos en Val, pero que intentamos que ese recunchiño o que queremos non morra.Non celebramos sometes a festa da Xuventude, tamen intentamos dinamizar a Asociación Cultural Lucerna, celebramos o Fogueira do San Xoan (con sardiñada), Unha cena de Confraternidade dos veciños, a comida campestre dos Remedios. E diversas actividades culturais o longo do ano. Non he moito pero intentamos ir a mais.
Hola, son membro da Comisión da Festa da Xuventude de Val, e asidua visitante dos vosos blogs, desde que os atopei un dia por casualidad no blog do meu amigo "Naufrago". Entendo que vos poidan gustar ou non as macro-festas, pero a xente lle encantan e facer que a xente se achege a nosa aldea e o que intentamos un grupo de amigos que non vivimos en Val, pero que intentamos que ese recunchiño o que queremos non morra.Non celebramos sometes a festa da Xuventude, tamen intentamos dinamizar a Asociación Cultural Lucerna, celebramos o Fogueira do San Xoan (con sardiñada), Unha cena de Confraternidade dos veciños, a comida campestre dos Remedios. E diversas actividades culturais o longo do ano. Non he moito pero intentamos ir a mais.
Bueno, en primeiro lugar quería dicirvos que me aledo de que sigas este blog e os seus contidos. Paréceme moi ben o que facedes, festa incluída, creo que é moi importante para esta vila que a xente xove coma vós ou como podo ser eu, nos movilicemos para, polo menos, tentar que este pobo e as súas aldeas non morran. Eu non dixen nada malo sobre a festa, só mencionei que non me gustaban este tipo de actos e que me parecían excesivamente caros, algo que sigo pensando. De calquera xeito, si que é certo que á xente lle encantan e este ano, segundo me contaron, a festa foi todo un exitazo. Felicidades.
Por certo, se me enviades algo máis de información sobre as vosas actividades, adícovos unha entrada promocionándovos, tedes o meu mail na barra dereita.
Bueno, isto foi todo por hoxe, agárdovos o sábado na Xuntanza de Blogueiros.
7 comentarios:
Pobres cans! e canto animal de dúas patas hai! Grazas pola flor e adiante coa xuntanza. Espero que o pasedes ben e que sirva para afianzar o movemento blogueiro.
Yo soy uno de los que recibió el regalo de Sao, a la que aprecio. Buena idea la de difundir su flor.
Saludos.
Não é exclusivo vosso amigos. Aqui em Portugal também se abandonam cães e gatos. Especialmente quando chega a época de férias, é uma dor de alma. Aliás o ano passado inventaram uma nova e nojenta moda.
Começaram a abandonar os idosos. Quando chegam as férias, pegam nos idosos e levam ao hospital mais próximo como se fossem a uma consulta. E quando chamam o idoso, quem o acompanha vai-se embora e quando se vai à procura deles já foram de férias. E eu pergunto-me até onde chega o egoísmo humano.
Um abraço e bom fim de semana
HE VENIDO A DESEAROS MUY BUEN DIA MAÑANA EN LA XUNTANZA. ESPERO A QUE NOS LO CONTÉIS...
BESOS
en fin, a crueldade humá non ten fin....bicos
¿En que punto discrepas desa idea de liberdade? ¿A disfuncionalidade non?
A liberdade debese parecer a un cabalo... si a manexas ben pode serche útil... si a manexas mal... pode ser como o de Atila...
Funcionalidade Vs. Disfuncionalidade
Pois eu recollo o teu agasallo e me lamento unha semana mais dos seres despreciables que abandonan ós seus cans. Meu desprezo mais grande ó colectivo de cazadores (xa sei que non son todos), que consinte e participa disto.
Bicos.
Publicar un comentario