jueves, 8 de mayo de 2008

The Sound of Silence

O son do silencio, seguramente a case todos vos sonará o título desta coñecida canción de Simon e Garfunkel, pero non, non vou falar de música, polo menos por agora, desta vez vouvos contar unha experiencia persoal e creo que o título é maís que adecuado, xa veredes por que.
O outro día tiven a "brillante" idea de ir dar unha volta na bicicleta ó atardecer, non pensedes que era especialmente tarde, non pasaban das sete, pois o dito, collín a bici e púxenme en marcha, decidín dar un paseíño polo pobo. Saín en dirección á praza, non se via un alma, as farolas estaban alumeadas pero os bancos desertos, ninguén paseaba, non se escoitaba ruído ningún, continuei o meu periplo, avancei pesadamente, percorrín o traxecto que vai dende a praza ata a ata a estación de autobuses, dende alí subín ata a igrexa, diante da igrexa unha señora maior coa vista perdida estaba alí sentada, supoño que deixando pasar o tempo, seguín pedaleando e animeime a subir ó campo da feira, custoume moito, a falla de entrenamento e os quilos pesan moito, pero por fin, conseguino. Alí parei, estiven un bo anaco mirando o Farelo e as luces dos coches que brilaban como vagalumes.
Decidín volver baixar ó núcleo da vila, non se oía nin un ruído, ninguén paseando, nin sequera había luz na maioría das casas, parecía un lugar desértico, de súpeto un coche veu esnaquizar este momento, co zumbido do seu motor acabou co silencio e as súas luces provocaron un cadea infinita de sombras, pero nin ante tales perturbacións se rendiu o silencio e segundos despois todo volveu á normalidade. Baixei ata os Pendellos e gardei a bicicleta no meu, xa era algo tarde e facía frío, volvín á casa.
Como dixen ó principio, creo que se entende ben porque me decidín por ese título, a canción orixinal fala do silencio que experimentou o pobo americano tralo asasinato do seu presidente e eu falo do que se oe polas rúas de Agolada, é dicir: O son do silencio.
Se queredes escoitar a canción tédela na barra lateral. Por certo, as fotos están quitadas dende "O Castro Marcelín", a segunda en concreto son as luces da vila d´Agolada sometidas a un efecto de difusión.

11 comentarios:

Fini Calviño dijo...

Pues si, muy acertado el título del post de hoy. Un beso

Bea dijo...

O título quedalle ben ó post. Ese silencio é o que a moita xente nos viría moi ben na gran maioría das veces... bicos! ;)

CriS dijo...

Anda, vengo de poner yo un post de noche... menciona el silencio y el cambio de vida y de cómo sentirlo... con fotos oscuras como la tuya... que curioso... me gustó la canción a la que haces mención, muy apropiada, si.

abueloscrisytoño dijo...

Unha foto moi ineresante
Saudos

interpreta-sones dijo...

no sabía el porqué de la canción de simon and garfunkel!! (buen dato)

JESUS y ENCARNA dijo...

Saludos.
Mira tu por donde... Te hago la pregunta de como quitar el volumen o bajarlo y tu nos pones esta maravillosa descripcion del silencio que reina en tu pueblo.
Quiero decir, yo vivo en Barcelona, imaginate lo necesitado que estoy de esa tranquilidad, dada por el silencio de la naturaleza en toda su grandeza.
Claro que de vez en cuando, necesito bullicio (no desmesurado);
no soy un asceta.... Pero reconozco que hay momentos y momentos.
P.D. Ando preocupado, con el tema de la ESO aqui en D`Agolada,mas que nada por saber si habeis hecho alguna cosa al respecto.
Ya me diras....
Saludos.
Jesus

Anónimo dijo...

Pois si.....
ahora comprenderas porque moitas veces, os digo que sempre e mellor estarse calado, cando un non ten realmente nada que decir.
O silencio non existe, porque cando nada escoites de fora, teras a paz, a serenidade, e o tempo preciso para escoitarte a ti mesmo, e comprender a voz que dende o fondo de ti, che falarà sempre.
Escoitaa. O mellor do silencio e a riqueza da voz interior que ti, e todos nos, cada un de nos temos.
So fai falla decatarse dela é aprender a escoitala.
De calquera xeito me encanta este post teu, pola sensibilidade que amosa, e a percepcion das cousas que estan o teu redor. E a musica dende logo que sempre foi unha das miñas preferidas, dende anos e anos....(este é un bo privilexio que temos os mais vellos...)

HADEX dijo...

Pois que sorte tedes. Aínda que Lugo é unha cidade pequena e tranquila, chégalle moito xa co barullo que hai....
Bicos.

Bea dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Bea dijo...

En resposta o teu comentario... a verdade e que non me gustaría deixalo, pero teñome que ir estudar a Madrid (pena que non o haxa máis preto) e non poderei vir os fins de semá! iso si, sempre que poda volverei!! ;)

Pau dijo...

Como se agradece ese silencio do que falas cando un esta saturado do balbordo das obrigas diarias