sábado, 10 de mayo de 2008

Novos servizos blogueiros: Dezablog

O outro día, ó abrir o buzón de correo spam leveime unha sorpresa moi agradable, entre as decenas de mensaxes de publicidade que alí se amontonan e que andan preto de saturarme, atopei un mail moi interesante. Resultou que falaba sobre un novo servizo infomático, máis concretamente blogueiro: dezablog, un "hosting" de creación de bitácoras especialmente pensado para a xente da comarca do Deza, da que forma parte Agolada. O sevizo premíteche crear o teu propio blog baseándote nunha plataforma de Wordpress, polo que contas con todas as funcionalides que che ofrece dito servizo, ou ben importalo, eso si, tamén terías que usar a plataforma de Wordpress. Unha das principais vantaxes deste servizo é que está en galego e ademais, as suas plantillas están decoradas con imaxes de lugares especiales desta comarca, aínda que por agora ningunha é desta vila.

Por suposto, xa contades cunha nova versión deste blog que prometo actualizar de cando en cando. www.dagolada.dezablog.com
En definitiva, un servizo que pode axudar a que esta comarca, e con ela Agolada, se infomaticen e se den a coñecer na rede, aínda que no noso caso con moito esforzo xa que carecemos de ADSL, pero en fin, "Impossible is nothing".






5 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola, gracias por pasar por mi blog. Espero volver pronto, ya veré
saludos
anamorgana

Bea dijo...

Navegando un día pola rede, cheguei a atopar tamén un blog que era en galego... non recordo agora o nome... saúdos!

Sibyla dijo...

Hola!!!
Me gusta la actualización de tu blog.

Te dejo un abrazo:)

Suso Lista dijo...

A rede medra

asbeirasdoarnego dijo...

eu xa me enterara, esta moi ben. Se o queres visitar e www.asbeirasdoarnego.dezablog.com