sábado, 12 de abril de 2008

Falando de toxos

Se hai unha planta que teña relación con Galiza, sen dúbida, é o toxo ( con permiso do carballo ), este arbusto espiñento está presente ó longo de toda a nosa xeografía e é case un símbolo da nosa comunidade, a "flor nacional" de Galiza e da Bretaña Francesa segundo se pode ler en Galipedia. Pero bromas aparte, o toxo é unha planta moi bonita e debido a que existen moitas variedades, podemos atopar toxos en flor durante case todo o ano.
Aquí, en Agolada, temos toxos por case todas partes, o cal non é un feito nada positivo dende varios puntos de vista posto que dá idea do estado de abandono dos nosos montes e dos numeros incendios dos que somos víctimas posto que o toxo ten tendencia a nacer en zonas que sofreron incendios. Pero quitando o lado negativo, o certo é que os toxos representan unha fonte de riqueza para esta zona xa que son utilizados para a alimentación das vacas, os exemplares máis pequenos polo menos, para a creación de abonos por parte dos labregos.... e incluso nun futuro se poderían utilizar para producir enerxía eléctrica nas plantas de biomasa, polo que os toxos serían un recurso a ter en conta que axudaría á recuperación económica d´Agolada e de moitos concellos que se atopan en situacións semellantes.
Aquí vos deixo unhas fotos duns toxos que quitei onte no campo da feira.

8 comentarios:

Kalar dijo...

See Please Here

asbeirasdoarnego dijo...

gustoume moito a foto, e si tes razón a pranta máis asociada con galiza sen dúbida é o toxo.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

HADEX dijo...

A flor do toxo é moi fermosa e hai quen a come en ensaladas, e tamén din que son boas para o fígado....chámanse xorimas ¿non?

eNmEiGaDa dijo...

Aisss o Toxo... buaaa a planta que mais odio, non é nada persoal... bueno si... dende que sentei o cú enriba dela non quixen saber nada máis, xD!! besiños!!!

Sibyla dijo...

Tienes razón, los toxos tienen una flor preciosa!
Mi padre siempre decía cuando quería vengarse de alguien, "Que se vaya a rascar contra un toxo" (jejejeje)

La palabra toxo, va unida a mi infancia, aunque ahora viva en el Sur.

Un abrazo majete:)

A zanfonista dijo...

A min os toxos, non me gustan moito, aínda que a flor do roxo é ben bonita (polo menos a min gústame) Pero eu cando era mais pequena encanbábame ir ao monte, pero sempre me picaba con eles. Bicos.

vermella dijo...

Co bonitiños que son e cando me poño "estupenda" me dín que parezo un toxo,xa non o tomareí a mal.
saúdos.

chimeneaverde dijo...

Mira, no lo conocía, gracias por acercarnos estas cosas a los no gallegos.