domingo, 20 de abril de 2008

Chove sobre mollado

Aquí, en Agolada, ó igual que en case toda a península está chovendo, iso, aparentemente, non é nada raro, a ninguén lle chama a atención que nunha vila galega esté chovendo, de feito, nos medios de comunicación teñen a manía de seguir con este tópico absurdo e comentar sorprendidos que en Galiza non está chovendo cada vez que esto ocurre.
Neste momento, non caen máis ca unhas gotiñas, unha finiña capa de auga, nada que mereza a pena destacar, pero esta chuvia deposítase sobre mollado, leva chovendo sen descanso dende o xoves, cada día máis, de feito, ata hai moi pouco estaba chovendo con moita intensidade.
Este outono, inverno e primavera non choveu case nada, os encoros están baixo mínimos e iso que a situación xa mellorou, os cultivos están ameazados e non van ser moi abundantes, sufrimos o efecto dos incendios incluso en febreiro, tivemos que aturar as mortes de peixes nos ríos e encoros en decembro (o encoro no que sucedeu este está xestionado por Villar Mir, tampouco e cuestión de botarlle toda a culpa á falta de auga)... resumindo, a situación estase poñendo moi complicada e con risco de empeorar ata límites nunca vistos se no verán non cambia esta situación.
Agardemos que este ano fose unha excepción e que volvamos recuperar a nosa chuvia, a nosa cor verde e natural... en definitiva, que a imaxe da xente paseando con chuvasqueiros e paraugas polas rúas non se convirta nun espectáculo, senon que sexa algo habitual.
A primeira foto é do blogue: aopedofarelo e a segunda de Flickr.

15 comentarios:

Dña.Manolita dijo...

Pues menuda suerte la vuestra, galegos..., aquí en la costa brava estamos a punto de sufrir las temidas restricciones, llueve de higos a brevas.
Cagüen…

Ith dijo...

Pois... chámase cambio climático, por moito que o primo dalgun político o negue, si señor.


Galiza non recobrará o verde que tiña, nin a súa auga, a mocalla (que nome) e cada vez máis choiva forte... Chámase cambio climático, triste, pero certo.

Ana dijo...

Ainda falta moito pra que nos quedemos sin o verde noso....mais tens razón ITH,é o cambio climático!

Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

A acción humana sobre da natureza está modificando incluso o clima. A concienciación individual é precisa para que chegue á colectiva e así poder incidir na detención de tanto dano.


(Sí que sigo a ter o meu enderezo electrónico no meu blog. Está case no final, entre o logo de Blogger e mailo código IBSN).

Unha aperta

A Conxurada dijo...

Eu tamén espero que este ano só sexa anecdótico, e tamén espero que continúe a chover un meseciño máis polo menos.

Un bico, e obrigada pola túa visita.

abueloscrisytoño dijo...

Me gustan las fotos, la primera más. A.cris

RAÚL dijo...

tiene razón dña. manolita, en la costa blanca no llueve desde hace siglos tampoco. como no cambie la cosa... estem fotuts!! (creo que se entiende bien, esto último)

São dijo...

Viva!
Gostei das fotos e do texto.
Aperta.

eNmEiGaDa dijo...

Din que ABril augas mil!! prefiro que chova agora, e teñamos un bó verán. Aínda que para mañá dan melloras, mirara no windguru este, e para mañá daban sol! bicos!!

Druid dijo...

Eu quedome ca choiva e cunha boa cervexa vendo chover....
que chova, que chova, que fai falla.
Apertas.

Pd. eu tamen ando liado, asi que as desculpas son mutuas.

Fragmentadora de Papel dijo...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Fragmentadora de Papel, I hope you enjoy. The address is http://fragmentadora-de-papel.blogspot.com. A hug.

Sibyla dijo...

Galicia siempre será verde y húmeda. No podrá perder su vegetación.

Recuerda que es terra de meigas, y las meigas necesitan niebla y humedad!(jajaja)

Un fuerte abrazo mejete!:)

Cris dijo...

Hola, bendita lluvia... aquí parece que ha parado de llover pero espero que vuelva pronto a llenar los ríos y pantanos, a hacer crecer el verde y alimentar a la tierra que tanta sed tiene.
hace unos días lo hablaba con una amiga blogera gallega, que estaba asustándome ya de que no lloviera en Galicia, asustándome de verdad. Y le decía como hace tiempo se me quedó grabada la imagen de un hombre mayor, que salía en Tv, medio llorando porqu no llovía...que no entendía que pasaba...

QUE LLUEVA QUE LLUEVA

anamorgana dijo...

Que bien lo de la lluvia, espero que Galicia vuelva a ser verde y si sobra algo mandar alguna porque aqui no llueve ni con rogativas. gracias por visitarme yo tengo muy poco tiempo ultimamente, pero volveré. Saludos
anamorgana

Frabisa dijo...

Realmente hemos de reconocer que la belleza de Galicia pasa por la lluvia y que la escasez de la misma nos ha llevado a los gallegos a extrañarla.

Nos felicitamos por estos últimos días en los que el agua del cielo fue abundante.

un beso