O pasado xoves, veu por Agolada o autobús da Xunta de Galiza encargado de extraer e transportar o sangue dos doantes que decidiron acudir á cita coa solidaridade. Como en case todas as ocasións, instaláronse diante da praza do concello e alí estiveron parados todo o día (de 16:30 a 21:00 horas) recibindo doantes.
A afluencia de xente foi bastante numerosa, sobre todo, tendo en conta que este tipo de iniciativas non adoita ter moito éxito nesta vila, de feito, cando fun por alí quitar as fotos que vos mostro abaixo, dirixíanse varias persoas cara o mencionado autobús e saían outras dúas pola porta. Isto demostra que a xente por fin se está concienciando sobre a importacia dun proceso beneficioso para todos e que ademais non supón ningún custo para o doante.
Doa sangue, agora outros a necesitan, no futuro podes ser ti.
11 comentarios:
Bo xeito de concienciar a xente ;) . A verdade e que eu a partir duns días xa podo doar, espero vencer o meu pánico as agullas.
Tienes un premio en mi blog, pásate cuando quieras a recogerlo
Perdoade por retirar temporalmente esta entrada, pero os premios ben o merecían, como podedes observar, xa ten as modificacións pertinentes. Agardo que vos guste.
O autor.
Hola, pues lo apoyo, soy donante de sangre, no siempre coincide que pueda cuando viene el bus donde estoy pero siempre que puedo lo hago. No cuesta nada...y hace tanto bien...
Si, ademais agradecese a túa chamada. Hai anos traballei durante un período corto no CTG, e a veces si facía mais falla da que parece unha doazón. Ademais esta moi ben, mandanche un análise completo de sangue a casa de maneira confidencial. E que mellor maneira de axudar.
Eu non podo doar por un par de meses... espero impaciente...
A verdade e que por aquñi a xente está moio conciwenciada, polo menos o de ser doante e normal entre todo o mundo... pero será cousa de Cangas, que a xente eche moi... de seu.
Por certo, os premios, mil grazas, ero non os publicarei ate que renove o blogue... en breve...
un saudo dende a costa!
~Ith~
Ser donante é unha boa causa.
Buena iniciativa la de la donación no sólo de sangre si no también de otros órganos que ya no necesitaremos en un momento dado.
Un beso.
Vim hoje ter ao teu blog e adorei.
Foram optimos os momentos que aqui passei. Jinhos mil
Eu son doante dende os 18 anos, teño 34. Levo casi un ano sen poder doar por causa dun pequeno baixón en hemoglobina.....pero en canto volava a estar ben alá vou. É moi importante e moi necesario. Que ninguén o pense dúas veces!!!
Precisamente hoxe no xornal ven unha nova sobre a doazón de sangue pola costa da morte e os resultados non son nada halagüeños
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2008/05/01/0003_6781028.htm
Publicar un comentario