viernes, 18 de abril de 2008

Agolada asina a súa sentenza de morte

Un día desta semana, non lembro exactamente cal, recibín unha noticia que me amolou moito, nese momento morreron en mín as poucas esperanzas que tiña dunha posible recuperación que podía ter Agolada en canto a ámbito demográfico e económico.
A noticia en cuestión é: que por orde do organismo encargado de tal fin, que nin merece a pena citar, elimínanse os dous cursos da ESO (Educación Secundaria Obrigatoria) do noso colexo trasladándose a Lalín. Estos cursos pertencentes ó primeiro ciclo da ESO, levábanse impartindo en Agolada dende tempos inmemoriais e moitos anos antes, incluso se estudaba a ESO ó completo. Na carta enviada dende a Xunta ó noso colexo e que este remitiu ós alumnos dos cursos afectados dicía que o acto de escolarizar ós rapaces da ESO nos centros de Educación Primaria fora unha medida transitoria e que o curso que ven, esta situación non se podería dar en ningún centro de Galiza, o que ao meu modo de ver demostra unha total falta de interese pola educación dos nosos escolares, xa que por moito carácter transitorio que tivera a anterior medida, a ESO, en especial, o primeiro ciclo, lévase cursando aquí dende sempre, sen que as autoridades mostraran ningún tipo de interese por cambiar unha situación calificada por eles mesmos como transitoria.
Volvendo agora ó titular, decanteime por ese por ser impactante e porque sen os tres cursos máis numerosos( 6º,1º e 2º ) que son precisamente os afectados, o colexo quedaríase nuns 70-80 rapaces ,segundo as miñas estimacións, o que representa un pouco máis da metade do que ten agora, quedando condeado ó seu peche nuns anos por falta de alumnado e un pobo sen escola non é pobo, desgraciadamente Agolada está condeada ó abandono. Como imos intentar ou sequera creer na recuperación dun lugar no que os seus rapaces e adolescentes se teñen que desprazar por unha estrada, con varios "puntos negros", todos os días? É imposible.

O peor desto e o que máis me jode (vou ser directo) é que nin dende o Concello (PP), nin dende a ANPA, nin dende a dirección do centro escolar se fai nada por cambiar esto, ou polo menos armar algo de barullo, senon que parece que lles dá igual, polo de agora nin houbo queixas, nin medidas, nin nada, de feito, ata o día de hoxe (aínda non lin o xornal) nin sequera se publicou en "La voz de Galicia" nada referido a este tema, o que demostra o escaso interese e compromiso do Concello cos seus cidadáns e cidadás, especialmente cos máis novos.

12 comentarios:

RAÚL dijo...

vaya. siento la noticia, "rapaces".

aopedofarelo dijo...

Mira David,
Fai uns seis/sete anos eu formei parte da AMPA, xa daquela, o tema do traslado a LAlin do Ciclo da ESO, estaba pechado.
Ao parecer incluso houbera uns anos antes unha manifestacion en Santiago, co sr. Costa, alcalde a la sazon, do noso Concello....Non serviu para nada.
Todo o mundo ten claro que o mesmo que desapareceu a Garda Civil, o colexio tamen acabaria, mais ou menos tarde, por desaparecer.
Criterios economicistas, priman por riba de calquera outra consideracion.
A realidade, e que daquela o poder era do PP- agora son os do Bloque e PSOE- os mesmos cas con distito collar.
Na politica, ante o dispendio dos recursos, os presopostos, os cartos....non valen ni criterios de educaciòn, de calidade de vida, ni peligrosidad social, ni nada de nada.
O instituto Laxeiro, o que ti vas, non é o mais axeitado para levar rapaces tan pequenos, xa o sabemos todos nos, -os pais- pero a eles importalles un pito.
Direiche mais, a pasada seman, na reunion que tivemos do consello escolar, ninguen sabia de certo que o traspaso dos rapaces, xa ia ser o vindeiro curso.....¿Que respeto teñen as autoridades de educaciòn por nos...?. ¿Que consideraciòn hacia os pais?¿Que decir, do respeto minimo hacia os propios profesores do CEIP de Agolada que non tiñan ni idea do tema...?
Sobran as palabras. So queda o DEREITO AO PATALEO.

HADEX dijo...

Sinto a noticia...é desastroso que sucedan estas cousas....


P.D. Verás, hai moitos anos existiu un marabilloso grupo de música folk que se chamaba Xorima. Eu daquela tiña entendido que o nome era o da flor do toxo. Está claro que é unha variante fonética....Bicos e graciñas.

Veca dijo...

É indignante que pasen cousas como estas. Ti, dende este blog, pos o teu gran de area, só fai falta, xuntar uns cantos máis, para berrar ben forte e loitar polos vosos dereitos.

Ith dijo...

E que as reformas educativas (e goberne quen goberne) dan noxiño... dende as máis grandes -como a proposta nova proposta de Bacharelato; menos horas de Filosofía, de Educación Física e Historia, para meter unha nova asignatura, deixando, iso si, Relixión...- e ata as máis pequenas reformas que se fan no tema educativo; por sorte eu vivo en Cangas, onde parece máis fácil o tema das escolas (non falemos da rede electrica, ou telefonica..).

Definitivamente, se queremos un estudo de calidade, hai que loitar por el ou pagar. como ben di "aopedofarelo"; os mesmos cans, con distinto colar [...] ante os cartos, non vale nada

Por certo, eu ccheguei o teu blogue dende o comentario en Terra de Breogán, grazas por pasarte, comentarei aquí máis a miudo, está ben interesante, un saúdo,


~Ith~

Cuspedepita dijo...

¿Ves? A iso me refería cando dicía que nos tapan os ollos para que non vexamos que se está desmantelando o medio rural.
Creo que esa medida non a van facer efectiva só en Agolada, senón noutras pequenas vilas (eu sei de algunhas máis).
Esta é unha maneira moi efectiva de despoboar. Algunhas familias ( e xa non hai tantas)irán detrás dos pequenos para Lalín. Posiblemente familias que teñen aínda outros fillos máis novos e que non queren que un fillo vaia a un lado e outro a outro.
Eso sen contar con outra cousa: Eu, coma outros mestres que coñezo, penso que, con este sistema, os rapaces perden dous anos de infancia ¡que non é pouco!

dintel dijo...

Entré a leerte, pero no entiendo. Gracias por tu visita.

eNmEiGaDa dijo...

ë indignante que pasen estas cousas... a onde iremos parar?

Pablo dijo...

E despois queixánse de que todo o mundo fuxe dos pobos pequenos... pois isto non é unha medida que solucione o tema, penso eu.

Síntocho moito por vosoutros.

paideleo dijo...

Cada vez que fecha un colexio morre un punto de vida cultural.
Tes razon cando dis que unha vila sen escola non e vila.

Anónimo dijo...

I found this site using [url=http://google.com]google.com[/url] And i want to thank you for your work. You have done really very good site. Great work, great site! Thank you!

Sorry for offtopic

Anónimo dijo...

[url=http://buy-viagra-usa.com]buy cheap viagra[/url]