Hai momentos na vida de todo estudiante nos que francamente nos gustaría que nos tragase a terra ou que aparecese un círculo vermello para tirarnos e desaparecer como ocurre no anuncio de Cuatro. Eses momentos, máis de tres veces ó ano, que todos sufrimos, todos sufrirán e todos sufriron, son os dos exames. Os exames, esas probas que constan dun número esaxerado de preguntas, ou escaso, depende de como saibas o tema, e nos que ano tras ano nos xogamos o noso futuro, o noso carnet de conducir, a nosa praza de traballo...viernes, 29 de febrero de 2008
De exames
Hai momentos na vida de todo estudiante nos que francamente nos gustaría que nos tragase a terra ou que aparecese un círculo vermello para tirarnos e desaparecer como ocurre no anuncio de Cuatro. Eses momentos, máis de tres veces ó ano, que todos sufrimos, todos sufrirán e todos sufriron, son os dos exames. Os exames, esas probas que constan dun número esaxerado de preguntas, ou escaso, depende de como saibas o tema, e nos que ano tras ano nos xogamos o noso futuro, o noso carnet de conducir, a nosa praza de traballo...Publicado por d´Agolada 10 comentarios
Etiquetas: Varios
jueves, 28 de febrero de 2008
A mámoa dos muíños
Publicado por d´Agolada 4 comentarios
Etiquetas: A mámoa dos muíños
sábado, 23 de febrero de 2008
A Ponte dos Cabalos
Construída en época medieval, no ano 970, no concello d´Agolada temos esta preciosa ponte coñecida como a Ponte dos Cabalos. Por ela pasaban hai moitos anos os feirantes cos seus carros tirados por bois que ían á feira do doce, e durante moitos anos foi unha das principais vías de comunicación deste concello. Son innumerables as lendas e anécdotas que arrodean esta ponte relacionadas con todo tipo de temas, especialmente as dos bandidos que asaltaban a estos comerciantes. Hai uns meses un animal, por chamalo dalgunha maneira, cruzou co seu tractor por riba da ponte e causoulle graves danos, pero aínda así está en bastante bo estado. Déixovos unhas imaxes dela para que a coñezades.
Publicado por d´Agolada 6 comentarios
Etiquetas: A ponte dos cabalos
viernes, 22 de febrero de 2008
Agolada e os políticos
Publicado por d´Agolada 5 comentarios
Etiquetas: Varios
sábado, 16 de febrero de 2008
Os Pendellos I.

A vila d´Agolada garda dende o século XVIII un interesantísimo conxunto arquitectónico que durante máis de 200 anos acolleu unha das máis concorridas feiras da Galiza interior. Este interesante recinto recibe o nome dos Pendellos d´Agolada. Co paso do tempo especialmente na década dos 70 o estado deste recinto foise deteriorando especialmente en 1977 cando se derrubaron 12 pendellos para construír unha rúa de cemento e con alcantarillado ( a rúa profanada foi a da Parranda). A desfeita continuou un ano despois cá construcción da praza do concello.
Nos anos 90 o Concello e a Xunta promoveron un campamento de traballo para mozos que restauraron o recinto e o deixaron presentable ata que anos despois, xa na actualidade, os Pendellos volven a presentar un estado ruinoso e deplorable.
Como xa dixen, precisaría todo o caderno para falar dos Pendellos, así que vouno deixar por oxe, noutro momento continuarei contándovos máis cousas sobre este tema, sinto moito tervos aburrido coa historia deste recinto. Na próxima entrada que lle adique a este tema prometo ser máis ameno.


Publicado por d´Agolada 5 comentarios
Etiquetas: Os Pendellos
miércoles, 13 de febrero de 2008
Rematou o Inverno?

Publicado por d´Agolada 7 comentarios
Etiquetas: O Tempo
sábado, 9 de febrero de 2008
Abandono

.jpg)
Publicado por d´Agolada 3 comentarios
Etiquetas: Sobre Agolada
domingo, 3 de febrero de 2008
O entroido
Este ano en Agolada, o Entroido celebrouse con dous desfiles polas rúas do pobo, un promovido pola escola e outro polo concello. En ambos a xente, sen dúbida, o mellor da vila engalanada con traxes moi vistosos puxo a animación e o ambiente a esta festa facendo que todos disfrutásemos coma se fósemos rapaces.
Publicado por d´Agolada 4 comentarios
Etiquetas: Datas destacables






.jpg)



