Outro ano máis chegou o Entroido, ese tempo no que nada é o que parece, no que nos vestimos do que non somos, do que nos fai gracia ou do que nos gustaría ser, ese tempo no que podemos dicir e facer cousas que noutras datas non poderíamos dicir nin facer, ese tempo no que comemos cocido, filloas, orellas, e outras exquisiteces semellantes, ese tempo no que...
Este ano en Agolada, o Entroido celebrouse con dous desfiles polas rúas do pobo, un promovido pola escola e outro polo concello. En ambos a xente, sen dúbida, o mellor da vila engalanada con traxes moi vistosos puxo a animación e o ambiente a esta festa facendo que todos disfrutásemos coma se fósemos rapaces.
4 comentarios:
fO entroido, serve tamen para que a xente exprese, libremente oculta trala mascara, sen medo a ser recoñecido, as súas frustraciones, pola vida cotian que lle toca,as veces soportar.....Non e só gañas de ....diversiòn, comidas, etc.
E sobre todo, - o quizais sexa mellor decir-era sobre todo o triunfo de D.CArnal, sobre Dñª. Coaresma. (Hay unha pelicula, que expresa moi ben esta batalla interior -e exterior- chamase 2ORFEO NEGRO, e ten musica de Vinicius de Moraes- sobre todo "Mañana de Carnaval".....fantanstica:
Azul,..la mañana es azul
el sol si lo llamo vendra
se escuchara mi voz.....
Pois mira ti cantos veciños vou descubrindo neste blogosférico mundiño!!.
Todo un pracer e unha ledicia ver como transmites a paixón polo teu pobo. Hei volver de paseo polo teu blog.
Unha aperta dende o outro lado do Farelo (que, por certo, tampouco temos ADSL!!)
Pois si que era xente. Bicos. Tes un bo blog.
Boas, felicítote polo blog, e deixoche formal invitación para visitalo meu berce: este é o enlace http://bercedefadas.blogspot.com/, tamén podes ir pincando sobre o meu nome. E ánimo, que aínda que che leve un pouco mais de tempo non deixes de publicar. Espero terche pronto unha sorpresa así que vixia o meu blogue
Publicar un comentario