jueves, 28 de febrero de 2008

A mámoa dos muíños

Moi preto do río Ferreiroa e a escasos 500 metros da aldea de Bidueiros, atópase a mámoa dos muíños, tal vez a mostra máis salientable de arte prehistórico do concello d´Agolada. Hai xa uns 6 ou 7 anos, calquera o lembra, que a descubriu o noso amigo Pepe, e eu tiven a fortuna de ser uns dos primeiros en vela. Aínda lembro a 1ª vez que a vin, tivemos que atravesar unha morea de toxos e silvas que bloqueaban a entrada ata chegar a vela. Co tempo, a asociación Amigos dos Pendellos deuna a coñecer, troixéronse arqueólogos que a catalogaron e examinaron e na actualidade conta cuns accesos mellorables pero aceptables. A gran lástima foi o lume que a asolou o ano pasado e que estragou a paisaxe que a rodeaba.

Déixovos unhas fotografías da mámoa pouco despois de ser descuberta e da mámoa na actualidade tras ser sometida a unha acción protectora? por parte de ``Patrimonio´´.

4 comentarios:

Unknown dijo...

Bieeeeeeeeeeeeeennnnnnnnn!!
Lindos monumentos megalíticos!!

Son unha paixón desencadeada no meu peito!

Fermosa mámoa dos muíños.

Saúdos

Lapis-vermello dijo...

Foron dificiles de atopar? Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

Ese tipo de construccións son a nosa raiz. Nelas atópanse moitas explicacións de como foi a vida dos nosos antergos. Coñecelas a admiralas é un dereito; da mesma maneira que protexelas é unha obriga.

Un saúdo

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

?A acción protectora en que consisitiu?¿En tapalo todo?