sábado, 16 de febrero de 2008

Os Pendellos I.

Precisaría maís dunha vida e todo o caderno para contarvos todo o relacionado cos Pendellos e aínda así non sería nada comparado co que se merecen, pero bueno, vouvos contar algo sobre eles e deixarvos unhas fotos para que aínda que sexa a través da rede os coñezades.
A vila d´Agolada garda dende o século XVIII un interesantísimo conxunto arquitectónico que durante máis de 200 anos acolleu unha das máis concorridas feiras da Galiza interior. Este interesante recinto recibe o nome dos Pendellos d´Agolada. Co paso do tempo especialmente na década dos 70 o estado deste recinto foise deteriorando especialmente en 1977 cando se derrubaron 12 pendellos para construír unha rúa de cemento e con alcantarillado ( a rúa profanada foi a da Parranda). A desfeita continuou un ano despois cá construcción da praza do concello.
Nos anos 90 o Concello e a Xunta promoveron un campamento de traballo para mozos que restauraron o recinto e o deixaron presentable ata que anos despois, xa na actualidade, os Pendellos volven a presentar un estado ruinoso e deplorable.
Como xa dixen, precisaría todo o caderno para falar dos Pendellos, así que vouno deixar por oxe, noutro momento continuarei contándovos máis cousas sobre este tema, sinto moito tervos aburrido coa historia deste recinto. Na próxima entrada que lle adique a este tema prometo ser máis ameno.

5 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

En abosoluto aburres.
Nunca deixes de contar aquelo que desexes, engadíndolle sempre o eu toque persoal, a tua optica. Así cada historia sempre será diferente.

Para os de Antas, a feira do doce sempre foi unha referencia no alamanaque. Cando eu era neno, nunha feira en Agolada, meu pai mercoume un balón de basket. Moi contento viñen para a casa con aquel balón color tella...

Unha aperta

paideleo dijo...

Benvido ao blogomillo.
Non sei se coñeces o blogo de Manuel Busto que tamén fala de Agolada.
http://aquamlatam.blogspot.com/

Anónimo dijo...

Para miña desgracia, na miña terra cativa, alá polas vegas e serras do AL-Andalus, as Feiras, non che eran nada parecidas as de por aqui.
Eran casetas, musica, carricoches de feirantes, ruido atronador de ofertas a mais atractiva, guirnaldas, e aromas a "palu du", mazá asada, e"algodon dulce"....
Duraban unha semana, e naturalmente so eran unha vez o ano.
Nos meus recordos mais entrañables, gardo como un tesouro, aquela vez. Teria eu seis-sete anos, no que meu hirman maior ca min -catro anos-, ao pasar por diante da caseta "Do MAgo....non sei que, non o recordo", decidiu entrar a ver a atracciòn.
Como a entrada valia un peso, xuntando o que tiñanmos os dous chegabamos, para unha entrada, asi que todo ufano, colleu os meus cartos, e mais os seus, e dixemo:
"Eu entro a ver a actuaciòn e despois cando remate, che conto como era...¿VAle?.
O peor foi que o rematar, saliu,e nin sequera contoume o que viu dentro.....Non vale para nada, foi a sua resposta....
E ali quedei eu sin cartos, sin ver a actuaciòn do mago, e sin que nin sequera o meu hirman contarame nada...
As cousas que ten a vida.....

Unknown dijo...

Grazas pola visita, pero teño entradas mellores.

Boa estratexia comercial.

Un saúdo dende as terras baixas da Estrada.