viernes, 29 de febrero de 2008

De exames

Hai momentos na vida de todo estudiante nos que francamente nos gustaría que nos tragase a terra ou que aparecese un círculo vermello para tirarnos e desaparecer como ocurre no anuncio de Cuatro. Eses momentos, máis de tres veces ó ano, que todos sufrimos, todos sufrirán e todos sufriron, son os dos exames. Os exames, esas probas que constan dun número esaxerado de preguntas, ou escaso, depende de como saibas o tema, e nos que ano tras ano nos xogamos o noso futuro, o noso carnet de conducir, a nosa praza de traballo...

Esta sociedade na que vivimos precisa dos exames para distribuir ás persoas e os seus dereitos. En fin, supoño que os exames son necesarios, polo menos ata que atopen un método mellor para avaliarnos, pero hai algo que ninguén me vai discutir, os exames son un asco (se non poño nada peor é por se hai nenos lendo).

Eu estes días, estiven e estou de exames polo que non podo escribir tanto como me gustaría, aínda que eso non é o que máis me amola, o que máis me fastidia e non dispoñer de tempo para visitar os vosos cadernos e deixarvos comentarios coma vós estades facendo conmigo, polo tanto pídovos disculpas e prométovos que reanudarei esa actividade en canto chegue Semana Santa.

Grazas por visitarme.

10 comentarios:

Druid dijo...

Veño devolverche tua visita polo meu bosque.
Se os exames che dan rompedeiros de cabeza, espera que empeces a traballar... ata creo que os botaras de menos.
Unha aperta.

busto.agolada dijo...

Sorte con eses exames que ti ben podes con eles.
Saúdos.

Lapis-vermello dijo...

Si agora chegan os exames. Agora que o digo, eu coñézote imos no mesmo instituto, un día xa me presentarei.

Bicos.

asbeirasdoarnego dijo...

sorte cos exames David... a ver se sacas todo 10s

Angel Utrera dijo...

Fillo, ¿Sabes que é o mellor dos examenes......pois que mais tarde ou mais temprano acaban?...
Despois queda toda a vida por diante para examinarnos dia a dia, e xa veras como eso si que é un examen duro de roer. O que pasa e que non serven para nada os consellos,nin a chuletas, esto temos que roelo cada un de nos, con un mesmo. Desde que vimos o mundo, o facemos so e toda a nosa vida vai na procurra de alguen con que compartir as cousas mais ou menos felices que atopamos, para ao final marchar pola calada e de novo so, para ala, a smentar a terra, que ollaran os que veñan despois que nos.
O examen mais importante de todos é este. Non che esquezas
Un bico grande de pai e amigo de rede.

vermella dijo...

Como me decía miña nai cando eu era estudante "estudia neniña,que traballar é máis ingrato"........
sorte.

Anónimo dijo...

Hola David. Grazas pola visita ó Recuncho Troiterio. Como ves, eu tamén me vou pasar polo teu de vez en cando.
Un saudo e noraboa polo blog.

paideleo dijo...

Ánimo cos exames que iso é o importa agora.

Lapis-vermello dijo...

Igualmente digo temos que volver a falar. Caíchesme ben. Bicos

mariluli dijo...

muy bueno tu blog! muy interesante! los exámenes son muy estresantes, hay que pasarlos, son medios para llegar a un fin: el camino propio.
Soy un poco ignorante, pero en qué idioma están hablando? es gallego???? (es un poquito parecido al portugués!)