Oxe ás doce da noite comezou oficialmente a campaña electoral dirixida ás eleccións do nove de marzo. A presenza tan próxima destas eleccións fai que os políticos nos restreguen a todas horas os valances. Os que están no poder din que todo mellorou e os que están na oposición din todo o contrario, pero realmente algúns deles din a verdade?, eu xa non me vou meter niso pero vou realizar un pequeno valance sobre o que pasou en Agolada nos últimos 4, ou tal vez debería dicir 20 anos, e o resultado é nada, dá igual quen goberne, os nosos políticos téñenos esquecidos. O auditorio segue sen rematarse, os pendellos seguen deteriorándose, as nosas estradas seguen feitas un asco, seguimos perdendo poboación sen que ningúen faga nada por evitalo, o feismo contamina as nosas terras... Non sei que pasará nestas eleccións pero gañe quen gañe non creo que vaia pasar nada nesta vila, todo o contrario seguiremos indo a menos como leva pasando ultimamente.
viernes, 22 de febrero de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Hoxe píllasme rota... mañá dou un paseo... pero ler dos políticos esgotoume máis do que hoxe xa estou. Graciñas pola invitación. Muacks.
A responsabilidade, e culpabilidade das cousas, de facer ou non facer non so dos que ocupan os postos de poderf, como ti dis:"Os politicos"....¿Que os elixe, quen os vota, quen os deixa facer sen exixir responsabilidade, quen baixa a cabeza e din a modo de disculpa como fai o aveztruz....¡isto non vai conmigo¡.
Non so Agolada, o problema do abandoo e esquecemento do rural e moi grave neste pais noso, a xente marcha e racha as suas raices no procura dunha vida mellor, mais ala da unidade ca sua historia e terra, no anonimato mais cruel, que o afonde nas cidades.
Desto quizais non ten culpa ninguen....
David, o problema, como dí aopedofarelo non é só dos políticos, que xa de por si son uns cantamañanas que fan da Política algo sucio e estúpido, un xogo de nenos no que decidir quen leva a razón e o poder no "y yo más". O problema reside tamén na PASIVIDADE da xente: hai que MOBILIZARSE, protestar, TOCAR OS COLLÓNS ben tocados para que se dean conta de que non somos estatísticas, cifras na intención de voto, papeletas nunha furna, "kyrie eleison, cartos ó caixón".
Que, en definitiva, non somos parvos.
Se en Agolada, como en calquera outro lado, a cousa se pón fea, ou se está poñendo fea, algo haberá que facer. Sodes xente dura. Sabedes o camiño.
Concordo con Angel e con Mariola. Levamos media vida queixándonos dos políticos e compre que poñamos as mans onde eles non a van poñer nunca.
Somos nos quen temos que facer algo.Eles (os políticos) han vir detrás.
Temos que deixar de queixarnos e FACER.
Unha aperta.
Os políticos son do peor. Bicos
Publicar un comentario