miércoles, 2 de julio de 2008

Rematou a festa.

Pois si amigos blogueiros, o San Pedro rematou onte, ou mellor dito, esta madrugada. Tras tres días de festa, a vila comeza a recuperar a normalidade. A verdade é que as festas resultaron ser moi pouco interesantes, polo menos dende o meu punto de vista, posto que a asistencia de xente foi moi baixa, non lembraba tan pouco xente nun San Pedro, de feito, segundo dicían os máis vellos, nunca houbera tan pouca xente, é máis tendo en conta que o tempo acompañounos, en fin, un desastre. Como ía dicindo a asistencia de xente foi moi baixa, as orquestas non resultaron ser moi boas aínda que cumpriron e os outros tipos de actuacións típicos deste tipo de festas foron moi escasas aínda que bastante aceptables.
En total contamos coa actuación de tres bandas, catro orquestas, un grupo de percusión, xogos infantís, unha obra de teatro e varios partidos de futbol sala.
A pesares de todo, estes "problemas" non impediron que a xente o pasara ben e se divertise, que a fin de contas, é o verdadeiro obxetivo dunha festa.
Bueno, velaquí vos deixo unhas fotos das festas, sinto só ter unha da noite, pero é que non levei a cámara.
O partido de fútbol sala.
A banda Solúa
Os xogos infantís na rúa.
A obra de teatro.
As atraccións de feira.
Os feirantes recollendo.



10 comentarios:

Eva dijo...

Bueno, digoche o mesmo que o teu colega, hai que aprender a desfrutar o que se ten inda que non sexa como desexaríamos.

Verás, existen pobos pequenos que xa non poden facer festa, porque lles sae por un ollo o ser poucos veciños, mentras outros, estan acostumados a facer festazas e tirar a casa pola ventana. Eu creo que se esta perdendo a antiga esencia, esa de imos facer unha festa para troulear. Agora a xente vai a festa so se estan as superorquestazas, e vai ainda encima mirar para elas. Pois eu case prefiro un grupiño humilde, que a xente non teña nada que mirar e desfrute charlando, bailando, o pegando brincos.

Que conste que eu antes, tamen preferia as orquestazas, porque tamen se pasa ben. Sobre todo cando es novo, e podes briquear diante delas ata as tantas, pero co tempo daste de conta de que o que che venden todas é o mesmo, e que o que estan a facer é machacar as pequechas.

Iso en canto a orquestas. En canto a bandas por sorte, ainda se seguen respetando algo a sua presencia, ou polo menos na miña vila si; porque supoño que dependera da zona.

E as atraccións, iso si que depende do diñeiral que teñas...pero cada día as cousas son mais caras.

A min tocoume un ano na comisión, e alí daste de conta da cantidade de pasta que fai falla.

Eva dijo...

Lavidaaa, quedoume un pouco longo o comentario, perdoa, a próxima intentarei resumir un pouquiño.

aopedofarelo dijo...

Pobre de mi....remataron as festas é non tgeño donde ir.

Oh," sempre quedarà Paris", como dixo Humpery Bogar, na pelicula Casablanca... cando Lauren Bacal, o abandoa no aviòn no que escapa da guerra .

De calquera xeito estaràs dacordo conmigo en que as festas as fan a xente.....E como ti mesmo me dixeches:
En tanto que haya alguien que crea en una idea, la idea vive.....
Un beso David.

Sibyla dijo...

La verdad es que en las fiestas de cualquier pueblo, lo importante es que haya una gran afluencia de gente, para divertirse y pasárselo bien.

Aunque piensa que más vale eso que nada!

Un abrazo:)

Suso Lista dijo...

As festas ainda están empezando, non desesperes.

paideleo dijo...

Os bós momentos fainos a boa compaña e non as grandes festas.
Parece que este ano non desfrutaches muitos pero xa haberá outras ocasións.

L&M dijo...

a última imagem é o principio dum novo destino, uma nova festa...

Thiago dijo...

CAri, creo que la foto de "os feirantes recollendo" está mal titulada: yo dirír "os feirantes xa recolleron" no? pq no se ve ni uno... ¡Y eso que a veces hay alguno bueno!

Cari, yo esto de las fiestas de pueblo no las acabo de entender, pq antes que no había tele, ni carreteras ni coches pues las fiestas eran un motivo de jolgorio, pero ahora que los jovenes van todos los findes a una discoteca, y se ve en la tele "Rock in Rio" que atractivo tiene ver a las orquestas aunque sea la "Pari de Noya" o la "Panorama" jajaajaj Digo estas poq me acuerdo del verano, que alli por Coruña son las mas famosas y hay como una rivalidad o pique entre ellas.


Bueno, el caso es que la gente lo pase bien..

Bezos.

Irene dijo...

y la comida? no dices nada de la comida... eso siempre atrae turistas

saludos bilbainos :)

Anónimo dijo...

BEN PODIA DURAR MAIS...