martes, 26 de agosto de 2008

Contamos convosco?

Como dixen na entrada anterior, vou falar acerca da cea dos candís, unha das festas máis fermosas e interesantes que se celebran aquí en Agolada.
A mencionada festa celébrase dende hai pouco tempo, de feito, este é o cuarto ano, e inialmente estaba dentro da programación dos " Encontros nos Pendellos" pero debido ó seu gran éxito, celébrase por separado dende hai pouco despois.
Pero bueno, non vou tratar sobre a historia desta celebración, aínda que me gustaría engadir que está organiza e dirixida pola Asociación Amigos dos Pendellos.
Pois ben, os festexos consisten en que á noitiña, reunímonos todos no recinto dos Pendellos e apáganse as luces de xeito que todo queda iluminado polos candís e as candeas creándose un ambiente precioso que se aprobeita para cear.
Durante a cea, tamén haberá actuacións musicais dunha charanga e un grupo de música tradicional (Bico da Balouta).
Xeralmente a comida corre por conta dos habitantes da vila, de feito, cada familia trae o seu propio alimento, pero bueno, se vos animades non vos teríades que preocupar por nada, xa que a organización non tería problema en invitarvos, simplemente avisádeme, aínda que sexa unhas horas antes, da igual se é por comentario ou por e-mail (dautrera49{arroba}gmail.com), ou incluso, aínda que non avisedes, simplemente localizádeme e punto.
Ademais, se vos animades uns cantos blogueiros, podemos facer entre nós unha especie de quedada, xa que tan só en Agolada somos catro (Dany, Manolo, Ánxel e eu), así que tentade vir, asegúrovos que nos divertiremos e pasaremos unnha noite inesquecible.

13 comentarios:

d´Agolada dijo...

Carlos, se precisas máis información ou queres falar conmigo persoalmente, diríxete ó meu correo, contestareiche o máis pronto posible.
Ogallá poidades vir.
Saúdos
Poñería fotos, pero por agora non dispoño delas, sintoo.

Mar e Lúa dijo...

Anda que non o pasades ben nin nada por aí! Outra vez coincide que estou fóra de Galiza, veño moi de cando en cando, pero aínda así moitas gracias pola invitación.

Xa teño ganas de pasarme un día por unha desas que montades!

Unha aperta e que vos divirtades moito!

Eva dijo...

Fantástica festa ou iso aparenta. Eu non podo ir, pero a ver se me coincide algunha festa das vosas con que estea en Galicia e me poida acercar a saudarvos.

Susi (Val de Sangorza) dijo...

Non che coñecia eu esa festa en Agolada. Pero mira que me coincide mal. Todolos fins de semana estou no voso Concello e esta me me quedo en Vigo (son as Festas do meu pobo natal Valladares) vades vos e montades Festa. Sinto de verdade non estar ahí. Espero que para a semana nos contes que tal e publiques fotos. Que vos divirtades moito.

eNmEiGaDa dijo...

A verdade é que parece que todas as festas coinciden xuntas... aquí son as do Cristo... e bueno... hai de todo...

Sibyla dijo...

Hola! Pasaba a dejarte un abrazo.

Que os lo paséis muy bien en las fiestas!

Hasta pronto:)

A zanfonista dijo...

Mira se me deixan vou ir tocar. Xa veremos. Se me deixan chámote. De acordo? Bicos.

Carlos Sousa dijo...

Vai ser un pouco dificil que poida ir, non só depende de mín.
Si o final vou, xa te avisarei antes, ou buscot por ahí.
Que o pasedes ben, xa contarás.

jordicine dijo...

Pues pinta bien la fiesta. A disfrutarla!

desde el chalet dijo...

ola, canto tempo. Nesa festa o sábado pasámolo moi ben

paidovento dijo...

A idea dos candís soa fenomenal. Igual cha copio.

BIRA dijo...

Qué ganas me han entrado de perderme en Agolada con vostedes!! Esas peazo empanadas gallegas, ese pulpo a feira, ummm, babeo sólo de pensarlo.

Me encantaría acompañaros, pero va a ser que no. Me pilla algo lejos. Espero, eso sí, que os lo paseis genial!

Besos

Abejitas dijo...

Qué ganas de fiesta entran.

Besitos de miel