martes, 9 de septiembre de 2008

A cea dos candís... algo máxico

Bueno, en primeiro lugar tedes que perdoarme polo retraso, posto que da cea xa hai uns cantos días, pero bueno, estes días non sei como me apaño pero casi non teño tempo para nada, de calquera xeito, máis vale tarde ca nunca.
Todo comezou á noitiña, en canto o sol comezou a ocultarse, pouco a pouco os participantes comezamos a achegarnos ó recinto dos Pendellos, ata xuntarnos alí máis de 50 persoas. Inauguraron a cea a Charanga Infantil e o grupo Bico da Balouta cunhas pezas musicais, pero semellaba que había máis ganas de cear que de escoitar música, porque de seguido empezamos a comer. Familias enteiras xuntas arredor dos mostradores dos Pendellos, unidos pola amizade baixo as luces dos candís e velas que lle daban ó ambiente un toque de romanticismo especial.
Tras comer, empezaron as actuacións, volveron tocar a charanga e Bico da Baluota e despois deixáronse os micrófonos abertos a todo aquel que quixo contar un chiste, cantar unha canción ou simplemente decir unhas palabras, ademais, neses últimos intres da velada, animáronse moitos dos rapaces da charanga a cantar, facendo que moitos sorrisos afloraran polos beizos dos máis maiores. Sen dúbida unha noite irrepetible, foi algo especial.
As fotos póñoas despois

8 comentarios:

jordicine dijo...

Me alegro de que lo pasaras tan bien. Cuéntanos algún chiste, va! Un saludo.

Eva dijo...

Que envexa. Seguro que foi unha noite incrible. É unha pena non estar máis cerca para ir.

Manuel L. Rodrigues dijo...

moitos blogs hai desde Agolada. Será preciso coñecer esa terra, en todo caso.

Unha aperta desde o límite da terra.

eNmEiGaDa dijo...

Debeu de ser unha noite incrible! estamos a espera das fotos! ;)

Cuspedepita dijo...

Seguro que foi unha noite especial nun lugar moi especial e coa hospitalaria xente que sodes :-) Mágoa non poder estar alá.
Unha aperta

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Rarita dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
d´Agolada dijo...

Anonimo e Rarita, borro os vosos comentarios por non ter nada que ver co tema desta entrada. Comentarios dese tipo ó mail por favor.
Un saudo e grazas pola vosa visita.