martes, 26 de agosto de 2008

Volver...

Buff, que pereza voltar a escribir, semella que o síndrome postvacacional afecta tamén á actividade blogueira, pero bueno, iban sendo horas de que voltase ó teclado un mes despois de deixalo, aínda que fora parcialmente, xa vin que a maioría de vós seguistes a visitarme en Tertulias para Perogrullos, polo que vos estou moi agradecido.
Pois isto era todo, só quería comentarvos que d´Agolada volve estar de novo aberto, aínda que supoño que publicarei menos, que o novo blogo me rouba moito tempo.
Só unha cousiña máis, en breve publicarei outra entrada falando da cea dos candís, unha das festas máis bonitas que se celebra aquí, en Agolada, e na que me gustaría participarades, así que xa sabedes, se este sábado (día 30) non tedes plan, vide por Agolada e disfrutaredes dunha noite moi especial, ademais de coñecerme a mín e ó resto dos blogueiros agolenses. Por se vos animades e non podedes esperar á entrada ou simplemente queredes falar conmigo persoalmente, xa sabedes que non tedes máis que escribirme a esta dirección: dautrera49(arroba)gmail.com
Agárdovos.

10 comentarios:

eNmEiGaDa dijo...

polo que me comentaches sobre a festa, xa che dixen que me parecía unha tradición moi bonita a verdade! ;)

Eva dijo...

A festa pillame un pouco lonxe, máis quixera eu que ir de festa... aínda que soa moi ben iso da cea dos candís. Ben podías facer unha reportaxe, e non so escrita senon tamén gráfica.

Por outra parte, aledome que volvas escribir en galego...non sabes canto.

Carlos Becerra dijo...

Amigo David...

Que bo se puidese aistir á festa do teu pobo, o ano e medio que vivi en Vigo fun a moitas festas locais e próximas e é que en Galicia fan unhas festas moi fermosas.

Moi contento de ver que outra vez estas por a túa cibercasa galega.

Un agarimo.

CarlosHugoBecerra.

Veca dijo...

Eu xa che enviei un mail, graziñas por acordarte de min, pero será, case con toda seguridade, outro ano porque esta vez está un pouco complicado o tema........

HADEX dijo...

Moitas grazas pero non podo ir, teño que traballar coma sempre. Pero en canto poida, e vaia pola túa terra, avísote.
Bicos e grazas outra vez pola túa amabilidade.

Carlos Sousa dijo...

Teño que ver si a familia se anima a ir, podías comentar un pouquiño de que vai a festa, si o comentaches algunha vez non me enterei.

Un saúdo.

paideleo dijo...

Non ten mala pinta a cea dos candís pero non vou que hai outros compromisos.

BIRA dijo...

Así que era el día 30??? Estoy más perdida que un pulpo en un garaje. Entonces... cómo fue todo? No hay fotos?? Vengaaaaaaaaa, no seas tacaño!!

Más besos!!
Ahora me voy a tu otra casa, que la tengo manga por hombro. Chau, pescau!

Pau dijo...

Xa contaras como foi ese evento. Ten pinta de ser divertidisimo

Anónimo dijo...

3Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... coto argentina - coto argentina - coto argentina - coto argentina - tarjeta exito en colombia