sábado, 27 de diciembre de 2008

Un ano, 365 días

Pois si amig@s, xa hai un aniño que levo metido nisto dos blogs, a verdade é que o tempo pasa tan rápido que semella que foi onte cando comecei con esta bitácora, sen embargo, xa van 365 días.
Creei este blogue o 27 de decembro do pasado ano, pouco máis que tirado nun futón en Santiago de Compostela, nunha noite máis que aburrida. Daquela apenas tiña idea de como navegar por Internet e moito menos de como ía esto dos blogs, pero máis ou menos fun apañando e nun par de horas de traballo tiña o blog ben montado, aínda que a primeira entrada non a publicase ate varíos días despois.
Sinceramente, nunca imaxinei que me chegase a gustar demasiado escribir nun blog, así, sen saber se alguén te ía ler, sen recibir nada a cambio, de feito, teño claro de que de non ser por aqueles primeriros comentarios de meu pai, de Chousa da Alcandra, da Zanfonista e de Fada Branca, non creo que pasase das 10 entradas, en cambio, animado polo "éxito" que supuxeron para min eses comentarios, e, en certo modo, presionado polo meu amigo Dani, pasei de 3 entradas en xaneiro a 14 en marzo e algo así pasou cos comentarios e co contador de visitas, que sen eu decatarme multiplicáronse. O resto xa o coñecedes, comecei a publicar entradas regularmente, coñecinvos a moitos de vós na Xuntanza e, en fin, pasei moi bos momentos grazas a este blogue, como cando recibín o primeiro premio, que ilusión me fixo jajaja.
Bueno, mellor remato xa que me estou poñendo morriñento, tan só quería agradecervos a todos os que me listes nalgún momento o voso apoio, especialmente ós catro que nomei antes e ó meu amigo Dani, que se non fose tan bocazas e me metese o gusanillo do blog, xamais tería pasado tas bos momentos como os que pasei diante do monitor.
Non sei se se notou ó longo da entrada, pero esta especie de biografía, ademais de celebrar o meu primeiro ano de blogueiro, serve tamén para despedirme deste blogue, definitivamente, non creo que volte a publicar máis aquí, aínda que nunca se sabe, a vida da moitas voltas, eu dende logo, deixo a porta aberta.
De calquera xeito, xa sabedes que sigo en : Tertulias para Perogrullos, que aínda que non me divirte tanto como escribir aquí, teño a porta aberta a moita máis xente, de feito, se vos fixades, dentro da páxina oficial de blogger e ides ó apartado de blogs importantes, aí o tendes, entre os máis selectos, aínda que non entendo como o puideron escoller habendo blogs moito mellores e interesantes.
Unha aperta a todos, como non me gustan as despedidas, deixámolo nun ata logo.

10 comentarios:

A zanfonista dijo...

Bueno, pero de momento, eu deixareiche comentarios no outro blog, claro está que antes teño que ter algo d etempo. mOITOS BICOS.

paideleo dijo...

Pois ata logo e que teñas un feliz 2009.

Bagoas insomnes dijo...

felis anonove!
e ata pronte!
Un pracer coñecerte neste ano q xa remata!

Markesa Merteuil dijo...

E que o que ten éxito ten éxito. Noraboa, wapo.

abueloscrisytoño dijo...

!Feliz 2009!!

Aldabra dijo...

pois cheguei a tempo de felicitarche.

e que acordeime hoxe de ti... ¿viche onte Doctor Mateo?... rín moito... supoño que seguirás sendo amigo das series (algunhas) ¿ou non?

bicos,

Mónica Pérez dijo...

Hola,

perdón por poner esto aquí, puede borrarlo una vez leído.

Solo quería que supiera de la existencia del directorio de blogs directorio-de-blogs.net, donde usted puede dar a conocer su blog totalmente gratis.

Saludos,
Mónica

Anónimo dijo...

borraches o meu comentario sobre a zanfonista e¿?
pois amor amor emais amor para vosrapaces e sabes k ma tes k presentar a esa tal anaaa....

Abejitas dijo...

Feliz añito en el blog

Abejitas dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.