lunes, 20 de octubre de 2008

De obras

En Agolada semella que a maioría dos veciños se puxeron de acordo para empezar a facer obras nas suás casas e propiedades, porque a metade da vila se atopa circundada por vallas de construcción, e mesmo, nunha desas obras se instalou unha grúa, o que ven sendo algo bastante inusual neste pobo.
As obras veñen sendo por cambios de tellados, canalóns... e mesmo se está a tirar unha casa completamente, aínda que por agora se está respetando a fachada.
Polo menos semella que a crise non afecta demasiado ós agolenses, ou visto doutro xeito, si, porque tamén se podería dar o feito de que mentres antes comprábamos propiedades noutros lugares, agora conformámonos con reparar o que temos, en fin... que menos mal que as obras non cadran moi preto da miña casiña e podo durmir tranquilo.
En fin, espero que rematen pronto, que a verdade é que as obras molestan bastante.

11 comentarios:

Bea dijo...

obras... pois por aquí non hai moitas a verdade... ;)

paideleo dijo...

Pois a ver se safades da crise.

Markesa Merteuil dijo...

Outro modo de velo é a reestruturación das empresas. Antes as pequenas compañías actuaban como subcontratadas das grandes construtoras e desatendían os máis. De feito, cando eu merquei vivenda, pensei en mercar unha casiña e rehabilitar, pero deseguida me dixeron que non se me ocurrira... que estaría esperando anos a que algún pequeno construtor quedara libre para facer a miña obra. Agora, por fin, comezan a atender as nosas demandas. Antes esperaban que en lugar de reparar, apostásemos por un traslado a unha vivenda que nin ule a cantería do país, nin a tella propia de aquí.

Non é que non haxa crise, e que, para afrontala, están facendo o que durante anos se negaron a facer, e máis tendo en conta que con iso fomentaban a precariedade dos asalariados e... todo iso redundaba nunha menor calidade de vida dos seus empregados e nunha menor confortabilidade dos usuarios das novas vivendas que, lexos de ser a panacea, déixannos escoitar máis preto que nunca as vidas alleas. E non me lío máis que me quento e... non son horas... Muacks.

Carlos Sousa dijo...

Estou de acordo có derradeiro comentario, agora hai que agarrar todolos choios que caian, sean bós ou malos.

Un saúdo.

Raposo dijo...

Polo menos algo móvese; eso xa é importante.

Cuspedepita dijo...

Algo tamén é porque ven o inverno, e hai que ter as casas preparadas para a choiva e o frío.

Apertas

Eva dijo...

Bueno, pois alédome de que nos lles afecte tanto a crise. Inda que tamén cabe ter en conta que para restauracións dispóñense certas subvencións, co cal non sería tanto a desembolsar.

Lapis-vermello dijo...

Si, eu tamen teño as obras de R e molestan moitísimo. E que a min extrésanme.

LM dijo...

nom o digades mui alto que logo se trasladam ai todos os afectados pela crise e comezam os de fadesa a fazer casas :-)
beijos

A.Tapadinhas dijo...

É bom saber que as pessoas sabem tratar do que lhes pertence e não deixam o seu património degradar-se.
António

Grace dijo...

Hi, I was just blog hopping. I found your blog from another blogger friend, too. You got a nice one.
Be safe always... :)