miércoles, 18 de junio de 2008

A voltas coas lampreas.

Pois sí, aquí en Agolada seguimos a voltas coas lampreas. Moitos de vós, lembraredes que xa tratei sobre este tema alá polo mes de abril, cando comezou este extraño (non sei moi ben como calificalo) fenómeno.
Resulta que polo mes xa mencionado, comezaron a aparecer troitas marcadas con dentelladas de lamprea e incluso chegouse a atrapar a algún destes escorredizos peixes no encoro de Portodemouros, algo teoricamente imposible, xa que a lamprea non pode habitar nun encoro, sen comunicación co mar, tendo en conta que é unha especie subacuática que nace no río, emigra ó mar e volve a desovar ó lugar no que naceu antes de morrer, é dicir, ten un ciclo vital semellante ó do salmón que é máis coñecido.
Daquela, aínda que se barallaba tamén a opción da evolución (algo que xa ocorreu nalgúns lagos de América), é dicir, a adaptación do ciclo de vida por parte das lampreas, a hipótese da solta das lampreas era a que semellaba máis clara, pero dous meses despois dos primeiros achazgos, esta teoría desmorónase e, por que non, imponse a da evolución. Saberémolo proximamente en canto remate o séu estudio Fernando Cobo, profesor da USC, o encargado das investigacións.
A foto pertence á asociación Río Furelos.



13 comentarios:

Sibyla dijo...

Pues vaya con estos extraños animalitos...
Esperaremos a que esos estudios del profesor Fernando Cobo dé sus resultados, y sabremos de dónde han aparecido.

Pobres truchas!

Un abrazo majete!

A zanfonista dijo...

Pois q raro, non? A min ese bichiños non me fan mota gracia. Bicos.

Pedro Ojeda Escudero. dijo...

No lo conocía, así que te agradezco la información. Raro, es muy raro.

Thiago dijo...

Cari, que interesante...! Esto demuestra que tb en una aldea pequeña pueden pasar cosas interesantes y misteriosas...

Bezos

Zeltia dijo...

Vaia! que historia!
se a colle un periódico ben sensacionalista aínda pode chegar a serie de tv!!
As lampreas son ésas que... e que as confundo coas anguilas. E que eu sonche mais de bichos de terra.

Frida dijo...

Xa contarás cómo foi a evolución, parece a teoría máis lóxica, tendo en conta tódolos cambios que se están producindo a velocidade de relámpago.

Veca dijo...

A min é que as lampreas danme moitisimo asco.

eNmEiGaDa dijo...

Portodemouros... bonito lugar!! Dame un poco de ``noxo'' por dicilo dalgún xeito a foto... tamén é curioso que eses bechos chegasen ó embalse...

Un bico! e xa nos contarás..

abueloscrisytoño dijo...

Todo un misterio.

nestor dijo...

Dime si has podiso solucionar el problema para localizar la radio en internet???? avisame cuando vas a escuchar asi te saludo desde el programa.

un abrazo

Luna dijo...

Hola!!!

Y yo que me pasaba a hacerte una visitilla y me encuentro esa foto :S No sé si la palabra es asco o grima. Pobres truchas...

Un saludo

L&M dijo...

impresionante!!!!!

Cuspedepita dijo...

Si que é unha cousa ben rara que haxa lampreas habendo o encoro, xa informarás do resultado do estudo.
De todas maneiras estaría ben recuperar unha especie que parecía desaparecida do río ¿verdade?