viernes, 27 de junio de 2008

O verán.

A verdade é que escribo con bastante retraso, demasiado diría eu, o verán xa empezou hai varios días, pero como se adoita dicir; mellor tarde que nunca.

Pois si, como xa dixen, chegou o verán, dende o meu punto de vista a mellor época do ano, por fin comeza a facer calor, (si, a diferencia do que opinan no telexornal de Antena3, en Galiza tamén loce o sol de cando en cando) deixa de chover, pillo vacacións, (sen dubidalo, o mellor) podo ir á praia... e un feixe de cousas máis que todos vos podedes imaxinar, tampouco é cuestión é que vos conte o meu "planning" veraniego, pero tamén para Agolada é unha boa época, xa que comeza a interminable tempada de festas, a poboación aumenta considerablemente grazas ós emigrantes, ábrense outros servizos como a piscina municipal, (creo que aquí teño outro post, xa vos contarei) e outra serie de cousas semellantes, aínda que tampouco vos creades que a situación cambia moito respecto ó inverno, máis ben todo o contrario.
Pois o dito, deséxovos un feliz verán a tod@s, ogallá o pasedes moi ben.
Por certo, volvendo á entrada anterior, vendo os vosos comentarios, moi numerosos, por certo, creo que tedes razón, o nome teño que decidilo eu, aínda que si que é certo que me gustaría ter algunha idea máis, en fin, grazas por opinar, en breve vos contarei a miña decisión.

A foto é de flickr.



13 comentarios:

Veca dijo...

Creo que xa liches o meu post sobre o verán, asi que xa sabes a miña opinión sobre esta estación do ano :S

Que o pases ben!

chimeneaverde dijo...

Yo en breve estaré disfrutándolo... que ganas!!!!!!!
saludos

paidovento dijo...

O mellor do verán son as vacacións. O peor, a calor, sen dúbida.

JESUS y ENCARNA dijo...

De nuevo...
Bueno,llegue tarde, como habras podido comprobar en tu anterior Post, pero me ratifico a lo anteriormente dicho.
Aqui en este post, tenemos una muestra de las oportunidades que podran surgir, en estas vacaciones.
En el fondo, en un "pobo", como este todo el mundo se conoce. Aqui en esta Barcelona, solo nos conocemos unos cuantos, las noticias sean buenas o malas, son para todos igual....
Que disfrutes mucho en estas vacaciones, pero no bajes la guardia....
Saludos.
Jesus

Fini dijo...

Creo que este fin de semana son fiestas ahi, sino recuerdo mal, el San Pedro así que de pequeña siempre lo tengo como el pistoletazo de todas las romerías que vienen a continuación. Feliz Verano

HADEX dijo...

Pásao moi ben logo no verán. A min tócame currar ata setembro....e aquí seguirei...Moitos bicos!!

eNmEiGaDa dijo...

O verán!! que boa época!!! praia, actuacións, saír cos amigos, sol, calorciño, paseos... o peor... ter que estudar para setembro... :P

Un bico ;)

Pau dijo...

Pois que disfrutes do verán

Fada Branca dijo...

HOLAS HOLAS,
Eu creo que non debes de deixar esta dirección , segue ca mesma, é a que coñece a tua xente. O que si se queres facerlle un lavado de cara, un novo nome unha nova orientación pareceme moi ben, se queres axúdote , xa sabes onde estou. escrebeme o correo.

CRIS dijo...

FELIZ VERANO!!!!
la foto preciosa de verdad.. me encanta..

Thiago dijo...

Bueno, ves? creo que todos estamos de acuerdo en que te "abras"... de criterios, jajajaa No de otra cosa, jaja

Bezos

Aldabra dijo...

desexóte tamén a tí que pases un bó verán.

bicos,
Aldabra

p.d.: disculpa o meu galego, non teño moita costume e de seguro cometerei moitos erros.

abueloscrisytoño dijo...

Feliz verán