Agolada é unha pequena vila situada no centro de Galiza, na provincia de Pontevedra e na comarca do Deza. Esta vila é a ``capital´´ do concello co mesmo nome que apenas sobrepasa os 3000 habitantes e baixando. Aínda que a vila en si mesma non está mal comunicada por estrada si o están moitas das difererentes parroquias e aldeas ( o concello ten 24) que poblan o mapa deste recuncho de Galiza. Non contamos con ADSL de xeito que manter este Blog máis ou menos ó día vaime custar moito, pero en fin... aquí estou. En calquera caso vou deixar de queixarme, a iso , se podo, xa lle adicarei outra entrada e voume centrar en contarvos algo máis sobre Agolada que para iso estou aquí.
O concello conta con innumerables lugares de gran beleza paisaxística natural e cun gran número de mostras de arte humano, tanto de orixe prehistórico (mámoas, petroglifos, castros...) como de orixe posterior como as numerosas pontes que atravesan os nosos ríos, os pazos, as construccións tradicionais... e especialmente, os Pendellos. Sobre estes teño que dicir que son unhas construcciós graníticas levadas a cabo durante o século XVIII utilizadas nas feiras e como aspecto máis curioso e destacable que son únicos neste país. En canto á vila d´Agolada teño que destacar os xa mencionados Pendellos e as ferias.

Xa para rematar, só teño que engadir que a pesar de que esta entrada teña máis ben certo tón crítico, o certo é que Agolada é un lugar moi fermoso digno de ver, cuidar e respetar.
A imaxe é dos Pendellos (Agolada).
0 comentarios:
Publicar un comentario