domingo, 13 de julio de 2008

Visitando Agolada

Lembrades que no post anterior, falaba sobre os amigos blogueiros, pois ben, hoxe veu por Agolada un deses amigos, ou mellor dito amiga blogueira, Araceli, ou Fada Branca como se chama no blog, que aproveitando que é natural de A Coruña e que se atopaba de vacacacións nesa cidade veu persoalmente a coñecer Agolada.
A verdade é que lamentablemente non puiden estar moito tempo con ela xa que este finde non estiven en Agolada e cheguei tarde, pero o importante e que puíden coñecela e pasar un pouco tempo con ela, bueno, con ela, e con outros blogueiros d´Agolada e de Lalín que nos achegamos a coñecela.
Eu, nisto de coñecer blogueiros xa teño certa experiencia xa que na Xuntanza nos coñecimos moitos dos que día a día nos visitamos cibernéticamente, pero igualmente segue a ser unha experiencia moi interesante e que vos recomendo a todos, xa que todos nos paramos algunha vez a imaxinar como será tal blogueiro e despois comprobar se nos equivocamos ou pola contra acertamos, realmente merece a pena.
Como xa dixen, cheguei tarde, pero polo que me contaron, levarona á visitar os Pendellos, o Castro Marcelín e déronlle unha volta pola vila, mágoa non ter estado, outra vez será.
De paso aprobeito para facer unha pouca publicidade é dicirvos que podedes vir cando queirades coñecer esta vila, dende logo, guías non vos han faltar.



sábado, 12 de julio de 2008

Amigos

Segundo Gabriel García Márquez, "un amigo é aquel que te colle da man é che toca o corazón", pois ben, isto, aplicado á blogosfera sería algo así como: "un amigo é aquel que con só mover o rato che toca o corazón".
A maioría dos que levamos certo tempo nisto dos blogs, temos algún que outro amigo/a que nos visita sempre que publicamos e co que nós facemos o mesmo, en ocasións incluso o coñecíamos e non o sabíamos (a min pasoume), noutras decidimos coñecernos (a xuntanza), ímonos coñecer (un día destes vai vir por Agolada fada branca), falamos polo msn de cando en cando, ou simplemente xa nos coñecíamos e eramos amigos antes.
Un dos meus últimos amigos nisto dos blogs é Iago ou thiago, como se autodenomina este galego emigrado a Madrid, e dende que din con el haberá mes e pico, non deixou de visitarme e de apoiarme coas súas opinións e sentido do humor, incluso chegou a darme un premio. Por todo iso, porque mo pediu e porque quero que el me de a mín o seu propio premio (que morro teño ás veces) doulle os premios quetepiqueunpollo e o premioalmásriquiño, este último co permiso de Veca, posto que non me nominou senón que nolo entregou a todos os que o quixemos. Así que Iago, xa sabes, velaquí tes os teus premios.
Como sempre que falo de premios, xa sabedes que podedes collelos, aínda que á maioría xa lle din o primeiro da outra vez, ó mellor non tedes o de Veca.


Esta entrada está adicada a todos os blogueiros e blogueiras que adicades todos os días parte do voso tempo a visitar os blogs dos demais, grazas a tod@s.



jueves, 10 de julio de 2008

Erase un día con sono

Hoxe erguinme cun sono horroroso, non me refiro a un pesadelo, senón a que estou moi cansado, de feito dende que empecei o post haberá un par de minutos xa levo tres ou catro bostezos, en fin, é o que ten deitarse tarde e durmir mal, iso está clarísimo.
Pois non sei se será por eso, polo tempo inestable que temos aquí en Agolada ou simplemente porque non ocurriu nada que contar, pero o feito é que non se me ocurre sobre que publicar.
É certo que teño unha lista de entradas interminable que me gustaría escribir, pero aparte de que son posts longos e pesados, non me apetece nada neste momento analizar o funcionamente administrativo d´Agolada, o nacionalismo nesta vila, comentarvos algo sobre algunha das asociacións culturais que temos... así por adiantarvos algo do que poderedes ver proximamente, todo o contrario, hoxe quería un tema sinxelo no que non tivese que pensar moito, é porque non dicilo, que non me levase demasiado tempo a ver se deitándome un anaco a ver a tele me desaparecía esta sensación tan desagradable que me inutiliza tanto mental como fisicamente.
Sinto esta especie de parón, pero non son capaz de escribir nada máis, teredes que desculparme, aínda que así ó tonto xa escribín o post de hoxe.
Por certo, as fotos son unha mostra do que sae en google se introducides no buscador a palabra bostezo, hai cada cousa.
Vólvovos lembrar que tedes a enquisa sobre o nome da miña nova bitácora na barra lateral aínda que xa que esta entrada pouco ten que comentar podes opinar no formulario de comentarios, conto convosco.

martes, 8 de julio de 2008

Por fin, abriron as piscinas!

Bueno, hoxe estou que me salo de... tal vez, felicidade, por fin, e tras unha serie de conflictos que só destacarían polo seu absurdo e falla de previsión por parte do concello, hoxe por fin puidemos desfrutar das nosas piscinas.

O conflicto que menciono antes, é dicir que as piscinas abriron cun retraso de 7 días segundo a data que viña sendo habitual (1 de xullo) e que o propio concello daba como de apertura na súa propia páxina web a data do 24 de xuño. Polo visto, este retraso foi debido a que unha das piscinas ten unha fuga (aínda que non o podo asegurar, creo que segue sen reparar) e a que ó concello "esqueceulle" pasar o control de sanidade obrigatorio para que se concedan as licenzas de apertura a este tipo de establecementos, sen dúbida unha auténtica vergoña posto que estas infraestructuras están en desuso todo o ano, so se abren no verán, o que da idea da falla de previsión e o aprecio que amosan dende a administración local polos seus cidadáns e pola xente que se atopa de vacacións na vila, que especialmente xóvenes, non son poucos.
En fin, non sei de que me estrano, aínda que o máis importante é iso, que podemos utilizar este marabilloso servizo dunha vez por todas, porque a verdade é que as piscinas d´Agolada están moi ben xa que son moi grandes e non están conxestionadas a diferenza das das vilas colindantes.

Por favor opinade na enquisa ou decídeme mediante un comentario que nome vos gusta máis para o meu futuro blog.



domingo, 6 de julio de 2008

Novo premio e algo máis

Dende o blog de Iago, chégame un novo premio, o Weblog 2008, premio que por outra parte xa recibira, pero que me sigue facendo igualmente ilusión recibir, sobre todo tendo en conta do pedazo blog do que ven. A verdade é que aínda que esto dos premios entre blogs, empeza a ser algo demasiado común, polo menos para o meu gusto; xa que hoxe en día todos ou case todos recibimos un premio e moitos incluso fixeron o seu propio, pero de calquera xeito, o feito de que outro blogueiro se lembre de ti á hora de conceder un premio, é algo especial que che fai sentir que continuar co blogue merece a pena, polo que, grazas Iago.
No seu post, este blogueiro, que como el di, non da moito o perfil do meu visitante, ou tal vez si, quen sabe?, escribiu o seguinte para nomearme, que a verdade fíxome graza, por eso volo copio aquí, xa me diredes que pensades vós deste blog.
El blog D’Agolada, un blog sencillo de alguien al que el pueblo se le empieza a quedar pequeño.
Ahh, e en canto ó premio, podedes collelo todos os que queirades, desta vez non vou poñer nomes, sinto romper a cadea, eso si, a ver se o colledes uns sete como mínimo para non romper esa cadea, as normas póñovolas máis abaixo.
Bueno, e deixando de lado o do premio, do blog de Iago tróixenme tamén esta imaxe que poñerei en breve en substitución da de Pekin na barra lateral co fin de protestar contra a medida abusiva e inxusta da UE de facernos traballar 65 horas á semana, que dende o meu punto de vista é unha auténtica animalada, así que xa sabedes, copiar e pegar.
Velaquí vos deixo as bases do premio:

Bases do premio (Premio brillante Weblog):
  • Ó recibir o premio, hai que escribir unha entrada mostrando o mesmo e hai que citar o nome do blog ou web que cho regala e enlazalo ó post dese blog ou web que te nomea gañador.
  • Elixir un mínimo se sete blogs (poden ser máis) que cres que brilan pola súa temática e / ou deseño. Escribir os nomes e os enlaces a eles e avisalos de que foron premiados co premio "Brillante Weblog" (deixarlles un comentario é unha boa opción).
  • Opcional. Exhibir o premio con orgullo no teu blog facendo enlace ó post que ti escribes sobre el.

jueves, 3 de julio de 2008

Agolada dende o espazo.

Hoxe quérovos ensinar unha imaxe d´Agolada, pero non unha imaxe calquera, senón a imaxe d´Agolada dende o espazo, máis concretamente dende o satélite que utiliza google maps.
A verdade é que a imaxe non é tan clara como me gustaría, pero para facerse unha idea do que é este municipio e as súas parroquias é suficiente. Podedes acercar e alonxar a imaxe ó voso gusto, xa me contaredes que vos pareceu.



Ver mapa más grande


miércoles, 2 de julio de 2008

Rematou a festa.

Pois si amigos blogueiros, o San Pedro rematou onte, ou mellor dito, esta madrugada. Tras tres días de festa, a vila comeza a recuperar a normalidade. A verdade é que as festas resultaron ser moi pouco interesantes, polo menos dende o meu punto de vista, posto que a asistencia de xente foi moi baixa, non lembraba tan pouco xente nun San Pedro, de feito, segundo dicían os máis vellos, nunca houbera tan pouca xente, é máis tendo en conta que o tempo acompañounos, en fin, un desastre. Como ía dicindo a asistencia de xente foi moi baixa, as orquestas non resultaron ser moi boas aínda que cumpriron e os outros tipos de actuacións típicos deste tipo de festas foron moi escasas aínda que bastante aceptables.
En total contamos coa actuación de tres bandas, catro orquestas, un grupo de percusión, xogos infantís, unha obra de teatro e varios partidos de futbol sala.
A pesares de todo, estes "problemas" non impediron que a xente o pasara ben e se divertise, que a fin de contas, é o verdadeiro obxetivo dunha festa.
Bueno, velaquí vos deixo unhas fotos das festas, sinto só ter unha da noite, pero é que non levei a cámara.
O partido de fútbol sala.
A banda Solúa
Os xogos infantís na rúa.
A obra de teatro.
As atraccións de feira.
Os feirantes recollendo.



domingo, 29 de junio de 2008

Chegou o San Pedro.

Pois si amigos, como todos os anos por estas datas, aquí en Agolada celebramos o San Pedro, a nosa festa, de feito, xa só quedan dous días (onte foi o primeiro).

Como xa dixen anteriormente, tampouco é cuestión quedar como un hipócrita, eu non son partidario deste tipo de actos, de feito non me gustan demasiado, aínda que si que teño que recoñecer que estas celebracións teñen un lugar asegurado na miña axenda, ben sexa porque é inevitable non participar nun acto que se leva a cabo diante da túa residencia ou por non perder o costume, que sei eu.... De calquera xeito, as festas deste ano son, directamente, un desastre (inicialmente puxen outra palabra), e iso que xa non tiñan o listón moi alto anteriormente. Ata tal punto chegou a, como chamarlle, tal vez, falta de previsión, que ata hai pouco non se sabía se ía haber a mencionada festa, os orzamentos son un desastre e o número de actos, actuacións... irrisorio.
Desta vez non sei se a culpa desta calamidade a ten o concello, os veciños que somos moi tacaños, a crise ou todo un pouco, en calquer caso, gustaríame agradercelle á comisión de festas o esforzo realizado, xa que, a pesares de todas as dificultades posibles, fixeron todo o posible, para que polo menos, teñamos festa, grazas.



viernes, 27 de junio de 2008

O verán.

A verdade é que escribo con bastante retraso, demasiado diría eu, o verán xa empezou hai varios días, pero como se adoita dicir; mellor tarde que nunca.

Pois si, como xa dixen, chegou o verán, dende o meu punto de vista a mellor época do ano, por fin comeza a facer calor, (si, a diferencia do que opinan no telexornal de Antena3, en Galiza tamén loce o sol de cando en cando) deixa de chover, pillo vacacións, (sen dubidalo, o mellor) podo ir á praia... e un feixe de cousas máis que todos vos podedes imaxinar, tampouco é cuestión é que vos conte o meu "planning" veraniego, pero tamén para Agolada é unha boa época, xa que comeza a interminable tempada de festas, a poboación aumenta considerablemente grazas ós emigrantes, ábrense outros servizos como a piscina municipal, (creo que aquí teño outro post, xa vos contarei) e outra serie de cousas semellantes, aínda que tampouco vos creades que a situación cambia moito respecto ó inverno, máis ben todo o contrario.
Pois o dito, deséxovos un feliz verán a tod@s, ogallá o pasedes moi ben.
Por certo, volvendo á entrada anterior, vendo os vosos comentarios, moi numerosos, por certo, creo que tedes razón, o nome teño que decidilo eu, aínda que si que é certo que me gustaría ter algunha idea máis, en fin, grazas por opinar, en breve vos contarei a miña decisión.

A foto é de flickr.



martes, 24 de junio de 2008

O principio do fin?

Supoño que o título xa vos daría mala espiña ou polo menos vos faría pensar se pasa algo malo ou algunha cousa polo estilo, pois en rigor non, polo menos nada demasiado malo, simplemente, quería contarvos que estou pensando en deixar esta bitácora e comezar unha nova cunha orientación diferente e nas que tratarei outros temas máis globais, non só referidos á Agolada como veño tentando facer ata agora.
A verdade é que de tanto ver algúns dos vosos blogues, estoume decatando de que o meu non é demasiado atractivo, incluso para min mesmo, polo que me gustaría, collendo un pouco de todos, crear un novo blog, no que trate outros temas dos moitos que me interesan. A verdade é que todo esto igual non é máis ca unha fantasía pasaxeira, ou igual é algo máis e d´Agolada ten os seus días contados, pero de calquera xeito, para o meu posible futuro blog, necesito un nome, a verdade é que estaba pensando nalgo como: penso, logo existo, vivindo o futuro, millenium, sen futuro e sen un duro... non sei, algo orixinal ou divertido, pero excepto; penso, logo existo, os outros nomes non me convencen o máis mínimo, polo que preciso da vosa axuda para atopar un nome que realmente me guste por se me decido a facer o cambio, por favor, axudádeme decíndome nomes, cantos máis mellor, ó mellor o meu futuro blog leva un deses nomes.

Ademais, aquí vos deixo as fotos da noite do San Xoán, a verdade é que o pasasmos moi ben, o malo foi que non houbo moita xente. As primeiras son durante a sardiñada e o resto, da fogueira e de como a saltaron os máis valentes.







lunes, 23 de junio de 2008

O San Xoán e a Asociación Lucerna.

23 de xuño, hoxe é o San Xoán, unha das numerosas festas que se celebran aquí, en Agolada, aínda que neste caso, a esta festa celebrarase tamén en outras aldeas como Val, pero xa vos contarei despois.
Pois ben, como todos os anos por estas datas, celebramos o San Xoán cunha sardiñada nos Pendellos, música, xente, sardiñas, viño... toda unha festa, tal vez unha das máis concorridas das que celebramos nesta vila. Sen ningunha dúbida, toda unha oportunidade para desfrutar e pasalo ben todos xuntos.

Pero como ben dixen antes, esta festa celébrase en Val, onde o acto de semellantes características ó d´Agolada foi organizado pola Asociación Lucerna, e digo foi, porque nesta pequena aldea, a sardiñada levouse a cabo o sábado 21 posto que como a maioría dos pertercentes a esta asociación viven fóra, asistir a unha festa un luns resultaríalles imposible, algo que tamén debería ter tido en conta o Concello d´Agolada xa que aquí a xente tamén traballa, pero en fin, aquí ninguén pensa nunca nada. Pois o dito, semella que o San Xoán goza de gran éxito neste concello, agárdovos esta noite nos Pendellos.
A foto é do San Xoán deste ano, na próxima entrada contareivos como foi todo.



viernes, 20 de junio de 2008

Elos, todo un blogue.


Elo: "Cada unha das partes dunha cadea". Blog comunitario do Blogomillo, no que todos os autores comparten algo. A última e a derradeira frase de cada post.

Esta é frase que da entrada ó blog Elos, un espazo único de opinión, xurdido hai case un ano, pero que nos últimos tempos, atópase en crise de publicacións. O blogue en cuestión, é colectivo e podese escribir sobre todo tipo de temas cunha soa condición, comenzar ca derradeira frase do último post. Cando o descobrín, a verdade é que me pareceu un sistema boísimo e moi divertido para escribir, polo que me apuntei de contado, aínda que ó final, non publiquei demasiado, tamén teño que recoñecelo. Sen dúbida, é unha auténtica mágoa que este tipo de blogs tan prometedores ao principio, remate dunha forma tan escura, pero en fin, todo o que hai na rede é pasaxeiro, iso sabémolo todos.
De calquera xeito, voltemos ó verdadeiro obxetivo deste post, revitalizar o blog-xuntanza, outro espazo que non ten ningunha pinta de recuperarse se non facemos nada, xa que dende que pasou a xuntanza, ninguén, eu incluído, voltou mostrar ningún tipo de interese por el, sobre todo ultimamente. Pois ben, eu quería propoñervos a todos os blogueiros que fustes á Xuntanza e incluso a outros que non foron, importar o "modelo Elos" para o noso blogue, é dicir, que cada un de nós se comprometa a escribir un número de entradas determinado cada certo tempo utilizando para iso a última frase da entrada anterior co fin de a nosa bitácora non morra e incluso para que se sigan a organizar máis xuntanzas dende ahí, ademais de darlle un rumbo á nosa bitácora. A mín paréceme boa idea, e a vós? Por favor, comentádeme o que pensades desta iniciativa que en breve teredes publicada tamén no blog-xuntanza.
Por certo, se vos gusta Elos, tamén podedes apuntarvos, máis información aquí.

Velaquí vos deixo a última entrada que publiquei en Elos, creo que non me quedou mal.


Eurocristifraga.
Vaia cousa, iso é o que penso eu que é a Eurocopa, unha cousa moi molesta e incómoda que só serve para amargarnos, por non dicir outra cousas, a parrilla de televisión. Os telexornais non falan doutra cousa, as portadas dos xornais están colapsadas, todo o mundo fala do mesmo... menudo coñazo! Aínda por riba, como á selección española vaille relativamente ben, todo o mundo vai e ilusiónase, como se fose tanta cousa que eses tíos estén en cuartos, en fin, que se lle vai facer. A ver se perden dunha vez e a xente recupera un pouco a cordura que boa falla fai. Outro tema que trae tolos ós periodistas e á sociedade en xeral, é a fichaxe de Cristiano Ronaldo, sí o portugués este tan famoso que últimamente temos ata na sopa, o mesmo que quere fichar o Madrid, que o Manchester non quere vender e que el mesmo non sei que quere, porque non se decide nin de coña. Disque vale noventa millóns, eu dende logo non os pago por el nin por ninguén, bueno, por alguén si, polo señor Fraga Iribarne que co activo que anda ultimamente ben os vale, mañá por exemplo, ten unha intervención no cogreso popular, haberá que ver que paridas di, eu dende logo espero a súa intervención con moito entusiasmo, esta noite case non durmín pensando en que mañá o ía ver tatexando catro perogrulladas que iso sí, causarán sensación. Ese home si que vale os noventa millóns e non Crisitiano Ronaldo. Que afortunados fomos por telo máis de vinte anos amargándonos a existencia.