Pois si amigos, como todos os anos por estas datas, aquí en Agolada celebramos o San Pedro, a nosa festa, de feito, xa só quedan dous días (onte foi o primeiro).
Como xa dixen anteriormente, tampouco é cuestión quedar como un hipócrita, eu non son partidario deste tipo de actos, de feito non me gustan demasiado, aínda que si que teño que recoñecer que estas celebracións teñen un lugar asegurado na miña axenda, ben sexa porque é inevitable non participar nun acto que se leva a cabo diante da túa residencia ou por non perder o costume, que sei eu.... De calquera xeito, as festas deste ano son, directamente, un desastre (inicialmente puxen outra palabra), e iso que xa non tiñan o listón moi alto anteriormente. Ata tal punto chegou a, como chamarlle, tal vez, falta de previsión, que ata hai pouco non se sabía se ía haber a mencionada festa, os orzamentos son un desastre e o número de actos, actuacións... irrisorio.
Desta vez non sei se a culpa desta calamidade a ten o concello, os veciños que somos moi tacaños, a crise ou todo un pouco, en calquer caso, gustaríame agradercelle á comisión de festas o esforzo realizado, xa que, a pesares de todas as dificultades posibles, fixeron todo o posible, para que polo menos, teñamos festa, grazas.
12 comentarios:
¿mas fiestas? jo no está nada mal, eh! ya quisiera yo que se celebrara algo por aqui... pero nada o casi..
pasarlo bien
Espero que disfrutes das festas, aínda que sexan un pouco xustiñas, como ti dis...
Iso que comentabas dos orzamentos está a pasar en moitos pobos de toda Galiza, é unha pena que as festas de moitos lugares estean a piques de desaparecer... Coñezo varios casos nos que sobreviven gracias a un esforzo impresionante dos da Comisión...
En todo caso, que as disfrutedes :)
penso que iso está a pasar en todas partes, polo menos en uns cantos concellos da terra da miña avoa pasa eso mesmo, en fin, a crise?????bicos
Bueno, lo importante es que donde estan 3 amigos y unas ganas de divertirse siempre hay unas fiestas...!
Pásalo bien, ¡bezos!
Por aquí remataron onte as festas de san pedro... aínda que onte máis cedo que de costume... sempre tocaban as orqestras ata as catro pero onte remataron duas horas antes! un bico
Si. Xa nos vimos na festa. A pena foi que non me quedara o Domingo tamén. Bicos.
¡Buenas fiestas! Disfruta, que no vuelven hasta dentro de un año.
Te he dado el premio porque te lo mereces, pq eres muy valiente visitando mi blog y pq tienes mucho merito y sacas oro de tus experiencias en un pueblo pequeño, pq representas el joven español medio que no vive en una gran ciudad... bueno, por todo eso y pq me da la gana, claro, jajajaa
Bezos.
As festas no seu sentido mais tradicional están esmorecendo ano tras ano, sobre todo nos pobos pequenos.
Xa o dicía Bob Dylan que estivo estes días por Vigo: "os tempos están cambiando".
As festas dos santos populares, mal ou bem, com mais ou menos dinheiro sempre se hão-de realizar. Basta juntar três conterrâneos, pão, vinho e música...
Abraço.
António
No lo decía por nada, pq el mío no es el tipo de blog que sueles leer no? y que no te importa que tus amigos de tu pueblo tan peque vean con quien te "ajuntas" jajaaj
Bezos
Bonjorno, dagolada.blogspot.com!
[url=http://cialisdkee.pun.pl/ ]Acquistare cialis [/url] [url=http://viagraycla.pun.pl/ ]Compra viagra in Italia[/url] [url=http://cialisonya.pun.pl/ ]Acquisto cialis online[/url] [url=http://viagrareta.pun.pl/ ]Acquisto viagra online[/url] [url=http://cialisybea.pun.pl/ ]Acquisto cialis online[/url] [url=http://athe.pun.pl/ ]Compra [/url]
Publicar un comentario