Pois a noticia en cuestión é que se atoparon lampreas no encoro de Portodemouros (o Concello d´Agolada limita con él), un achazgo que como dixen antes, resulta inaudito para a comunidade científica xa que nunca se dera un caso deste estilo nun encoro (ata agora só se viran casos semellantes nos Grandes Lagos de América do Norte, onde estos animais son capaces de levar a cabo o seu ciclo vital sen emigrar ó mar).
O achazgo en cuestión foi feito por un pescador que descubriu mordeduras sospeitosas nunhas troitas que pescara e avisou a un experto no tema que se encargou de organizar a pertinaz investigación e dende entón xa se capturaron varios especímenes deste peixe.
O único que queda por confirmar, é se as lampreas levan vivindo no encoro dende a súa construcción, e polo tanto foron capaces de adaptar o seu ciclo de vida, ou simplemente, tratase dunha solta feita por alguna persoa ou grupo. No caso de que a primeira opción fose certa representaría un importante avance científico, agardemos que así sexa. Quen sabe, estaremos ante un cambio evolutivo dunha das poucas especies prehistóricas que aínda coexisten con nós?
15 comentarios:
O embalse de portodemouros... eu estiven aí!!! algo que coñezo! Buf lampreas?? nunca vin unha, pero polas fotos... danme un pouco de repelus!! bicos!
BUF, QUE COUSA RARA É A LAMPREA!
VOU PASAR DE MIRAR MOITO ESTA FOTO, SE NON ESTA NOITE TEÑO INSOMNIO DE SEGURO.
PERO É ESPECIAL A NOVA, GÚSTAME!
POR CERTO, COMO DEMANDABAS XA AI NOVAS NOS MEUS INSOMNIOS.
SAUDOS E DEICA VERNOS POR ESAS TERRAS
Es muy interesante la noticia!
A ver si se descubre al final cuál es su origen.
Un abrazo!
Eu estiven en Portodemouros. Gustame o sitio. Fun no Ferry. Aínda que doi fai 2 días, Feliz cumpleanos!!! Bicos.
Oes, como te lea Rouco Varela xa podes empezar a correr que che vai faltar mundo! ¿Que é iso de cambio evolutivo? ¿E onde está a man de deus? Ai, dios te colla confesado...
Saúdos! :-)
Eu tamen lei a nova, nos xornais. E bastante extrana, e faime desconfiar da sua veracidade. Para que poidamos falar dun cambio evolutivo , com ati dis, ten que pasar a lo menos douscentos anos. No encoro de Portodemouros, non se dan as condicions necesarias para poder falar delo.....
Non sei mais ven se serà unha solta de alevins, unah fuga dlagunha piscifacroria, o un simple engano.
Quen sabe, pero eu non vexo a man de Deus, por ningures....Como din PAblo como o sepa Rouco, imos de lago, excomunion segura.
ADemais Rouco é de Cruces- creo, e pescador para mais ....
FELIZ CUMPLE
Oín por ahí que foi o teu cumpreanos hai dous días, así que, aínda que con retraso: MOI FELIZ CUMPREANOS!!!!! Un biquiño.
Nesta entrada, a verdade é que deixástesme comentarios moi interesantes; dende asombro pola noticia, ata cachondeo (por certo, bo comentario Pablo) pasando por felicitacións polo meu cumpreanos. Moitas grazas a tod@s pola visita e os vosos comentarios, e agradecemento extra a Veca e Markesa por felicitarme o cumpleanos.
O autor.
Hola Galego, un regalito "pa ti"...
Me envías unos centollos.
Saludos
Xa lin a noticia na prensa...é alucinante sen dúbida.....
Pero que "yuyu" dan eh???? je je je.
La evolución hace acto de presencia...
esto... y esas cosas... se comen??
(joer!) anyway. feliz cumple rapaz!
Pois é unha nova ben curiosa.
En Arbo foi a festa da lamprea esta fin de semana e de cada ano quedan menos no río Miño. Haberá que ver se crían nos encoros, logo !.
Publicar un comentario