miércoles, 26 de marzo de 2008

Alédome de que vos guste d´Agolada e novas enquisas.

Hai xa uns días, rematou o prazo para votar na enquisa que publiquei cando empecei con esta bitácora, que por certo fará mañá tres meses de existencia neste universo dixital que é Internet, e francamente, os resultados foron moi agradables e positivos polo menos dende o meu punto de vista. Dita enquisa, que todos podedes visualizar na barra lateral e na que votastes 26 de vós durante os dous meses e medio que estivo aberta constaba dunha pregunta ( Gústache o meu blog? ) e tres opcións para responder das que tíñades que seleccionar unha delas ( non, está ben, sí ). Os resultados foron: "non" con cero votos, "está ben" con dous votos e un sete por cento e "ben" cun noventa e dous por cento dos votos, que pasou co un por cento é un misterio jeje...
Polo tanto só podo dicir que moitas grazas a todos por ser tan positivos co meu blog e volvo repetir que me aledan moito estes resultados.
Na barra lateral poderedes ver proximamente as novas enquisas que tratarán sobre o galego e a política.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

A min gustariame tamen que falaras de costumes, lendas, contos...etc. que a xente coñece e estanse a perder, poderiades facer unha especie de recuncho das bellas historias.....na que todo o mundo virtual deste rede contara algunha.
¿Que vos parece...? O que non saiba ningunha que pregunte os avos, os veciños....etc.

abueloscrisytoño dijo...

No es una poesia,es la letra de la canción que acompaña al slide si lo conectas podras escuchar la musica, y te doy razon es toda una poesia. un abrazo A. Cris

busto.agolada dijo...

Xa vexo que te sentes animado. Eu quero darche máis ánimos aínda para que continúes nese labor de facermos pobo e país a través das palabras agradecidas á terra que nos acolle.
Unha aperta.