Construída en época medieval, no ano 970, no concello d´Agolada temos esta preciosa ponte coñecida como a Ponte dos Cabalos. Por ela pasaban hai moitos anos os feirantes cos seus carros tirados por bois que ían á feira do doce, e durante moitos anos foi unha das principais vías de comunicación deste concello. Son innumerables as lendas e anécdotas que arrodean esta ponte relacionadas con todo tipo de temas, especialmente as dos bandidos que asaltaban a estos comerciantes. Hai uns meses un animal, por chamalo dalgunha maneira, cruzou co seu tractor por riba da ponte e causoulle graves danos, pero aínda así está en bastante bo estado. Déixovos unhas imaxes dela para que a coñezades.
bueno despois non te keixes de que non che deixo comentarios, bueno xa leín o artículo é gustoume, aínda que estaría mellor se deras menos datos e falaras máis da túa opinión.A Presentación está moi ben. xao. visita o meu blog www.asbeirasdoarnego.blogspot.com, como se non souberas a dirección jeje...
É un pracer darvos a benvida a d´Agolada, o blog de Agolada sobre Agolada. Neste caderno tratarei de relatar o mellor que poida o que día tras día vai acontecendo nesta, a nosa vila. Agardo que vos guste e que disfrutedes lendo esta páxina na que con toda a miña ilusión escribo sempre que podo. Moitas grazas por visitar esta bitácora.O autor.
6 comentarios:
A verdade, oín falar desa ponte pero nunca tiven oportunidade de visitala. Bicos
See HERE
bueno despois non te keixes de que non che deixo comentarios, bueno xa leín o artículo é gustoume, aínda que estaría mellor se deras menos datos e falaras máis da túa opinión.A Presentación está moi ben. xao. visita o meu blog www.asbeirasdoarnego.blogspot.com, como se non souberas a dirección jeje...
Pois sí que me suscitaches ganas de ir vela tamén. Seguro que na primaveira ten que ser un sitio ben bonito para facer unhas fotos.
Saúdos
I can only sort of make out Portuguese via comparisons to Spanish. But the photographs are lovely.
MUITO LEGAL O SEU BLOG. ESSE ARTIGO É 10.
Publicar un comentario