martes, 8 de julio de 2008

Por fin, abriron as piscinas!

Bueno, hoxe estou que me salo de... tal vez, felicidade, por fin, e tras unha serie de conflictos que só destacarían polo seu absurdo e falla de previsión por parte do concello, hoxe por fin puidemos desfrutar das nosas piscinas.

O conflicto que menciono antes, é dicir que as piscinas abriron cun retraso de 7 días segundo a data que viña sendo habitual (1 de xullo) e que o propio concello daba como de apertura na súa propia páxina web a data do 24 de xuño. Polo visto, este retraso foi debido a que unha das piscinas ten unha fuga (aínda que non o podo asegurar, creo que segue sen reparar) e a que ó concello "esqueceulle" pasar o control de sanidade obrigatorio para que se concedan as licenzas de apertura a este tipo de establecementos, sen dúbida unha auténtica vergoña posto que estas infraestructuras están en desuso todo o ano, so se abren no verán, o que da idea da falla de previsión e o aprecio que amosan dende a administración local polos seus cidadáns e pola xente que se atopa de vacacións na vila, que especialmente xóvenes, non son poucos.
En fin, non sei de que me estrano, aínda que o máis importante é iso, que podemos utilizar este marabilloso servizo dunha vez por todas, porque a verdade é que as piscinas d´Agolada están moi ben xa que son moi grandes e non están conxestionadas a diferenza das das vilas colindantes.

Por favor opinade na enquisa ou decídeme mediante un comentario que nome vos gusta máis para o meu futuro blog.



14 comentarios:

BK dijo...

Supoño que ti e máis Dani compartichedes a inauguración, non? Ou puxechesvos de acordo?

Eu tamén prefiro a piscina á praia, polo menos nela pudo bucear, jeje, que na mar dame un pouco de asquiño.......

paideleo dijo...

Pois a gozar dela.

HADEX dijo...

Pois disfrutade, vós que podedes!! Bicos!!

Carlos Sousa dijo...

¿Haberá algún Concello previsor, e que cumpra cos prazos que se marcan?
Pois nada, a disfrutar dela, e que nos acompañe o calorcillo.

Thiago dijo...

Pues hala, vamos a darnos un bañito, jajaaj

Cari, ya me di cuenta, supongo que estás haciendo diseños para tu nuevo blog.... eso si ¡me los recorrí todos, jajaaj! Xa penso, xa non penso, noseique... jaja

bicos.

p.d. Hombre, aqui veo un comentario de Carlos sousa, pa que luego te quejes, jajaajaj

chimeneaverde dijo...

Yo aún no he ido a la piscina este verano, a ver si pronto me doy un chapuzón. saludos

CriS dijo...

Bueno, felicidades y a disfrutarlo!! Justo hoy en Madrid están de huelga los empleados de las piscinas públicas, creo que unas 60 están cerradas... Menos mal que una la tiene privada en la urbanización (lo nuestro nos cuesta mantenerla) y podré seguir a remojo... Pasarlo bien!!!

interpreta-sones dijo...

estilo mika: scissor sisters, james morrison :)

Jordicine dijo...

Pues aprovecha. Yo voy cada día por la tarde. Es la mejor manera de estar fresquito y relajado. Un abrazo.

Raposo dijo...

Pois desfruta dos chapuzóns. E que non che sorprenda a falta de previsión dos concellos: é o pan noso de cada día.

Anónimo dijo...

Non sei como vai o das piscinas municipais, pero sendo eu presidente da comunidade (temos unha pequena charca na urbanización) lembro que, aínda pedindo a autorización de sanidade no mes de abril, non viñan ata xullo a inspeccionala e dar o visto bo.

matrioska_verde dijo...

teñen moi boa pinta, desde logo...

si son sincera, non me gusta moito ningún dos nomes que escolles pero si tivera que escoller de todas todas, quédome con "non intentes entenderme"...

espero que non che pareza mal que sexa sincera...

bicos,
Aldabra

Lúa dijo...

pffffffff que mal!!!! coa falla que fan!!!!!

Pedro Ojeda Escudero dijo...

¡Ahora que están abiertas, a disfrutar de ellas!