lunes, 21 de julio de 2008

O blogoxogo segue adiante

Vendo os comentarios que tivestes a amabilidade de deixar na entrada anterior, creo que podo dicir que a idea do blogoxogo foi un éxito (por moito que teñamos un negro ou unha amiga que nos fagan os post jejeje, vai por ti Iago), agardo que o xogo tamén o sexa.

Moitos de vós, dixéstesme que non comprendíades moi ben a mecánica da actividade, a verdade é que non me lucín co post precisamente, polo que volvo explicarvos a miña idea.
Eu falo de nos apuntemos unha serie de usuarios de blogs na bitacora que vou crear e que vos desvelarei proximamente, e logo, por sorteo ou ben cada un elixindo o blog no que lle gustaría escribir nos poñemos de acordo sobre temas, idiomas a utilizar e todas as cousas que se nos ocurran, que non han ser poucas, por certo, eu propoño tema ceibe e en castelán.
Unha vez elixida a que a ser a nosa "parella", intercambiamos os correos electrónicos, escribimos a entrada e mandámoslla a esa persoa elixida co fin de que ela a publique, por suposto sen modificala e mentres nós facemos o propio ca súa.
Esta é a miña idea, pero por suposto se se vos ocurre algo máis interesante ou creedes que algún dos puntos que propoño non son moi apetecibles, estou totalmente aberto a suxerencias, de calquera xeito, xa falaremos de todo esto no novo blog cuia dirección vos comunicarei proximamente.
Os que destes a resposta afirmativa, xa vos pasarei unha clave ou algo así.



12 comentarios:

- dijo...

Boas , gracias por pasarte polo meu blog.O ano pasado visitei os Pendellos camiño de Lalín e pareceume un lugar encantador , lástima un pouco máis de protección urbanística nos seus lindeiros.Supoño que se celebrará algunha festividade na que se lles dea vida.

Con respecto ó tema do Blogxogo paréceme unha boa idea,pasareime por aquí a miudo a ver qué se coce.

Thiago dijo...

Ben, cari, eu fago o que ti me digas. Ainda non entendo ben a cousa, pero farei o que ti queiras, jajaaj

Ti emparellame e eu mandolle a quen sexa, un post que lle de en todo o ollo, jajaj


bicos.

Thiago dijo...

(perdón otra vez por mi gallego a quién pueda leerme, jaj). Bezos.

Ana dijo...

pois a esperar esa nova dirección!
¿Será que alguén quer ser mi parella?
Esperome a ver a lista dos candidatos,jeje

Bicos

★Carlos Becerra★ dijo...

Amigo:

Eu entendín todo perfectamente no teu primeiro post, e a pesar de seguir insistindo que se deban aplicar regras que esixan un nivel de calidade bo, estou alerta ás túas directivas sobre este proxecto.

Mándoche un agarimo.


Carlos Hugo Becerra


PD: para que sexa un blog universal ocórrelleme que a lingua usada fose o castelán.

★Carlos Becerra★ dijo...

Thiago:

Eu o teu galego non o entendo, sera pois o mio é moi bo.
(jajajajajaja...y ja)

CHB

BK dijo...

A ver que sae de todo isto.....

Jordicine dijo...

Pues venga, ya nos dirás algo. Un abrazo.

Forgiven Princess dijo...

Ay pequeño, no tengo mucho conocimiento de gallego, así que no sé si podré leerlo mucho. Tendré que buscar un traductor.
Un besote!

Lúa dijo...

...bueno, habrá que ver entonces, de momento es un buena idea, saludos!!!

matrioska_verde dijo...

a idea gústame e gustaríame participar... de xeito no meu blog tiña unha etiqueta para que os meus amigos (reales) que quiseran deixasen algúns post... o caso e que foron abrindo blogs e meu espazo quedou baleiro... así que espero instruciós.

bicos,
Aldabra

insomniorizar dijo...

Ala, pois si, tiven que leer a explicación do blogoxogo un par de veces, pero xa me enterei.
Apuntame, apuntame!

Xa ando a pensar q vou escribir!

esperamos a túa resposta!