domingo, 20 de julio de 2008

Blogoxogo

Pois si amigos, sinto dicirvos que a miña crise creativa continúa, ou mellor dito, continúa a monotonía en Agolada, de xeito que non teño nada novo que contarvos sobre a vila, polo que cavilando e cavilando sobre que escribir, ocurríuse que podía organizar un xogo entre blogueiros, vamos, como eu lle chamo; un blogoxogo.

A actividade que vos propoño, consistiría nun intercambio de blogs, mellor dito, nun intercambio de posts, quero dicir que dúas ou máis persoas póñense de acordo e cada unha escribe unha entrada e mándalla á outra persoa co fin de que esta se comprometa a publicala (por suposto sen ningún tipo de censura) no seu blog.
Entendo que os blogos son unha cousa moi persoal e moitos de vós non ides querer participar, compréndoo perfectamente, pero se uns poucos nos animamos, podemos pasalo ben ó tempo que melloramos as nosas amizades a través da rede, porque non sei vós, pero eu máis dunha vez desexei poder escribir nalgunha das vosas bitácoras.
A min paréceme boa idea, non sei que vos parecerá, agardo as vosas respostas, se vos animades moitos, xa me encargarei de crear outro blog onde todos poidamos comunicarnos sen dificultades e expoñer as nosas ideas para que isto siga adiante.


Animádesvos? Agardo as vosas respostas, espero sexan afirmativas.




20 comentarios:

BK dijo...

Bueno, veña, va....en principio conta conmigo, aínda que terás que explicarnos mellor como vai.....

Bea dijo...

Eu se me explicas mellor como vai pois en principio tamén. Parece ser uqe non son a única que está a apsar por unha crise creativa... a verdade é que ultimamente xa non sei nin o que contar no meu blog... Un saúdo ;)

★Carlos Becerra★ dijo...

Amigo, cuenta conmigo, la idea es muy atractiva, la única regla que seria bueno anexarle seria que los post sean realizados con la mejor predisposición y que en ellos se vea un trabajo de elaboración solido.

Te lo repito, me gusta y solo dime con quien tengo que intercambiar el post.

Un abrazo, y la gratitud por el mensaje que me dejaste en este día, "El día del amigo"

Afectuosamente.
CarlosHugoBecerra.

Thiago dijo...

CARi, parece que la gente esta dispuesta a colaborar, pero tendrás que poner unas reglas claras o algo, aja Pq para blog colectivo ya esta mi Cagarrutiblog, para colaboradora ocasional tengo a Sonia, y para que me escriban los post tengo un "negro" (que dicen los escritores, jaaj).

Pero vamos, que ¡¡Al lío!!

Bezos.

Fada Branca dijo...

Por que non, estña ben a cousa poderia sair ben, escrebenoe e conta mellor como vai a historia

Ana dijo...

Ben, conta comigo,mais o meu galego e moi malo,jeje
Agardamos as explicacións!

Bicos

LM dijo...

ummm...e para os que pertencemos ao colectivo infantil? necesitariamos umas regras específicas... beijos

Jordicine dijo...

Eso puede hacerse a través del msn, no? Si haceis algo conjunto, me apunto. Un abrazo.

Thiago dijo...

Cari, como vai a cousa?

Bicos

Anónimo dijo...

Jop no me he enterado de nada!!!

Pero buen un saludoooo

Cuspedepita dijo...

Por min non hai problema, David. Eso sí, agarda a que volva, que marcho de vacacións ;-)

Bicos

Anónimo dijo...

jajjaja no te alteres jejeje solo es el gallego que no entendí bien el texto, pero mas o menos quedé enterado!

Beso!

abueloscrisytoño dijo...

A idea é moi bonita para vós os máis novos, ¡adiante!

Lapis-vermello dijo...

Paréceme ben. Podes contar comigo. Bicos.

Dita Ciccone dijo...

veña, eu apúntome, sí sí...

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Esta crisis es sólo veraniega, ya lo verás.

Thiago dijo...

David, claro... iba a poner alli mis fotos, no? para que se acomplejen todos aquellos modelos, jajaja.


Bezos

Raquel Sabino Pereira dijo...

Excelente ideia! O problema é... FALTA DE TEMPO! (e não sei «castellán» ahaha)

Mas podemos experimentar!

(nota: por questões «profissionais» terei de ter a possibilidade de «censurar» certas partes dos teus posts, ok? Vale?)

O meu mail é o que está no Atlântico Azul:

sabino_pereira@hotmail.com


Bicos!

Thiago dijo...

Cari, quéeeee de vacaciones en la pisci o mirando si sube la Bolsa? Venga, ya estás tardando en desarrollar o blogoxogo, jaja

Bezos

Oz Vega dijo...

HOla, somos amigos comunes por Thiago...
despues de mucho tiempo debiendote la visita, por fin pude aprovecha en algo interesante un domingo...
pero no entendi nadita nadita
jajajajaajaj
el arte de aprender me tocara aplicarlo aqui!
Saludos