lunes, 17 de marzo de 2008

Xa chegou a Semana Santa

Pois si
amig@s , xa voltou chegar a Semana Santa. Esa época de celebracións relixiosas que cada vez teñen menos sentido relixioso e que ano tras ano nos fai disfrutar duns días de festa e de vacacións. Época de procesións, de actos relixiosos, de...
Aquí en Agolada como todos os anos non se celebra nada que non teña que ver estrictamente coas misas, e para iso xa grazas porque o señor cura non é precisamente unha marabilla, é dicir, non se celebran procesións, nin nada polo estilo a diferencia do que ocorre en moitas localidades tanto españolas como galegas. Isto a min persoalmente non me afecta tanto coma outros temas, posto que son bastante selectivo coas cousas nas que participo, tal vez en exceso, e o de levar un santo ás costas e ir vestido de... ( non atopo ningún simil para comparar) por fe relixiosa non é precisamente o meu estilo, especialmente o segundo. Pero como agolense, sinto profundamente que non se leven a cabo este tipo de actos, xa que aínda que eu non me animase a participar directamente estou seguro de que a máis de un lle encantaría sumarse á festa e incluso cun pouco de sorte habíamos conseguir saír nalgunha televisión e co paso do tempo converter a nosa Semana Santa nun acto cultural interesante que atraese xente, polo menos, dos arredores. Si, soñar é posible, pero cos dirixentes políticos incapaces de ter algún tipo de iniciativa ou de levala a cabo se lla proporcionan que temos en Agolada esto será un sono, un sono polo menos ata que as cousas cambien, a pregunta é: Cambiarán?
Por certo as fotos son de Sevilla.

5 comentarios:

Raquel Sabino Pereira dijo...

Que lindas fotografias, adorei a primeira!!!

BK dijo...

Moi boas, eu non son católica, así que a Semana santa non me interesa moito, ainda que recoñezo que hai precesións bonitas.
Con respeto ao teu comentario no meu blog, eu compreille o piso a unha promotora, e esta contartou á constructora. Xa sei que algúns dos meus cartos van dar a OHL, pero aínda que non esté dacordo con certas cousas, a única perxudicada sería eu, porque non iba a encontrar un piso como este en outro sitio. E é moi bonito o ter ideais, pero os que sempre salen perdendo somos os cidadáns. Os que teñen que facer algo e non o fan son os que están moito máis arriba ca n´s (moito máis). Bicos.

Fada Branca dijo...

Aida que ande enleada ultimamente coas miñas cousas ando sempre a espreitar nos blogues.BICOS

nestor dijo...

Hola...un verdadero gusto conocerte a través de este mágico mundo de la blogosfera e internet.

¿Cuántos habitantes tiene Agolada? me encantan las historias de los pueblos pequeños...

Yo vivo en la ciudad de Santa Fe, Argentina, que tiene mas o menos medio millón de habitantes y es la capital de la provincia homónima, pero soy nacido y criado en un pueblito del norte de esta provincia que en la actualidad tiene un poquito mas de 2000 hab.

Si puedes observar mis entradas anteriores te encontraras con un poco de mi historia y seguro te sorprenderas con algún texto, especialmente un homenaje a mi abuelo materno que fue emigrante español. Nació y vivió hasta los 15 años en Villalpando, provincia de Zamora, muy cerca de la provincia de Pontevedra.

Es una materia pendiente para mi conocer personalmenmte ese lugar muy caro a mis sentimientos porque un pedazo de mi origen está ahí.

Te cuento que tengo contactos con otros muy calidos bloggers de Galicia: vigo, Santiago de Compostela,etc...

Espero sigamos en contácto y asi conocernos a través de nuestras historias contadas y de nuestros pueblos que son un poco la cultura viviente de ambos países.

Muy buena la música de la radio en tu blog...al respecto te cuento que las historias que cuento en mi blog también lo hacemos en la radio de la universidad de mi ciudad que es una de las dos radios mas importantes de Santa Fe.
El programa se llama: "Historias de pueblos olvidados" y está desde la medianoche de los viernes hasta las dos de la mañana con una importante audiencia.

La dirección de la radio en internet la podrás encontrar en una de mis entradas anteriores pues hay una foto con mis compañeros en el estudio.

bueno...escribi demasiado, espero no cansarte. Hasta la proxima.
un abarzo

Ana dijo...

Lo siento,la semana santa no me va nada.Lo veo muy tétrico.
Que la disfrutes.

Bicos