viernes, 25 de enero de 2008

E seguimos sen ADSL

Xa estamos no 2008, e outro ano máis, aquí, en Agolada seguimos sen contar cun servizo tan básico como o ADSL. Esta situación fai que algo tan sinxelo como enviar un e-mail ou mesmo escribir catro cousas neste caderno se faga eterno ¡ se ata rima e todo ! e xa non falemos de baixar nada, eso xa o damos por imposible.
Mentres tanto, os gobernos municipal, provincial, autonómico e nacional non fan nada por mellorar esta situación, eso sí, despois ben que saen nos xornais decindo que somos un dos países europeos con maior consumo de Internet, que temos unha alta porcentaxe de usuarios de banda ancha e unha serie case interminable de despropósitos polo estilo. Non sei a vós (os meus lectores) o que vos parece todo isto pero a mín só me produce vergoña e indignación por contar con semellante clase política aínda que vendo o que pasou onte en Italia, ó mellor teño que reconsiderar esto último.

Por favor escribide comentarios coas vosas opinións sobre este tema.

jueves, 10 de enero de 2008

Rematou o Nadal

Outro ano máis podemos decir que rematou o Nadal, é dicir que se acabaron as ceas e comidas coa familia e amigos, os días festivos ou as vacacións dos máis afortunados, os anuncios de colonias e xoquetes, o suposto bo ambiente que nos invade durante esas datas e moitas cousas máis, algunhas boas e outras non tanto. Dese tempo xa só nos quedan as lembranzas e no meu caso tamén as fotografías como as que mostro abaixo de como estaba Agolada nesas datas e da cabalgata do día de Reis.

jueves, 3 de enero de 2008

Agolada

Agolada é unha pequena vila situada no centro de Galiza, na provincia de Pontevedra e na comarca do Deza. Esta vila é a ``capital´´ do concello co mesmo nome que apenas sobrepasa os 3000 habitantes e baixando. Aínda que a vila en si mesma non está mal comunicada por estrada si o están moitas das difererentes parroquias e aldeas ( o concello ten 24) que poblan o mapa deste recuncho de Galiza. Non contamos con ADSL de xeito que manter este Blog máis ou menos ó día vaime custar moito, pero en fin... aquí estou. En calquera caso vou deixar de queixarme, a iso , se podo, xa lle adicarei outra entrada e voume centrar en contarvos algo máis sobre Agolada que para iso estou aquí.

O concello conta con innumerables lugares de gran beleza paisaxística natural e cun gran número de mostras de arte humano, tanto de orixe prehistórico (mámoas, petroglifos, castros...) como de orixe posterior como as numer
osas pontes que atravesan os nosos ríos, os pazos, as construccións tradicionais... e especialmente, os Pendellos. Sobre estes teño que dicir que son unhas construcciós graníticas levadas a cabo durante o século XVIII utilizadas nas feiras e como aspecto máis curioso e destacable que son únicos neste país. En canto á vila d´Agolada teño que destacar os xa mencionados Pendellos e as ferias.

Xa para rematar, só teño que engadir que a pesar de que esta entrada teña máis ben certo tón crítico, o certo é que Agolada é un lugar moi fermoso digno de ver, cuidar e respetar.
A imaxe é dos Pendellos (Agolada).