sábado, 27 de diciembre de 2008

Un ano, 365 días

Pois si amig@s, xa hai un aniño que levo metido nisto dos blogs, a verdade é que o tempo pasa tan rápido que semella que foi onte cando comecei con esta bitácora, sen embargo, xa van 365 días.
Creei este blogue o 27 de decembro do pasado ano, pouco máis que tirado nun futón en Santiago de Compostela, nunha noite máis que aburrida. Daquela apenas tiña idea de como navegar por Internet e moito menos de como ía esto dos blogs, pero máis ou menos fun apañando e nun par de horas de traballo tiña o blog ben montado, aínda que a primeira entrada non a publicase ate varíos días despois.
Sinceramente, nunca imaxinei que me chegase a gustar demasiado escribir nun blog, así, sen saber se alguén te ía ler, sen recibir nada a cambio, de feito, teño claro de que de non ser por aqueles primeriros comentarios de meu pai, de Chousa da Alcandra, da Zanfonista e de Fada Branca, non creo que pasase das 10 entradas, en cambio, animado polo "éxito" que supuxeron para min eses comentarios, e, en certo modo, presionado polo meu amigo Dani, pasei de 3 entradas en xaneiro a 14 en marzo e algo así pasou cos comentarios e co contador de visitas, que sen eu decatarme multiplicáronse. O resto xa o coñecedes, comecei a publicar entradas regularmente, coñecinvos a moitos de vós na Xuntanza e, en fin, pasei moi bos momentos grazas a este blogue, como cando recibín o primeiro premio, que ilusión me fixo jajaja.
Bueno, mellor remato xa que me estou poñendo morriñento, tan só quería agradecervos a todos os que me listes nalgún momento o voso apoio, especialmente ós catro que nomei antes e ó meu amigo Dani, que se non fose tan bocazas e me metese o gusanillo do blog, xamais tería pasado tas bos momentos como os que pasei diante do monitor.
Non sei se se notou ó longo da entrada, pero esta especie de biografía, ademais de celebrar o meu primeiro ano de blogueiro, serve tamén para despedirme deste blogue, definitivamente, non creo que volte a publicar máis aquí, aínda que nunca se sabe, a vida da moitas voltas, eu dende logo, deixo a porta aberta.
De calquera xeito, xa sabedes que sigo en : Tertulias para Perogrullos, que aínda que non me divirte tanto como escribir aquí, teño a porta aberta a moita máis xente, de feito, se vos fixades, dentro da páxina oficial de blogger e ides ó apartado de blogs importantes, aí o tendes, entre os máis selectos, aínda que non entendo como o puideron escoller habendo blogs moito mellores e interesantes.
Unha aperta a todos, como non me gustan as despedidas, deixámolo nun ata logo.

lunes, 20 de octubre de 2008

De obras

En Agolada semella que a maioría dos veciños se puxeron de acordo para empezar a facer obras nas suás casas e propiedades, porque a metade da vila se atopa circundada por vallas de construcción, e mesmo, nunha desas obras se instalou unha grúa, o que ven sendo algo bastante inusual neste pobo.
As obras veñen sendo por cambios de tellados, canalóns... e mesmo se está a tirar unha casa completamente, aínda que por agora se está respetando a fachada.
Polo menos semella que a crise non afecta demasiado ós agolenses, ou visto doutro xeito, si, porque tamén se podería dar o feito de que mentres antes comprábamos propiedades noutros lugares, agora conformámonos con reparar o que temos, en fin... que menos mal que as obras non cadran moi preto da miña casiña e podo durmir tranquilo.
En fin, espero que rematen pronto, que a verdade é que as obras molestan bastante.

domingo, 14 de septiembre de 2008

O tempo pasa e pasa


Semella que o tempo pasa moi rápido aquí en Agolada, os días pasan e pasan sen descanso sen que nada novo ocurra, de feito, excepto un par de grúas operando, todo está máis ou menos igual que antes de empezar o verán, e incluso como antes de comezalo, pero o feito é que o tempo pasa e pasa, e a moi bo ritmo ademáis, de feito eu diría que demasiado, xa que está a piques de empezar o outono cando aínda semella que foi onte cando empezou o verán.
O certo é que non quero que acabe o verán, gústame o calor e todas as actividades que este che permite facer, como ir á piscina, instalacións que, por certo, levan xa preto de dúas semanas pechadas, iso sen contar que a maioría dos días estiveron inutilizadas por mor do mal tempo que predominou este verán, que non sei que opinaredes vós, pero foi realmente horroroso.
En fin, é o que temos, o tempo pasa e pasa e seguirá pasando ata o fin dos tempos.
Por certo, perdoade por non ter postas as fotos da cea dos candís, pero aínda non as descaguei.

martes, 9 de septiembre de 2008

A cea dos candís... algo máxico

Bueno, en primeiro lugar tedes que perdoarme polo retraso, posto que da cea xa hai uns cantos días, pero bueno, estes días non sei como me apaño pero casi non teño tempo para nada, de calquera xeito, máis vale tarde ca nunca.
Todo comezou á noitiña, en canto o sol comezou a ocultarse, pouco a pouco os participantes comezamos a achegarnos ó recinto dos Pendellos, ata xuntarnos alí máis de 50 persoas. Inauguraron a cea a Charanga Infantil e o grupo Bico da Balouta cunhas pezas musicais, pero semellaba que había máis ganas de cear que de escoitar música, porque de seguido empezamos a comer. Familias enteiras xuntas arredor dos mostradores dos Pendellos, unidos pola amizade baixo as luces dos candís e velas que lle daban ó ambiente un toque de romanticismo especial.
Tras comer, empezaron as actuacións, volveron tocar a charanga e Bico da Baluota e despois deixáronse os micrófonos abertos a todo aquel que quixo contar un chiste, cantar unha canción ou simplemente decir unhas palabras, ademais, neses últimos intres da velada, animáronse moitos dos rapaces da charanga a cantar, facendo que moitos sorrisos afloraran polos beizos dos máis maiores. Sen dúbida unha noite irrepetible, foi algo especial.
As fotos póñoas despois

martes, 26 de agosto de 2008

Contamos convosco?

Como dixen na entrada anterior, vou falar acerca da cea dos candís, unha das festas máis fermosas e interesantes que se celebran aquí en Agolada.
A mencionada festa celébrase dende hai pouco tempo, de feito, este é o cuarto ano, e inialmente estaba dentro da programación dos " Encontros nos Pendellos" pero debido ó seu gran éxito, celébrase por separado dende hai pouco despois.
Pero bueno, non vou tratar sobre a historia desta celebración, aínda que me gustaría engadir que está organiza e dirixida pola Asociación Amigos dos Pendellos.
Pois ben, os festexos consisten en que á noitiña, reunímonos todos no recinto dos Pendellos e apáganse as luces de xeito que todo queda iluminado polos candís e as candeas creándose un ambiente precioso que se aprobeita para cear.
Durante a cea, tamén haberá actuacións musicais dunha charanga e un grupo de música tradicional (Bico da Balouta).
Xeralmente a comida corre por conta dos habitantes da vila, de feito, cada familia trae o seu propio alimento, pero bueno, se vos animades non vos teríades que preocupar por nada, xa que a organización non tería problema en invitarvos, simplemente avisádeme, aínda que sexa unhas horas antes, da igual se é por comentario ou por e-mail (dautrera49{arroba}gmail.com), ou incluso, aínda que non avisedes, simplemente localizádeme e punto.
Ademais, se vos animades uns cantos blogueiros, podemos facer entre nós unha especie de quedada, xa que tan só en Agolada somos catro (Dany, Manolo, Ánxel e eu), así que tentade vir, asegúrovos que nos divertiremos e pasaremos unnha noite inesquecible.

Volver...

Buff, que pereza voltar a escribir, semella que o síndrome postvacacional afecta tamén á actividade blogueira, pero bueno, iban sendo horas de que voltase ó teclado un mes despois de deixalo, aínda que fora parcialmente, xa vin que a maioría de vós seguistes a visitarme en Tertulias para Perogrullos, polo que vos estou moi agradecido.
Pois isto era todo, só quería comentarvos que d´Agolada volve estar de novo aberto, aínda que supoño que publicarei menos, que o novo blogo me rouba moito tempo.
Só unha cousiña máis, en breve publicarei outra entrada falando da cea dos candís, unha das festas máis bonitas que se celebra aquí, en Agolada, e na que me gustaría participarades, así que xa sabedes, se este sábado (día 30) non tedes plan, vide por Agolada e disfrutaredes dunha noite moi especial, ademais de coñecerme a mín e ó resto dos blogueiros agolenses. Por se vos animades e non podedes esperar á entrada ou simplemente queredes falar conmigo persoalmente, xa sabedes que non tedes máis que escribirme a esta dirección: dautrera49(arroba)gmail.com
Agárdovos.

lunes, 28 de julio de 2008

Pechado por vacacións



Aparte de comentar a orixinalidade do título, creo que non teño moito máis que dicir, o mencionado título dio todo.
Resulta que dende hai uns días estou de vacacións fóra d´Agolada, por iso teño tan desatendido o blogo e ando a publicar cousas que non teñen moito que ver con esta vila e como non volvo no prazo dun mes, ata a segunda quincena de agosto, pois decidín que non ten moito sentido que siga con esta bitácora mentres, polo que, por primeira vez dende que comecei, anúnciovos que excepto algunha excepción, non publicarei nada aquí durante máis ou menos un mes. Así mesmo, tampouco visitarei os vosos blogs con este perfíl, senón que o farei co de Tertulias para Perogrullos, a miña nova bitácora.

Xa sabedes que podedes visitarme en Tertulias para perogrullos, blog no que si continuarei escribindo a pesar das vacacións.

Tertulias para perogrullos

E aprobeito tamén para comunicarvos a dirección do blogoxogo que tamén intentarei manter actualizado e que segue adiante a pesares do meu "parón":

Blogoxogo



miércoles, 23 de julio de 2008

Meu novo blogo

Hai xa tempo que viña anunciando a creación dun novo blog, de feito ata vos preguntei que opinábades sobre os nomes que pensara e incluso a algúns de vos o que pensabades sobre a plantilla e cousas así.
Pois ó final, tras dárlle voltas e máis voltas, decanteime por "tertulias para perogrullos", un dos nomes máis votados na enquisa, e que por outra parte xa me gustaba anteriormente.
Aínda que a miña idea inicial era que á vez que abría o novo blog pechar para sempre este, pero non, vou seguir cos dous a pleno rendemento, aínda que probablemente lle dé maior protagonismo ó outro, ademais, creo que vou verme obrigado a manter este inactivo durante un mes posto que estou de vacacións lonxe d´Agolada e non ten moito sentido rechealo con entradas pouco interesantes sobre outros temas que nada teñen que ver ca vila, de todas formas, xa volo confirmarei.
Bueno, e xa sen máis dilación, douvos a coñecer a nova dirección, como poderedes ver xa está todo preparado, incluido a primeira entrada, só falta que empece a pubicar.




Agardo que vos guste tanto ou máis ca este.

lunes, 21 de julio de 2008

O blogoxogo segue adiante

Vendo os comentarios que tivestes a amabilidade de deixar na entrada anterior, creo que podo dicir que a idea do blogoxogo foi un éxito (por moito que teñamos un negro ou unha amiga que nos fagan os post jejeje, vai por ti Iago), agardo que o xogo tamén o sexa.

Moitos de vós, dixéstesme que non comprendíades moi ben a mecánica da actividade, a verdade é que non me lucín co post precisamente, polo que volvo explicarvos a miña idea.
Eu falo de nos apuntemos unha serie de usuarios de blogs na bitacora que vou crear e que vos desvelarei proximamente, e logo, por sorteo ou ben cada un elixindo o blog no que lle gustaría escribir nos poñemos de acordo sobre temas, idiomas a utilizar e todas as cousas que se nos ocurran, que non han ser poucas, por certo, eu propoño tema ceibe e en castelán.
Unha vez elixida a que a ser a nosa "parella", intercambiamos os correos electrónicos, escribimos a entrada e mandámoslla a esa persoa elixida co fin de que ela a publique, por suposto sen modificala e mentres nós facemos o propio ca súa.
Esta é a miña idea, pero por suposto se se vos ocurre algo máis interesante ou creedes que algún dos puntos que propoño non son moi apetecibles, estou totalmente aberto a suxerencias, de calquera xeito, xa falaremos de todo esto no novo blog cuia dirección vos comunicarei proximamente.
Os que destes a resposta afirmativa, xa vos pasarei unha clave ou algo así.



domingo, 20 de julio de 2008

Blogoxogo

Pois si amigos, sinto dicirvos que a miña crise creativa continúa, ou mellor dito, continúa a monotonía en Agolada, de xeito que non teño nada novo que contarvos sobre a vila, polo que cavilando e cavilando sobre que escribir, ocurríuse que podía organizar un xogo entre blogueiros, vamos, como eu lle chamo; un blogoxogo.

A actividade que vos propoño, consistiría nun intercambio de blogs, mellor dito, nun intercambio de posts, quero dicir que dúas ou máis persoas póñense de acordo e cada unha escribe unha entrada e mándalla á outra persoa co fin de que esta se comprometa a publicala (por suposto sen ningún tipo de censura) no seu blog.
Entendo que os blogos son unha cousa moi persoal e moitos de vós non ides querer participar, compréndoo perfectamente, pero se uns poucos nos animamos, podemos pasalo ben ó tempo que melloramos as nosas amizades a través da rede, porque non sei vós, pero eu máis dunha vez desexei poder escribir nalgunha das vosas bitácoras.
A min paréceme boa idea, non sei que vos parecerá, agardo as vosas respostas, se vos animades moitos, xa me encargarei de crear outro blog onde todos poidamos comunicarnos sen dificultades e expoñer as nosas ideas para que isto siga adiante.


Animádesvos? Agardo as vosas respostas, espero sexan afirmativas.




miércoles, 16 de julio de 2008

Outra de premios

Parece que os astros sorrín ó meu blogue ou algo así, posto que acabo de recibir outro premio máis, ou mellor dito, un carnet blogueiro, o meu primeiro carnet blogueiro.

Este recoñecemento ven de novo do blog de Iago, do cal xa vos falei en entradas anteriores. A verdade é que faime moita ilusión ser portador deste premio posto que só 9 persoas máis o teñen, ademais de ter un diseño moi interesante. Polo que, grazas Iago por honrarme de novo deste xeito, ogallá non sexa a última.
Bueno, este premio ademais trae consigo unha serie de normas, ou mellor dito un manifesto que terei que cumplir, aínda que a verdade, algunhas das súas cláusulas parécenme algo absurdas:


MANIFIESTO PLATEADO:

1. Veo el mundo con una óptica plateada. Si no es oro todo lo que reluce, al menos será plateado, ¿o no?

2. Poseo unas zapas plateadas o me comprometo a mercar unas cuando pueda (en caso contrario Iago me dejará dar una vuelta en las suyas).

3. Acepto enlazar mi blog con el blog de Iago, con fuerza argentífica y relacionarme con todo el mundo desde del Mar del Norte hasta el Rio de la Plata cantando la excelencias de una visión plateada del mundo, sin malos rollos ni falsos oropeles.

4. Peregrinar al menos una vez en la vida por la Ruta de la Plata, platicando con todos los paisanos que salgan a tu encuentro, hasta llegar al santuario de nuestro guía espiritual plateado, nuestro admirado FelicianoTeixeiro.

5. Solicitar, conservar y publicar mi carnet de socio y no venderlo jamás por unas monedas de oro.

Perdoade por non ter traducido o manifesto ó galego, pero como este premio é intransferible, pois non o considerei necesario.



martes, 15 de julio de 2008

Unhas fotos

Hoxe, ó igual que vos contaba nunha das entradas anteriores, non me sinto con demasiadas ganas de escribir nada demasiado complexo, máis que nada porque non se me ocurre nada sobre o que publicar, aquí en Agolada, os días pasan e pasan e case nunca sucede nada que mereza a pena contar, a vida aquí é unha rutina constante, todos os días facemos o mesmo e de cando en cando aparece unha festa, acto ou pasa algo que rompe esa monótona rutina, pero como hoxe non é un deses días, vou ter que contentarme con ofrecervos unhas fotos, algo que por outra parte xa tiña pensado facer, posto que acaso non é certo que unha imaxe vale máis ca mil palabras? Agardo que vos gusten e que vos den unha imaxe máis nítida d´Agolada.











domingo, 13 de julio de 2008

Visitando Agolada

Lembrades que no post anterior, falaba sobre os amigos blogueiros, pois ben, hoxe veu por Agolada un deses amigos, ou mellor dito amiga blogueira, Araceli, ou Fada Branca como se chama no blog, que aproveitando que é natural de A Coruña e que se atopaba de vacacacións nesa cidade veu persoalmente a coñecer Agolada.
A verdade é que lamentablemente non puiden estar moito tempo con ela xa que este finde non estiven en Agolada e cheguei tarde, pero o importante e que puíden coñecela e pasar un pouco tempo con ela, bueno, con ela, e con outros blogueiros d´Agolada e de Lalín que nos achegamos a coñecela.
Eu, nisto de coñecer blogueiros xa teño certa experiencia xa que na Xuntanza nos coñecimos moitos dos que día a día nos visitamos cibernéticamente, pero igualmente segue a ser unha experiencia moi interesante e que vos recomendo a todos, xa que todos nos paramos algunha vez a imaxinar como será tal blogueiro e despois comprobar se nos equivocamos ou pola contra acertamos, realmente merece a pena.
Como xa dixen, cheguei tarde, pero polo que me contaron, levarona á visitar os Pendellos, o Castro Marcelín e déronlle unha volta pola vila, mágoa non ter estado, outra vez será.
De paso aprobeito para facer unha pouca publicidade é dicirvos que podedes vir cando queirades coñecer esta vila, dende logo, guías non vos han faltar.



sábado, 12 de julio de 2008

Amigos

Segundo Gabriel García Márquez, "un amigo é aquel que te colle da man é che toca o corazón", pois ben, isto, aplicado á blogosfera sería algo así como: "un amigo é aquel que con só mover o rato che toca o corazón".
A maioría dos que levamos certo tempo nisto dos blogs, temos algún que outro amigo/a que nos visita sempre que publicamos e co que nós facemos o mesmo, en ocasións incluso o coñecíamos e non o sabíamos (a min pasoume), noutras decidimos coñecernos (a xuntanza), ímonos coñecer (un día destes vai vir por Agolada fada branca), falamos polo msn de cando en cando, ou simplemente xa nos coñecíamos e eramos amigos antes.
Un dos meus últimos amigos nisto dos blogs é Iago ou thiago, como se autodenomina este galego emigrado a Madrid, e dende que din con el haberá mes e pico, non deixou de visitarme e de apoiarme coas súas opinións e sentido do humor, incluso chegou a darme un premio. Por todo iso, porque mo pediu e porque quero que el me de a mín o seu propio premio (que morro teño ás veces) doulle os premios quetepiqueunpollo e o premioalmásriquiño, este último co permiso de Veca, posto que non me nominou senón que nolo entregou a todos os que o quixemos. Así que Iago, xa sabes, velaquí tes os teus premios.
Como sempre que falo de premios, xa sabedes que podedes collelos, aínda que á maioría xa lle din o primeiro da outra vez, ó mellor non tedes o de Veca.


Esta entrada está adicada a todos os blogueiros e blogueiras que adicades todos os días parte do voso tempo a visitar os blogs dos demais, grazas a tod@s.



jueves, 10 de julio de 2008

Erase un día con sono

Hoxe erguinme cun sono horroroso, non me refiro a un pesadelo, senón a que estou moi cansado, de feito dende que empecei o post haberá un par de minutos xa levo tres ou catro bostezos, en fin, é o que ten deitarse tarde e durmir mal, iso está clarísimo.
Pois non sei se será por eso, polo tempo inestable que temos aquí en Agolada ou simplemente porque non ocurriu nada que contar, pero o feito é que non se me ocurre sobre que publicar.
É certo que teño unha lista de entradas interminable que me gustaría escribir, pero aparte de que son posts longos e pesados, non me apetece nada neste momento analizar o funcionamente administrativo d´Agolada, o nacionalismo nesta vila, comentarvos algo sobre algunha das asociacións culturais que temos... así por adiantarvos algo do que poderedes ver proximamente, todo o contrario, hoxe quería un tema sinxelo no que non tivese que pensar moito, é porque non dicilo, que non me levase demasiado tempo a ver se deitándome un anaco a ver a tele me desaparecía esta sensación tan desagradable que me inutiliza tanto mental como fisicamente.
Sinto esta especie de parón, pero non son capaz de escribir nada máis, teredes que desculparme, aínda que así ó tonto xa escribín o post de hoxe.
Por certo, as fotos son unha mostra do que sae en google se introducides no buscador a palabra bostezo, hai cada cousa.
Vólvovos lembrar que tedes a enquisa sobre o nome da miña nova bitácora na barra lateral aínda que xa que esta entrada pouco ten que comentar podes opinar no formulario de comentarios, conto convosco.

martes, 8 de julio de 2008

Por fin, abriron as piscinas!

Bueno, hoxe estou que me salo de... tal vez, felicidade, por fin, e tras unha serie de conflictos que só destacarían polo seu absurdo e falla de previsión por parte do concello, hoxe por fin puidemos desfrutar das nosas piscinas.

O conflicto que menciono antes, é dicir que as piscinas abriron cun retraso de 7 días segundo a data que viña sendo habitual (1 de xullo) e que o propio concello daba como de apertura na súa propia páxina web a data do 24 de xuño. Polo visto, este retraso foi debido a que unha das piscinas ten unha fuga (aínda que non o podo asegurar, creo que segue sen reparar) e a que ó concello "esqueceulle" pasar o control de sanidade obrigatorio para que se concedan as licenzas de apertura a este tipo de establecementos, sen dúbida unha auténtica vergoña posto que estas infraestructuras están en desuso todo o ano, so se abren no verán, o que da idea da falla de previsión e o aprecio que amosan dende a administración local polos seus cidadáns e pola xente que se atopa de vacacións na vila, que especialmente xóvenes, non son poucos.
En fin, non sei de que me estrano, aínda que o máis importante é iso, que podemos utilizar este marabilloso servizo dunha vez por todas, porque a verdade é que as piscinas d´Agolada están moi ben xa que son moi grandes e non están conxestionadas a diferenza das das vilas colindantes.

Por favor opinade na enquisa ou decídeme mediante un comentario que nome vos gusta máis para o meu futuro blog.



domingo, 6 de julio de 2008

Novo premio e algo máis

Dende o blog de Iago, chégame un novo premio, o Weblog 2008, premio que por outra parte xa recibira, pero que me sigue facendo igualmente ilusión recibir, sobre todo tendo en conta do pedazo blog do que ven. A verdade é que aínda que esto dos premios entre blogs, empeza a ser algo demasiado común, polo menos para o meu gusto; xa que hoxe en día todos ou case todos recibimos un premio e moitos incluso fixeron o seu propio, pero de calquera xeito, o feito de que outro blogueiro se lembre de ti á hora de conceder un premio, é algo especial que che fai sentir que continuar co blogue merece a pena, polo que, grazas Iago.
No seu post, este blogueiro, que como el di, non da moito o perfil do meu visitante, ou tal vez si, quen sabe?, escribiu o seguinte para nomearme, que a verdade fíxome graza, por eso volo copio aquí, xa me diredes que pensades vós deste blog.
El blog D’Agolada, un blog sencillo de alguien al que el pueblo se le empieza a quedar pequeño.
Ahh, e en canto ó premio, podedes collelo todos os que queirades, desta vez non vou poñer nomes, sinto romper a cadea, eso si, a ver se o colledes uns sete como mínimo para non romper esa cadea, as normas póñovolas máis abaixo.
Bueno, e deixando de lado o do premio, do blog de Iago tróixenme tamén esta imaxe que poñerei en breve en substitución da de Pekin na barra lateral co fin de protestar contra a medida abusiva e inxusta da UE de facernos traballar 65 horas á semana, que dende o meu punto de vista é unha auténtica animalada, así que xa sabedes, copiar e pegar.
Velaquí vos deixo as bases do premio:

Bases do premio (Premio brillante Weblog):
  • Ó recibir o premio, hai que escribir unha entrada mostrando o mesmo e hai que citar o nome do blog ou web que cho regala e enlazalo ó post dese blog ou web que te nomea gañador.
  • Elixir un mínimo se sete blogs (poden ser máis) que cres que brilan pola súa temática e / ou deseño. Escribir os nomes e os enlaces a eles e avisalos de que foron premiados co premio "Brillante Weblog" (deixarlles un comentario é unha boa opción).
  • Opcional. Exhibir o premio con orgullo no teu blog facendo enlace ó post que ti escribes sobre el.

jueves, 3 de julio de 2008

Agolada dende o espazo.

Hoxe quérovos ensinar unha imaxe d´Agolada, pero non unha imaxe calquera, senón a imaxe d´Agolada dende o espazo, máis concretamente dende o satélite que utiliza google maps.
A verdade é que a imaxe non é tan clara como me gustaría, pero para facerse unha idea do que é este municipio e as súas parroquias é suficiente. Podedes acercar e alonxar a imaxe ó voso gusto, xa me contaredes que vos pareceu.



Ver mapa más grande


miércoles, 2 de julio de 2008

Rematou a festa.

Pois si amigos blogueiros, o San Pedro rematou onte, ou mellor dito, esta madrugada. Tras tres días de festa, a vila comeza a recuperar a normalidade. A verdade é que as festas resultaron ser moi pouco interesantes, polo menos dende o meu punto de vista, posto que a asistencia de xente foi moi baixa, non lembraba tan pouco xente nun San Pedro, de feito, segundo dicían os máis vellos, nunca houbera tan pouca xente, é máis tendo en conta que o tempo acompañounos, en fin, un desastre. Como ía dicindo a asistencia de xente foi moi baixa, as orquestas non resultaron ser moi boas aínda que cumpriron e os outros tipos de actuacións típicos deste tipo de festas foron moi escasas aínda que bastante aceptables.
En total contamos coa actuación de tres bandas, catro orquestas, un grupo de percusión, xogos infantís, unha obra de teatro e varios partidos de futbol sala.
A pesares de todo, estes "problemas" non impediron que a xente o pasara ben e se divertise, que a fin de contas, é o verdadeiro obxetivo dunha festa.
Bueno, velaquí vos deixo unhas fotos das festas, sinto só ter unha da noite, pero é que non levei a cámara.
O partido de fútbol sala.
A banda Solúa
Os xogos infantís na rúa.
A obra de teatro.
As atraccións de feira.
Os feirantes recollendo.



domingo, 29 de junio de 2008

Chegou o San Pedro.

Pois si amigos, como todos os anos por estas datas, aquí en Agolada celebramos o San Pedro, a nosa festa, de feito, xa só quedan dous días (onte foi o primeiro).

Como xa dixen anteriormente, tampouco é cuestión quedar como un hipócrita, eu non son partidario deste tipo de actos, de feito non me gustan demasiado, aínda que si que teño que recoñecer que estas celebracións teñen un lugar asegurado na miña axenda, ben sexa porque é inevitable non participar nun acto que se leva a cabo diante da túa residencia ou por non perder o costume, que sei eu.... De calquera xeito, as festas deste ano son, directamente, un desastre (inicialmente puxen outra palabra), e iso que xa non tiñan o listón moi alto anteriormente. Ata tal punto chegou a, como chamarlle, tal vez, falta de previsión, que ata hai pouco non se sabía se ía haber a mencionada festa, os orzamentos son un desastre e o número de actos, actuacións... irrisorio.
Desta vez non sei se a culpa desta calamidade a ten o concello, os veciños que somos moi tacaños, a crise ou todo un pouco, en calquer caso, gustaríame agradercelle á comisión de festas o esforzo realizado, xa que, a pesares de todas as dificultades posibles, fixeron todo o posible, para que polo menos, teñamos festa, grazas.



viernes, 27 de junio de 2008

O verán.

A verdade é que escribo con bastante retraso, demasiado diría eu, o verán xa empezou hai varios días, pero como se adoita dicir; mellor tarde que nunca.

Pois si, como xa dixen, chegou o verán, dende o meu punto de vista a mellor época do ano, por fin comeza a facer calor, (si, a diferencia do que opinan no telexornal de Antena3, en Galiza tamén loce o sol de cando en cando) deixa de chover, pillo vacacións, (sen dubidalo, o mellor) podo ir á praia... e un feixe de cousas máis que todos vos podedes imaxinar, tampouco é cuestión é que vos conte o meu "planning" veraniego, pero tamén para Agolada é unha boa época, xa que comeza a interminable tempada de festas, a poboación aumenta considerablemente grazas ós emigrantes, ábrense outros servizos como a piscina municipal, (creo que aquí teño outro post, xa vos contarei) e outra serie de cousas semellantes, aínda que tampouco vos creades que a situación cambia moito respecto ó inverno, máis ben todo o contrario.
Pois o dito, deséxovos un feliz verán a tod@s, ogallá o pasedes moi ben.
Por certo, volvendo á entrada anterior, vendo os vosos comentarios, moi numerosos, por certo, creo que tedes razón, o nome teño que decidilo eu, aínda que si que é certo que me gustaría ter algunha idea máis, en fin, grazas por opinar, en breve vos contarei a miña decisión.

A foto é de flickr.



martes, 24 de junio de 2008

O principio do fin?

Supoño que o título xa vos daría mala espiña ou polo menos vos faría pensar se pasa algo malo ou algunha cousa polo estilo, pois en rigor non, polo menos nada demasiado malo, simplemente, quería contarvos que estou pensando en deixar esta bitácora e comezar unha nova cunha orientación diferente e nas que tratarei outros temas máis globais, non só referidos á Agolada como veño tentando facer ata agora.
A verdade é que de tanto ver algúns dos vosos blogues, estoume decatando de que o meu non é demasiado atractivo, incluso para min mesmo, polo que me gustaría, collendo un pouco de todos, crear un novo blog, no que trate outros temas dos moitos que me interesan. A verdade é que todo esto igual non é máis ca unha fantasía pasaxeira, ou igual é algo máis e d´Agolada ten os seus días contados, pero de calquera xeito, para o meu posible futuro blog, necesito un nome, a verdade é que estaba pensando nalgo como: penso, logo existo, vivindo o futuro, millenium, sen futuro e sen un duro... non sei, algo orixinal ou divertido, pero excepto; penso, logo existo, os outros nomes non me convencen o máis mínimo, polo que preciso da vosa axuda para atopar un nome que realmente me guste por se me decido a facer o cambio, por favor, axudádeme decíndome nomes, cantos máis mellor, ó mellor o meu futuro blog leva un deses nomes.

Ademais, aquí vos deixo as fotos da noite do San Xoán, a verdade é que o pasasmos moi ben, o malo foi que non houbo moita xente. As primeiras son durante a sardiñada e o resto, da fogueira e de como a saltaron os máis valentes.