domingo, 14 de septiembre de 2008

O tempo pasa e pasa


Semella que o tempo pasa moi rápido aquí en Agolada, os días pasan e pasan sen descanso sen que nada novo ocurra, de feito, excepto un par de grúas operando, todo está máis ou menos igual que antes de empezar o verán, e incluso como antes de comezalo, pero o feito é que o tempo pasa e pasa, e a moi bo ritmo ademáis, de feito eu diría que demasiado, xa que está a piques de empezar o outono cando aínda semella que foi onte cando empezou o verán.
O certo é que non quero que acabe o verán, gústame o calor e todas as actividades que este che permite facer, como ir á piscina, instalacións que, por certo, levan xa preto de dúas semanas pechadas, iso sen contar que a maioría dos días estiveron inutilizadas por mor do mal tempo que predominou este verán, que non sei que opinaredes vós, pero foi realmente horroroso.
En fin, é o que temos, o tempo pasa e pasa e seguirá pasando ata o fin dos tempos.
Por certo, perdoade por non ter postas as fotos da cea dos candís, pero aínda non as descaguei.

11 comentarios:

Jordicine dijo...

Todo a su tiempo. Descansa y hasta pronto. Un abrazo.

Lapis-vermello dijo...

Bueno non pasa nada. Pero aquí en Lalín tamén pasa o mesmo. Bicos.

Eva dijo...

Creo que este verán en Galiza foi un pouco catastrófico. Eu fun en xullo e tamén en Agosto e vin cun moreno de auga que nos vos podedes nin imaxinar. Os poucos dias bos que houbo en realidade so os puidésedes aproveitar vos, os que estades dia a dia na terra. Unha pena...pero que todo sexa por unha Galiza mais verde.

Carlos Sousa dijo...

E como pasa, e agora vennos o outono que a ver como nos ven, porque isto do tempo non hai quen o entenda.
Eu a quen temo é ó inverno.

Como dí Eva, todo sexa por unha Galiza máis verde.

Bea dijo...

vaia se non pasa o tempo... cando mellor nolo pasamos é cando máis depresa pasa...

Anónimo dijo...

sorte tes de vivir na golada e darte conta do paso do tempo.

Lúa dijo...

hom o outono tamen ten seu aquel...amais xa queda menos pra o vindeiro veran,,hehehe

nestor dijo...

no pasa nada...todo está igual.
se me ocurre que Agolada es uno de essos peublos muy parecidos al mio ylos pueblos de mis historias, por lo tranquilo, digo.
Mejor así...el stress que produce la ciudad con la muchedumbre y la contaminación ambiental es para pensarlo dos veces donde es preferible estar.

amigo, un gusto nuevamente...hacia bastante tiempo que no andaba por aqui.

un abrazo y hasta la proxima.

vermella dijo...

gran verdade a de que o tempo pasa pero o paso do verán ao outono ten moito aquel e este ano parece que con boas temperaturas.
saúdos.

Raposo dijo...

Carallo si pasa! Dicía meu avó que o tempo vai tan de presa porque non se para a falar con ninguén.
Apertas.

Fada Branca dijo...

pos a ver se pasa un pouquechiño mias, a por certo
Xa estou aqui!!!