lunes, 23 de junio de 2008

O San Xoán e a Asociación Lucerna.

23 de xuño, hoxe é o San Xoán, unha das numerosas festas que se celebran aquí, en Agolada, aínda que neste caso, a esta festa celebrarase tamén en outras aldeas como Val, pero xa vos contarei despois.
Pois ben, como todos os anos por estas datas, celebramos o San Xoán cunha sardiñada nos Pendellos, música, xente, sardiñas, viño... toda unha festa, tal vez unha das máis concorridas das que celebramos nesta vila. Sen ningunha dúbida, toda unha oportunidade para desfrutar e pasalo ben todos xuntos.

Pero como ben dixen antes, esta festa celébrase en Val, onde o acto de semellantes características ó d´Agolada foi organizado pola Asociación Lucerna, e digo foi, porque nesta pequena aldea, a sardiñada levouse a cabo o sábado 21 posto que como a maioría dos pertercentes a esta asociación viven fóra, asistir a unha festa un luns resultaríalles imposible, algo que tamén debería ter tido en conta o Concello d´Agolada xa que aquí a xente tamén traballa, pero en fin, aquí ninguén pensa nunca nada. Pois o dito, semella que o San Xoán goza de gran éxito neste concello, agárdovos esta noite nos Pendellos.
A foto é do San Xoán deste ano, na próxima entrada contareivos como foi todo.



8 comentarios:

Unknown dijo...

Pois hoxe hai que probar as sardiñas de tódalas formas, e saltar a lumeirada as sete veces. Un saúdo

BK dijo...

Como se nota que estás de vacacións eh? Que tés tempo pola mañá para publicar post e facer comentarios nos outros blogs.......jejeje

Thiago dijo...

Ay, cari es verdad... Espero que lo pases bien! Cuando aun vivia en Galicia y acababa las clases tal día como hoy ya estabamos en Cobas pasando el verano y me encantaba saltar las hogueras...

¡Es un noche que me encanta!! Noche misteriosa y magica donde las haya...

Cantos recordos da miña Galiza! Bicos

A.Tapadinhas dijo...

Por aqui festeja-se mais o Santo António, que é o santo padroeiro de Lisboa. No Montijo, concelho limítrofe do meu, festeja-se o São Pedro, porque é o padroeiro da cidade. No Porto é o São João que se festeja... Conclusão: Abaixo a crise! Sempre em festa e toca a música!
Abraço.
António

Pedro Ojeda Escudero dijo...

¡Feliz noche de San Juan!

CriS dijo...

jo y aquí mas sosos que ná que no tenemos noche de magia.. y hace mucho calor para poner la chimenea...
aquí las brujas hoy nos vamos a dormir como otra noche mas... espero algún día celebrarlo como es debido y no quemarme, claro...
PASARLO BIEN

Cuspedepita dijo...

Pasádeo ben e que vos aproveiten as sardiñas!! :-)

Bea dijo...

por aqui si que se celbra san Xoan ó grande!! un bico;=)