viernes, 20 de junio de 2008

Elos, todo un blogue.


Elo: "Cada unha das partes dunha cadea". Blog comunitario do Blogomillo, no que todos os autores comparten algo. A última e a derradeira frase de cada post.

Esta é frase que da entrada ó blog Elos, un espazo único de opinión, xurdido hai case un ano, pero que nos últimos tempos, atópase en crise de publicacións. O blogue en cuestión, é colectivo e podese escribir sobre todo tipo de temas cunha soa condición, comenzar ca derradeira frase do último post. Cando o descobrín, a verdade é que me pareceu un sistema boísimo e moi divertido para escribir, polo que me apuntei de contado, aínda que ó final, non publiquei demasiado, tamén teño que recoñecelo. Sen dúbida, é unha auténtica mágoa que este tipo de blogs tan prometedores ao principio, remate dunha forma tan escura, pero en fin, todo o que hai na rede é pasaxeiro, iso sabémolo todos.
De calquera xeito, voltemos ó verdadeiro obxetivo deste post, revitalizar o blog-xuntanza, outro espazo que non ten ningunha pinta de recuperarse se non facemos nada, xa que dende que pasou a xuntanza, ninguén, eu incluído, voltou mostrar ningún tipo de interese por el, sobre todo ultimamente. Pois ben, eu quería propoñervos a todos os blogueiros que fustes á Xuntanza e incluso a outros que non foron, importar o "modelo Elos" para o noso blogue, é dicir, que cada un de nós se comprometa a escribir un número de entradas determinado cada certo tempo utilizando para iso a última frase da entrada anterior co fin de a nosa bitácora non morra e incluso para que se sigan a organizar máis xuntanzas dende ahí, ademais de darlle un rumbo á nosa bitácora. A mín paréceme boa idea, e a vós? Por favor, comentádeme o que pensades desta iniciativa que en breve teredes publicada tamén no blog-xuntanza.
Por certo, se vos gusta Elos, tamén podedes apuntarvos, máis información aquí.

Velaquí vos deixo a última entrada que publiquei en Elos, creo que non me quedou mal.


Eurocristifraga.
Vaia cousa, iso é o que penso eu que é a Eurocopa, unha cousa moi molesta e incómoda que só serve para amargarnos, por non dicir outra cousas, a parrilla de televisión. Os telexornais non falan doutra cousa, as portadas dos xornais están colapsadas, todo o mundo fala do mesmo... menudo coñazo! Aínda por riba, como á selección española vaille relativamente ben, todo o mundo vai e ilusiónase, como se fose tanta cousa que eses tíos estén en cuartos, en fin, que se lle vai facer. A ver se perden dunha vez e a xente recupera un pouco a cordura que boa falla fai. Outro tema que trae tolos ós periodistas e á sociedade en xeral, é a fichaxe de Cristiano Ronaldo, sí o portugués este tan famoso que últimamente temos ata na sopa, o mesmo que quere fichar o Madrid, que o Manchester non quere vender e que el mesmo non sei que quere, porque non se decide nin de coña. Disque vale noventa millóns, eu dende logo non os pago por el nin por ninguén, bueno, por alguén si, polo señor Fraga Iribarne que co activo que anda ultimamente ben os vale, mañá por exemplo, ten unha intervención no cogreso popular, haberá que ver que paridas di, eu dende logo espero a súa intervención con moito entusiasmo, esta noite case non durmín pensando en que mañá o ía ver tatexando catro perogrulladas que iso sí, causarán sensación. Ese home si que vale os noventa millóns e non Crisitiano Ronaldo. Que afortunados fomos por telo máis de vinte anos amargándonos a existencia.



15 comentarios:

Pau dijo...

Para o que sirve a eurocopa é para adormilar a unha sociedade xa bastante durmida de por si

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Iré a echar un vistazo. Gracias por la información.

Anónimo dijo...

Hola,la Eurocopa no sirve para nada más que para entretener a unos cuantos y amargarnos a los demás.En cuanto al señor Fraga no opino. Espero que ese blog colectivo vaya muy bien. Saludos
anamorgana

Raposo dijo...

Cos seus 85 anos, que creo que ten, Fraga chamoulle cretino a un militante de PP que lle dixo que se xubilara dunha vez.
Xenio e figura ata a sepultura, si señor. O malo é que algúns xa estamos ata os collóns do seu xenio e da súa figura.
Apertas.

Bea dijo...

Pasareime por ese blogue entón... un bico ;)

Azusa dijo...

la verdad es que no comento mucho porque me cuesta entender el gallego, pero lo intento, eh? que es lo que cuenta ;P

Cuspedepita dijo...

Fraga é coma o ave fénix. Xa din en pensar que é eterno. Hai cinco anos chocheaba xa abondo, pero segue aí, erre que erre...é incombustible.
Anque nunca foi santo da miña devoción, hai que recoñecerlle que o que el dí aínda vai á misa no PP. Rajoy débelle unha desta volta.

insomniorizar dijo...

00000000000!!!!!!!!!!
ag0ra v0v ver!

Sibyla dijo...

Existen muchos problemas importantes, para tratar en un país, y las personas están entretenidas como siempre por los nuevos fichajes de fútbol...

Creo que es una buena iniciativa lo que comentas de ensartar una bitácora con el final de la anterior.

Un abrazo!:)

Paz Zeltia dijo...

Pois se hai tempo e ganas o blog da xuntanza seguirá, e senon quedará ahí para cando se organice a próxima, ainda que sexa noutros lugares e con outros organizadores, pásase o cetro e xa está.
As cousas nacen cando lle cumpre e morren cando lles cadra, e outras permanecen ainda mais ca nos.
Gústame o teu xeito de romanticismo.

Bicos!

JESUS y ENCARNA dijo...

Buenos dias D`Agolada, me parece estupendo "o Blog-xuntanza", por mi parte no descarto, mi participacion.
Tengo un problema de tiempo, que no puedo resolver facilmente, por un lado el trabajo diario, para ganarme el pan, el mogollon de ideas que siempre tengo para mis creaciones, el desarrollo de las mismas, la familia, el blog, etc....
Supongo que todos, mas o menos tenemos cosas cotidianas que hacer, pero si ademas añades la parte de dibujar y plasmar ideas, en mi caso se convierte en un escaso tiempo para todo ello. Me pasa lo mismo que con el blog de Pedro y su Quijote.
No es una excusa, es una realidad, por eso digo, que a pesar de todo estudiare, tu propuesta, la cual esta muy bien informada.
En cuanto a la Eurocopa, lo del futbol es algo inverosimil, yo pienso que si en este pais faltase el futbol, los toros, las carreras de coches, las de motos y otras hierbas, seria la la guerra, teniendo el nivel de informacion periodistica y la cultura de consumo por medio, estamos todavia anclados en la edad media.
Por suerte, no todo es asi, estas tu y tus ideas, estamos los bloggers con sus poesias, sus escritos y sus creaciones particulares sobre la vision mundanal y particular de cada uno.
Esto, es importante, el resto es puro entretenimiento de masas.
Personalmete, del Sr. Fraga, reconozco que ha sido un politico que ha sabido navegar y guardar la ropa, no es un personaje que por su historia sea de mi interes, mas bien lo tengo encasillado desde el punto de vista de lo humano como un personaje bastante mezquino.
Disculpa si me extiendo, para acabar, te dire que, personas como tu son necesarias por aqui en este mundillo, animo con la "xuntanza".
Saludos cordiales.
Jesus

Thiago dijo...

jaj,cari, me encanto tu post, muy irónico y divertido...

Tienes razón que todos esos experimentos de blogs colectivos y eso suelen estar abocados al fracaso... Como en todos los trabajos o en la facultada, unos dan el callo y otros se llevan la fama, jaja

Y lo de Fraga que decir? que vosotros estareis muy tranquilos pero nos lo habeis largado a los Madriles... Lo que mas me jode es que ahora Fraga hasta parace un ejemplo de demócrata, y el dia que se muera, todo el mundo cantará lo bueno que era.. Es el colmo verlo ahora como el padrino del sector moderno y moderado del PP...¡como está el mundo, jaaj!

bEzos.

chimeneaverde dijo...

Pese a no compartir para nada sus ideas, a Fraga le admiro por la lucidez que aún conserva pese a su avanzada edad.
Al menos la eurocopa hace olvidar a muchos sus problemas, es el lado positivo que le veo. Más me amargan últimamente las noticias del mundo de la política.
saludos

prometeo dijo...

En cuanto a la propuesta me parece interesante, pero apenas tengo tiempo para actualizar mi bitacora, más para comprometerme con un nuevo proyecto.
De la Eurocopa, pues mira, no me parece mal que la gente se ilusione con algo. Bien sea un equipo de fútbol o el final de una telenovela. Bastante jodida es la vida en sí como para andar desechando esos pequeños guiños que nos brinda la rutina.
De política jamás he hablado en mi blog, y jamás opinaré. Me quedo con la frase de "no estoy en absoluto de acuerdo con lo que dices, pero entregaría mi vida para que pudieses seguir diciéndolo". Tolerancia y respeto. Ser radical e insultar es lo sencillo. Perfeccionemonos un poco.

Un abrazo amigo

paideleo dijo...

A min o fútbol non me interesa pero sei que formo parte dunha minoría e teño que chincharme con oír e ver as peripecias desa xente.

O blogo colectivo é difícil de manter porque xa con manter un blogo individual o tempo vaise.
Pola miña parte non quero comprometerme con algo se non sei se cumprirei así que non me meto en blogos colectivos.

Un saúdo e dicir á xente que a lamprea é riquísima a pesar da pinta.